As nastias son cambios pasaxeiros e bastante rápidos , que se producen en certos órganos da planta, como respota a estímulos. Pode haber nastias referidas á luz, temperatura, humidade, contacto, etc.


FOTONASTIAS 

Numerosas flores (dondiego, margarida, etc.) presentan como resposta á luz en relación coa alternancia día/noite , un movemento fotonástico de apertura ou peche das súas corolas nunha fase ou outra do día. Certas follas, como a das acacias préganse e abátense pola noite.


 

 

SISMONASTIAS  

A resposta dos pelos glandulares das follas da planta carnívora Drosera rotundifolia (atrapamoscas) cara un insecto pousado é un exemplo de nastia de contacto ou sismonastia.

Outra sismonastia é a que presentan as follas da Mi mosa, que respoden a un pequeno contacto pregando rapidamente cara abaixo os folíolos e abatendo o pecíolo contra o tronco.