|
Diagrama de fases da mestura ternaria.

|
Para efectuar a electrólise, o electrólito ten que ser líquido: a alúmina ten que estar fundida ou en disolución.
A temperatura de fusión da alúmina é 2020ºC, demasiado alta. É preciso disolvela.
O potencial de redución do catión Al, de -1,68V, imposibilita a súa electrolise en disolución acuosa. En lugar do catión de aluminio reduciríase o de hidróxeno de potencial 0V.
A alúmina é soluble en criolita fundida (Tª = 977ºC) , e a temperatura de fusión desta mestura diminúe ao engadirlle fluorina.
O eutéctico de mínimo punto de solidificación é o formado por 59,3% de criolita , 23% de fluorina e 17,7% de alúmina con unha temperatura de fusión de 867ºC.
Polo tanto estas son as proporción que han de manterse na cuba, alimentándoa continuamente de alúmina para repoñer a que desaparece na electrolise.
|