Decreto 126/2008, do 19 de xuño, (DOG do 23), polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 2º.-Principios e finalidade.
O bacharelato forma parte da educación secundaria,
na fase postobrigatoria e ten como finalidade
proporcionarlle ao alumnado a formación, a madurez
intelectual e humana, os coñecementos e habilidades
que lle permitan desenvolver funcións sociais e
incorporarse á vida activa con responsabilidade e
competencia, así como capacitarse para o acceso á
educación superior.
Artigo 3º.-Obxectivos.
O bacharelato contribuirá a desenvolver nas alumnas
e nos alumnos as capacidades que lles permitan:
a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha
perspectiva global, e adquirir unha conciencia cívica
responsable, inspirada polos valores da Constitución
española e do Estatuto de autonomía de Galicia,
así como polos dereitos humanos, que fomente a
corresponsabilidade na construción dunha sociedade
xusta e equitativa e favoreza a sustentabilidade.
b) Consolidar unha madurez persoal e social que
lles permita actuar de maneira responsable e autónoma
e desenvolver o seu espírito crítico. Ser quen
de prever e resolver pacificamente os conflitos persoais,
familiares e sociais.
c) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e
oportunidades entre homes e mulleres, analizar e
valorar criticamente as desigualdades existentes e
impulsar a igualdade real e a non discriminación das
persoas con discapacidade.
d) Reforzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina,
como condicións necesarias para aproveitar eficazmente
as aprendizaxes e mais como medio para o
desenvolvemento persoal.
e) Dominar, tanto na expresión oral coma na escrita,
a lingua galega e a lingua castelá.
f) Expresarse con fluidez e corrección nunha ou
máis linguas estranxeiras.
g) Utilizar eficazmente e con responsabilidade as
tecnoloxías da información e da comunicación.
h) Coñecer e valorar criticamente as realidades do
mundo contemporáneo, os seus antecedentes históricos
e os principais factores da súa evolución. Participar
de forma solidaria no desenvolvemento e
mellora do seu contorno social.
i) Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos
fundamentais e dominar as habilidades básicas
propias da modalidade de bacharelato elixida.
j) Comprender os elementos e procedementos fundamentais
dos métodos científicos e da investigación. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución
da ciencia e da tecnoloxía ao cambio das condicións
de vida, así como afianzar a sensibilidade e
o respecto do medio natural e a ordenación sustentable
do territorio, con especial referencia ao territorio
galego.
k) Afianzar o espírito emprendedor con actitudes
de creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo en
equipo, autoconfianza e sentido crítico.
l) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria,
así como o sentido estético, como fontes de formación
e enriquecemento cultural.
m) Utilizar a educación física e o deporte para
favorecer o desenvolvemento persoal e social e
impulsar condutas e hábitos saudables.
n) Reforzar actitudes de respecto e de prevención
no ámbito da seguridade viaria.
o) Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material
e inmaterial de Galicia e contribuír á súa conservación
e mellora no contexto dun mundo globalizado.
Podénse cursar catro modalidades:
Ao rematar obtense o título de bacharelato que permite acceder á Universidade, previa superación das probas de acceso, aos estudos superiores de ensinanzas artísticas ou aos ciclos formativos de grao superior.