ACCIÓN TITORIAL
A Acción Titorial desenvolvese en distintos ámbitos:
- O coñecemento e seguimento persoal do alumnado.
- Relación co grupo clase.
- Relación coas familias
- Relación co equipo docente.

OPTATIVIDADE
As materias optativas son propostas educativas que pretenden responder ós intereses do alumnado.
No 1º ciclo da ESO debe posibilitar:
- reforzar as aprendizaxes básicas nas áreas troncais.
- desenvolver capacidades da etapa mediante obxectivos diferentes que non forman parte do curriculo ordinario (2º lingua estranxeira).
No 2º ciclo da ESO debe posibilitar:
- as aprendizaxes básicas necesarias para a incorporación plena no mundo laboral e social.
- vincular coa elección de estudios posteriores de bacharelato ou ciclos formativos.

MEDIDAS INDIVIDUAIS DE ADAPTACIÓN DO CURRICULO
REFORZO EDUCATIVO (Orde do 6 de Outubro de 1995. DOG 7 de Novembro de 1995)
O Reforzo Educativo é unha medida ordinaria que afecta a elementos non prescritivos do curriculo: metodoloxia, secuenciación e organización de contidos, tipos de actividades, formas e instrumentos de avaliación, agrupamentos na aula.
Será elaborado polo profesor/a que imparte a área e desenvolvese no contexto ordinario da aula.
Queda reflectado no expediente académico pero non queda constancia no libro de escolaridade.
É requisito previo para acceder á ACI ou a un PDC.
ADAPTACIÓN INDIVIDUAL DO CURRICULO ( Orde do 6 de Outubro de 1995. DOG 7 de Novembro de 1995)
É unha medida extraordinaria, unha proposta curricular especifica para un alumno/a con necesidades educativas especiais. Introducense modificacións significativas nos elementos prescritivos do curriculo: obxectivos, contidos e criterios de avaliación, podendo afectar a unha, varias ou tódalas áreas.
Antes de realizar unha ACI compre ter aplicadas outras medidas menos excepcionais.
A conveniencia da realización dunha ACI ven determinada pola avaliación psicopedagóxica realizada polo departamento de orientación.
O deseño e desenvolvemento da ACI é responsabilidade do profesorado que imparte a área, intentando integrala o mais posible nas accións educativas do grupo ordinario.
Colaboran os departamentos didácticos e asesora o DO.
Ten que ser aprobada pola Inspección Educativa, unha vez sexa enviada polo Director/a do centro.
AGRUPAMENTOS ESPECÍFICOS
Son medidas de apoio ao alumnado con dificultades xeneralizadas de aprendizaxe naquelas áreas curriculares que, ben polo seu carácter instrumental para seguir a aprender ben polo seu peso conceptual, reclaman unha atención mais individualizada. Pretenden ademais, incidir na motivación e mellora da autoestima.
Van destinadas a:
-
Alumando escolarizado no 1º ciclo da ESO e con atraso académico xeneralizado.
-
Alumnado que tendo cursado o 1º ciclo da ESO non alcanzaran os obxectivos das ensinanzas mínimas e que esta medida se considere esencial para garantir a eficacia da súa permanencia un ano máis no ciclo.
-
Alumnado do 2º ciclo da ESO menores de 16 anos ou maiores, e se considere que esta medida é a mais apropiada.
No agrupamento pode incluírse unha das áreas de lingua e literatura, matemáticas, ciencias sociais xeografía e historia e ciencias naturais (Física e química e bioloxía e xeoloxia en 3º e 4º de ES).
O alumno/a pertencerá a todos os efectos a un grupo ordinario de referencia, sendo o número máximo do agrupamento de 15 alumnos/as.
Estes alumnos/as terán os mesmos obxectivos xerais que o grupo de referencia, podendo adaptar os contidos. Serán os departamentos didácticos os que elaboren as programacións adaptando os contidos que permitan afianzar as aprendizaxes básicas.
O enfoque metodolóxico deberá ser en base a proxectos de traballo, con unidades didácticas prácticas, funcionais e globais, primando o traballo activo.
Para a avaliación, terase en conta os criterios establecidos con carácter xeral para o grupo de referencia.
A participación nos agrupamentos específicos faráselles constar ós alumnos no seu expediente como reforzo educativo.

PROGRAMA DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR ( Orde de 19 de maio de 1997, DOG 6 de xuño de 1997)
Os PDC teñen como finalidade posibilitar que os alumnos/as poidan acadar os obxectivos xerais da ESO e o titulo de graduado de ESO mediante unha metodoloxia e uns contidos axeitados ás súas caracteristicas e necesidades.
Acceso:
-
Alumnado con máis de 16 anos ou que os cumpra no ano en que comenza o curso.
-
Ter demostrado dificultades xeneralizadas de aprendizaxe .
-
Ter recibido medidas complementarias de adaptación do curriculo.
-
Que o equipo de profesores mediante informe individualizado manifeste a necesidade de que o alumno siga un PDC.
-
Dictame de avaliación psicopedagóxica emitido polo DO.
-
Que a Inspección Educativa dea a súa autorización.
A duración do programa con carácter xeral é de 2 anos. Será dun ano de duración para o alumnado que curse 4º ou repitan 3º de ESO sen superalo.
Organización e funcionamento.
Incluirán:
-
Unha área do ámbito lingüístico e social con 10 periodos lectivos semanais.
-
Unha área do ámbito científico con 7 periodos lectivos semanais.
-
Unha área de lingua estranxeira con 2 periodos lectivos semanais.
-
Tres áreas do curriculo ordinario:
- 1º ano: tecnoloxia, educación física e educación plástica e visual, con alumnos de 3º ESO.
- 2º ano: tecnoloxia, educación fisica e música, con alumnos de 4º ESO.
-
Relixión/actividades de estudio, co grupo de referencia.
Para as áreas específicas conformaranse grupos non superiores a 15 alumnos/as, e o resto das áreas cursaranas co grupo de referencia.
Avaliación:
-
Terá como referente os obxectivos xerais da etapa e os criterios de avaliación establecidos para cada un dos ámbitos ou áreas que curse, coas adaptacións curriculares que lle correspondan.
-
Os alumnos/as que acaden en termos globais os obxectivos xerais da etapa obteran o titulo de graduado en Educación Secundaria.
-
Os documentos de avaliación son os establecidos con carácter xeral na Orde do 25 de abril de 1994 sobre a avaliación na ESO.
-
Queda reflectido que cursou un programa de diversificación, no libro de escolaridade e no expediente académico do alumno.

PROGRAMAS DE GARANTIA SOCIAL (Orde do 5 de maio de 1997 DOG do 29 de maio).
Son programas de caracter non regrado.
Teñen como finalidade esencial a recuperación do alumnado que non acadou os obxectivos do ensino obrigatorio, proporcionándolles unha formación básica e profesional que lles permita incorporarse á vida activa ou proseguir estudios na F.P de grao medio (a través dunha proba de acceso).
Obxectivos
-
Desenvolver e afianza-la madurez persoal mediante a adquisición de hábitos e capacidades que lles permitan participar como persoas responsables nun traballo e na actividade social e cultural.
-
Desenvolve-las actitudes e dotalos de recursos e da orientación necesarios para a busca dun posto de traballo e /ou para o autoemprego.
-
Amplia-la súa formación co obxecto de adquirir coñecementos e capacidades propios do ensino básico.
Características
-
É unha oferta específica prevista con criterios de compensación educativa e equilibradora.
-
Teñen un enfoque escolar que permite vivir a experiencia formativa como unha oportunidade diferente.
-
Posúen unha compoñente de formación profesional que prepara os alumnos e alumnas para desempeñar un ou varios postos de traballo afíns.
-
Teñen unha estrutura e unha regulación que facilitan os contactos cara o primeiro emprego.
-
Teñen un alto grao de flexibilidade interna, que permite modalidades distintas adaptadas ás diferentes características e expectativas do alumnado.
Destinatarios
Persoas menores de 21 anos que, polo menos, cumpran 16 anos no ano natural no que inicien o programa e se atopen nalgunha das seguintes condicións:
-
Estaren escolarizadas no segundo ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria e, tendo accedido a un programa de diversificación curricular, a xuízo do equipo educativo que os atende, non estar en condicións de acada-los obxectivos da etapa por esa vía. Excepcionalmente, tamén poderá accede-lo alumnado ó que non lle fora posible cursar un programa de diversificación curricular e se atope, a xuízo do equipo educativo, en grave risco de abandono escolar.
-
Estaren desescolarizadas e non posuír titulación académica superior á do Graduado Escolar ou que, tendo acadada esa titulación, carezan do título de Formación Profesional de primeiro grao.
Constitución de grupos
Os programas de garantía social desenvolveranse en grupos cun mínimo de 10 alumnos e un máximo de 15.
Estructura dos PGS: áreas.
Con carácter xeral o programa completará as seguintes áreas ou ámbitos de actuación:
-
Área de formación profesional específica.
-
Área de formación e orientación laboral.
-
Área de formación básica.
-
Actividades complementarias.
-
Titoría.
Nestes programas está contemplada a realización dunha fase práctica nos centros de traballo relacionados co perfil profesional do programa.
