Como dar formato ao texto Cando escribe texto ten dúas formas de darlle formato, basicamente depende do navegador que utilice. Normalmente Vd. non necesita preocuparse por isto, todo funcionará como é de esperar. 1. Formato automático Este formato é o mellor para a comunicación tradicional, teclee normalmente o seu texto como se redactara un correo electrónico. Cando garde o seu texto automaticamente se farán os seguintes cambios: Enderezos de Internet http://enlaceacademico.com ou incluso www.enlaceacademico.com convertiranse en enlaces. Manteranse os seus saltos de liña, e as liñas en branco indicarán un novo parágrafo. Emoticonas como :-), cambiaranse polos seus equivalentes gráficos. Tamén pode incrustar código HTML. 2. Formato HTML Este formato asume que a mensaxe está escrita en HTML puro. Se está empregando o editor de HTML, este será o formato por defecto, o editor creará o código por vostede. Incluso se está empregando o editor HTML, pode colocar código directamente no texto. A diferencia do formato automático, neste modo non se procesará nada. |