A Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), é a etepa educativa que se cursa entre os 12 e 16 anos.
O principal obxectivo desta etapa é o desenvolvemento do alumnado no marco dunha formación equilibrada cara á súa integración na sociedade como membros activos e responsables.
Comprende catro cursos académicos e ó seu remate obtense o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, necesario para proseguir estudios de bacharelato ou de formación profesional de grao medio (ciclos formativos de grao medio).