Xefatura de Estudios

línea gráfica

A pais/titores de alumnos

Estimados señores:

O equipo directivo do I.E.S. Ramón Cabanillas, integrado por:

diríxese a Vds., como pais ou titores de alumnos/as de este Centro, co fin de darlles algunha información que pensamos pode serlles útil para coñecer o funcionamento diario do Instituto.

A súa cooperación na tarefa da educación dos seus fillos, na que todos, pais e profesores, estamos implicados é moi valiosa. Desexamos que entre Vostedes e nós academos os fins da educación: o pleno desenvolmemento da personalidade do seu fillo/a, a súa formación no respeto dos dereitos e liberdades fundamentais e no exercicio da tolerancia, a adquisición de hábitos intelectuais e técnicas de traballo e a preparación para participar activamente na vida social e cultural. En definitiva, a súa formación académica e humana cun espíritu de traballo, diálogo e disciplina, recordándolles que "constitúe un deber básico dos alumnos, ademáis do estudio, o respeto ás normas de convivencia do centro docente"

No mes de Outubro recibiron a través do seu fillo/a unha carta de presentación do Titor do grupo, que é o profesor que serve de ponte de comunicación entre os profesores, os alumnos e os pais. Nesa carta informóuselles do día e hora en que o Titor pode recibilos, o día e hora en que poden acudir ó Departamento de Orientación (neste punto lémbrolles que é conveniente que anuncien con antelación a súa visita); infórmaselles tamén das avaliacións e da forma en que lles comunicamos os resultados académicos e as faltas de asistencia.

Con todo, queremos recordarlles agora algúns datos relativos ó Instituto que deberán ser tidos en conta para unha mellor marcha do mesmo.

HORARIOS

As clases comezan ás 9.00 e rematan ás 14.30.

Durante a mañá hai dous recreos: de 10.40 a 11.00 e de 12.40 a 13.00.

O luns pola tarde o horario é de 14:30 a 18:10

Nos recreos non se pode permanecer nas aulas nin nos corredores, sí nas outras dependencias do Centro: Biblioteca, Cafetería, Vestíbulo e Xardín. Os alumnos da E.S.O. non poden abandonar o recinto escolar.

ALTERACIÓNS NOS HORARIOS

Na E.S.O. a ausencia do profesorado cubrirase cos profesores de garda, polo que se mantén o horario oficial de saída.

ASISTENCIA ÁS CLASES

Como alumnos oficiais do Instituto é preciso ter en conta que é "un deber básico asistir á clase con puntualidade".

A súa colaboración neste aspecto é moi importante, xa que a falta de asistencia ás clases por motivos non xustificables é claramente perxudicial para o alumno, tanto pola súa ausencia como polo que a súa actitude pode supoñer á hora de avaliar o seu rendemento, e se as faltas son reiteradas pode provocar a imposibilidade da aplicación correcta dos criterios xerais da avaliación e a propia avaliación continua.

XUSTIFICACIÓN DAS FALTAS

As faltas de asistencia deben ser xustificadas ó Titor no prazo máis breve posible. Se se tratase dunha ausencia prevista, enviarase un escrito a través do alumno comunicando ó Titor o motivo da falta e as horas e días da mesma. Se se tratase dunha falta imprevista, ben mediante unha chamada telefónica ó Centro, ben persoalmente, comunicarase a mesma. Cando o alumno se incorpore ó Centro, entregaralle ó Titor o xustificante da falta.

SAÍDAS DO CENTRO EN HORARIO ESCOLAR

Cando un alumno necesite ausentarse do Centro durante a xornada escolar, debe solicitar o permiso do profesor-titor ou dalgún membro do equipo directivo.

COMUNICACIÓN DAS FALTAS

Periódicamente o titor entregará ó seu fillo ou filla unha folla, tamaño cuartilla, na que figurarán as faltas non xustificadas da semana ou quincena anterior. Esta folla deberá ser asinada por vostedes e entregada de novo ó Titor. Se, polas circunstancias fora preciso outras comunicacións, faríamolo por teléfono ou por correo.

PUNTUALIDADE

A puntualidade é un dos aspectos que contribúen a un bo funcionamento das distintas actividades e ó mellor aproveitamento do tempo; chegar tarde supón unha interrupción que afecta ós demáis e por iso é necesario que os alumnos acaden o hábito de ser puntuais, tanto á primeira hora da mañá como nas horas intermedias.

As faltas de puntualidades serán consideradas como faltas leves.

BIBLIOTECA

A Biblioteca do Instituto permanecerá aberta de luns a venres de 8.30 a 13.30 para que, os alumnos que o desexen, poidan utilizala nos recreos ou para visitas á mesma co profesorado.

Os alumnos que desexen levar libros de lectura para a súa casa poderán facer uso do servicio de préstamo nas condicións establecidas.

AVALIACIÓNS

Pode consultar co todo detalle as datas de avaliacións dos niveis desexados aquí.

Nun prazo de un ou dous días despois das avaliacións o Titor entregaralles ós alumnos o BOLETÍN de notas, que deberá ser asinado por Vds. e devolto ó Titor.

E tras este percorrido por algúns temas da organización do Instituto, poñémonos á súa disposición para aclarar calquera dúbida ou para intentar solucionar calquera dificultade ou problema que se poida presentar.