Este sitio web que aquí presentamos é o resultado dun grupo de traballo que se creou no curso 2006/07, fomentado por un grupo de profesores que participa activamente na Feira da Ciencia e Tecnoloxía que se celebra no IES Porta da Auga (Ribadeo, Lugo).

Despois de doce edicións (xa trece no 2007), este evento converteuse en parte importante do proceso educativo e de aprendizaxe no IES Porta da Auga, tanto desde o punto de vista do profesorado como do alumnado. Como a cantidade de material acumulado era moi grande, entre os profesores que integraban este grupo de traballo xurdiu a idea de aproveitar as posibilidades inmellorables que ofrecen as novas tecnoloxías para, por un lado, recopilar, ordenar e asegurar que perdurase no tempo o moito material existente, e por outro lado facelo accesible á comunidade educativa do noso centro e de tódolos demais centros que o así o desexaran.

Trátase, en definitiva, de que o anteriormente exposto sirva para fomentar a inquietude pola busca de novos recursos educativos coa análise, discusión e intercambio dos novos instrumentos que nos brindan as tecnoloxías da información e comunicación.


Algúns Enlaces Destacados

Aínda que recomendamos navegar polas distintas edicións da feira usando a caixa do marco superior e os menús que aparecerán para cada feira, ou ben empregando o buscador das ferias, ó que tamén se accede desde a caixa ou desde o enlace do marco superior, a continuación facemos unha selección dalgunhas actividades especiais, no sentido de que inclúen presentacións ou unha cantidade de datos maior e máis elaborada. (Fai click na imaxe ou no título para acceder á actividade).

Algas
Obtención de aluminio
Papiroflexia

X FEIRA (2004)
C. NATURAIS
BIOLOXÍA

IX FEIRA (2003)
QUÍMICA
INORGÁNICA

XII FEIRA (2006)
VARIOS

Algas
Obtención de aluminio
Papiroflexia
Secar, identificar e elaborar as fichas dalgunhas algas para a Feira da Ciencia a través de Europa

Mostrar os pasos para a obtención de aluminio na factoría de San Ciprián.

Facer da manipulación do papel unha interiorización de regras xeométricas.

 

Imaxes enganosas
Investigación científica sobre a dureza dunha pataca cocida
Evolución e efectos do Prestige

XIII FEIRA (2007)
C. NATURAIS
BIOLOXÍA

XI FEIRA (2005)
VARIOS

IX FEIRA (2003)
VARIOS

Imaxes enganosas
Investigación científica sobre a dureza dunha pataca cocida
Evolución e efectos do Prestige
Facer unha recopilación de imaxes enganosas.

Cánto diminúe a resistencia dunha pataca o cocela? O obxectivo é saber cal é a resistencia das patacas, con pel e sen pel, a medida que se van cocendo.

 

Exposición: A ciencia ten nome de muller
Exposición de debuxos

XI FEIRA (2005)
VARIOS

XIII FEIRA (2007)
VARIOS

 

Exposición: A ciencia ten nome de muller
Exposición de debuxos
Amosar a colaboración da muller na construción da ciencia para animar ás rapazas ó seu estudo.

Exposición de debuxos realizados polo alumno José Luis Muñoz Quintas.