Acceso a convidados/as Vd. ten a posibilidade de permitir convidados/as no seu curso. Os convidados/as poderán entrar a partir da páxina de acceso, no botón "entrar como convidado/a". Os convidados/as NUNCA teñen autorización para escribir nos cursos nos que entren. Isto pode ser útil cando queremos que algún amigo/a vexa o noso traballo ou cando promovemos un curso e queremos que o alumnado poida entrar antes de subscribirse. Existen dous tipos de acceso como convidado/a: con ou sen contrasinal. Os convidados/as, a diferenza do alumnado, terán que colocar o contrasinal de acceso cada vez que ingresen, o cal daralle a Vd. máis control sobre os convidados/as. Se o curso non ten contrasinal de acceso, calquera convidado/a poderá entrar cando o desexe. |