No curso 2006-07, baixo o título "NORMALIZACIÓN DO GALEGO NA HOSTALARÍA RIBADENSE", o IES Porta da Auga acadou un premio a proxectos de innovación lingüística en lingua galega na convocatoria conxunta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Este proxecto pretendía a elaboración de material escrito en galego destinado á hostalaría local (cartas de menús, salvamanteis, autocolantes,...).
Contamos coa colaboración do Exmo. Concello de Ribadeo, a través da Axencia de Desenvolvemento Local e do seu Servizo de Normalización Lingüística.
