Como cargar unha imaxe Vd. pode cargar unha imaxe do seu ordenador/computadora ao servidor, e esta imaxe empregarase en varios lugares para identificalo. Por este motivo, as mellores imaxes son as de estilo identificación, aínda que pode empregar a imaxe que desexe. A imaxe debe ser formato JPG ou PNG (o que significa que o nome da imaxe terminará en .jpg ou en .png) e debe ter un tamaño de 100 x 100 píxeles ou máis. Pode colocar unha imaxe empregando un destes catro métodos:
Para cargar a imaxe, faga clic no botón "Examinar" nesta páxina e seleccione a imaxe no seu disco duro. IMPORTANTE: Asegúrese de non colocar unha imaxe que exceda o tamaño máximo permitido, en bites, pois non se cargará. Logo faga clic en "Actualizar información persoal", abaixo de todo, se a imaxe é maior a 100 x 100 píxeles cortarase. Cando remata de cambiar a súa imaxe é posible que non vexa o cambio, se iso sucede actualice a páxina (premendo F5 ou o botón actualizar). |