Módulo: PRINCIPIOS DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA PÚBLICA
(190 horas)
Capacidades terminais:
Aplicar procedementos administrativos relativos a selección, formación e promoción dos recursos humans.
Aplicar a normativa vixente en contratación laboral, compara-las modalidades de contratación, elaborando a documentación inherente a todo o proceso.
Saber a cumprimentación de nóminas, seguros sociais; interpreta-los conceptos salariais, elaborando a documentación xerada nas diferentes fases do proceso retributivo.
Utilizar aplicacións informáticas de xestión de persoal: elaboración de nóminas, seguros sociais, etc...
Valora-la importancia da comunicación profesional e das relacións humanas, tanto de carácter formal como informal, e a súa repercusión na actividade e imaxe da empresa ou organismo.