
LINGUA E LITERATURA
UNHA DE
LÉXICO
A VIDE/A VIDEIRA
XUSTIFICACIÓN
Malia a vivir nunha bisbarra onde tradicionalmente se cultiva a vide, a maioría dos nosos alumnos descoñece o léxico referido á mesma.
OBXECTIVOS
- Coñecer e fixar a nomenclatura galega da vide e os seus órganos.
- Recoller os mesmos nomes en castelán.
- Solicitar dos outros centros participantes no proxecto Comenius o mesmo vocabulario.
- Publicar os resultados coa nomenclatura nas distintas linguas.
PROCEDEMENTO
- Entrega a cada alumno dunha ficha co debuxo dunha vide na que se sinalarán os órganos.
- Preguntar os nomes a viticultures.
- Trasladar a cada centro participante do proxecto Comenius a mesma ficha.
- Tubulación dos resultados e publicación dos mesmos.
RESULTADOS
Nos nomes en galego
costátase o uso de castelanismos para algúns órganos. Case o 40% emprega
racimo e mesmo resimo no lugar de acio.
Un 24% identifica o talo ou tronco con cepa.
A totalidade usa correctamente raíz e folla.
Por deficiencia no debuxo entregado o 70% non sinalou os gabians e o 60%
a xema.
Hai tamén dúbidas na identificación do ladrón ou vide brava. Un
48% usa correctamente o primeiro termo, un 9% o segundo e o resto confundeo
cunha baixa ou con outra vide ou vidra.
As ramas noméanas vide o 85% e vidra un 4%. Tamén se recolleron os
termos labor ou torno 3%, rama 3%, bara, barelo,
poula e pola.
Con respecto ó froito o 93% identifícao como uva e o 7% como bago.
Existe case unanimidade no recoñecemento do cadrazo (98%). Non así no
rabo que une a uva ó cadrazo: rabo, rabicho 44%, cano,
canoto, cañoto o 54%.
Referíndose á semente utilizan este nome o 8% e o resto repártese a
partes iguais entre pebida e o castelanismo pepita.
Pel/tona é o termo utilizado por un 73%, pelica o 22% e o
castelanismo piel, monda o resto.
OUTRA DE TRADICIÓN ORAL
XUSTIFICACION DA ACTIVIDADE: as múltiples experiencias adquiridas no cultivo da vide e na elaboración do viño polos nosos labregos, recolleuse en ditos, refráns, cantigas e adivinas que están a piques de perderse ó ir desaparecendo os falantes que as empregaban.
Obxectivos:
- Recoller toda clase de testemuñas orais referidas a vide e o viño
- Coñecer e valorar o noso patrimonio cultural inmaterial.
Procedemento:
- Entrevista ós labregos máis vellos
- Publicación dos resultados
CALENDARIO DE TRABALLOS.
Cos refráns recollidos establécese un calendario anual arredor do cultivo da vide e a elaboración do viño. Nel teñen unha marcada influencia as principias festas relixiosas cristiás:
2004-2005
· Poda en xaneiro, vendima no sombreiro.
· Se chove en San Antón de xaneiro (17) pipas ao fumeiro, senón pipas ao canteiro.
· Se chove en febreiro bota as pipas ao quinteiro.
· Se non chove en febreiro van as pipas ao canteiro.
· Febreiro uvas dá; senón as deu xa as dará.
· O que en marzo non poda perde a vendima toda.
· Gomo de marzo, non vai ao cabazo.
· Se no marzo ves tronar arroba cubas e lagar.
· En abril xa só poda o labrego ruin.
· Abril frío: moito pan e pouco viño.
· Agua en San Xoán (24.06) mata o viño e non fai pan.
· Por Santa Mariña (18.08) mira a túa viña, así como a verás, así a vendimarás.
· Chuva de agosto, mel e mosto.
· En agosto, nin viño nin mosto.
· Polo San Mateu (24.09) vendima ti, vendimo eu.
· San Miguel (29.09) das uvas tarde ves e pouco duras.
· Polo San Miguel uvas ó tonel.
· Polo San Migueliño a uva pinta no viño.
· Polo Pilar, (12.10) nabos á terra e viño a envasar.
· Polo San Simón (28.10) apreta [tapa] o baldón.
· Polo San Martiño (11.11) nin fabas nin viño.
· Polo San Martiño zapa o teu viño.
· Polo San Martiño abilla o teu viño.
· No San Martiño xa se coñece o bo viño
· Polo San Martiño mátase o porco e próbase o viño
· Ata San Martiño ferve o viño
2005-2006
Aos comezos de setembro aparella as
cubas para vendima-las uvas
Polo San Martiño
proba o teu viño
Por Santos sacha a horta e capa o rancho;
ó chegar San Martiño, mátase o porco
e próbase o viño
En marzo, podar e cavar se queres colleitar
A chuvia, ao mes de agosto, non é mel é mosto
O gomo de marzo non enche o capazo
En marzo, podar e cavar,
que o que poda en abril,
ese é ruín
A auga de San Xoán, talleo viño e non dá pan
Día de San Martiño proba o teu viño
Cando hai auga e sol en marzo, aparella as cubas e o mazo
O que poda en marzo, vindima no regazo.
o que en marzo non poda a súa viña perdeavindima
Para vendimar no sombreiro tes que podar en xaneiro
A mera de San Xoán tolle o viño e non da pan
A auga de San Xoán tolle o viño e non da pan
A auga de San Xoán leva viño e non da pan
Marzo marzal, déixame o viño trasegar
Se no marzo ves tronar prepara cuba e lagar
Abril frío, pan e viño
Maio fai o trigo e agosto o viño
Día de Santa Mariña vai á viña, que, como
a atoparás, vendimarás.
Pola Santa Mariña vai ás túas viñas e cas
as cates, tal as vendimas
Agosto e vendima non son cada día
Agosto e vendima non son cada día e si cada ano
En agosto, ni viño, ni muller, ni mosto.
En agosto viño mosto
Os recíos de agosto son mel e mosto
Agosto madura e setembro vindimia as uvas
En setembro colle o viño e non durmas no camiño
Pola virxe do Portal pon a xente a vendimar
Polo San Lucas saben ben as uvas
San Simón proba o viño e o porco por San Martiño
Polo San Martiño proba o teu viño
Polo San Martiño vende o teu viño, antes o pipeiro que o taberneiro
Por San Martiño castañas e viño
Ata San Pedro o viño ten medo
O mosto que se colle en agosto non é mosto
Se trona en xaneiro, suben as cubas ó fumeiro
Viño de maio, pouco e malo
OUTROS traballos e consellos:
2004-2005
· O vello pon a viña, o mozo vendímaa
· Nin viña no baixo, nin trigo no cascallo.
· Abona forte, poda curto e ara fondo, xa verás como tés viño e pan abondo.
· Vendima enxoito se queres coller bo mosto.
· Se viño queres beber, podar tes que saber.
· Amoria madura, pinta a uva.
· Boca que canta non come uvas.
2005-2006
En setembro e outono bebe
o viño vello e deixa o novo
Despois de San Martiño deixa
a auga e bebe o viño
Cando a silva bota a
flor
pon a canada ao sol
Antes de San Martiño,
pan e viño;
despois de San Martiño fame e frío
Poda curto e ara fondo, terás viño e pan abondo
Poda tarde e sementa
cedo que de catro anos
acertarás tres e medio
Pódeme quen seipa e
áteme quen queira,
díxolle a viña o labrego
Se queres ter bo viño
enxerta de boa cepa
Uva mollada para viño
non vale nada
Vai ver se túa viña
reluz
o día de Santa Cruz
Viña que non se poda
despacio
dará poucos e ruíns acios
Cávame tarde e réndame
cedo
que eu non che pagarei o que debo
Albízaras, pai, que xa podan!
Collerás viño mosto,
se vendimas en xoito
O que en ruín lugar fai
a viña,
ao longo saca a vendima
O que cava e bima
fará boa vendima
O que non bima
non vendima.
Fastalla boa e limpa,
medio viño fai

VIÑO. Ditos e consellos.
·
2004-2005
Baguiño a
baguiño, fixo unha vella unha pinga de viño.
· A colleita faina Deus, pero o viño faino o home.
· O viño das cepas vellas quenta as orellas
· O viño e a muller búrlanse do saber.
· O pan con ollos, o queixo sen ollos e o viño que salte ós ollos.
· Cando o viño anda polos lagares, beben os homes e máis os rapaces; cando o viño está dentro, beben os homes e os rapaces vento.
· O que con viño se deita, con agua se levanta.
· Días de viño, vésperas de auga.
· Con pan e viño ándase[ou lévase, pásase, anda calquera] o camiño.
· Se tés catarro dalle co xarro.
· Viño puro e allo crudo fan andar ó mozo agudo.
· Onde entra o beber sae o saber.
· Non hai mellor cirurxián que a boa carne, o bo trago [ou o bo viño] e o bo pan.
· Nin pote ó lume sen touciño, nin xantar á mesa sen viño.
· Non hai viño ruin con castañas asadas e sardiñas salgadas.
· As castañas polo San Martiño teñen sede e queren viño.
· Santa María, San Manuel castañas asadas e viño con mel.
· No Nadal, alegría, alegrote, que hai viño na cuba e chourizos no pote.
· Por marzo bebe o viño polo vaso.
· Se bebes para olvidar, paga antes de empezar.
· Depois de beber cada un dá o seu parecer.
· A bo viño non hai mal bebedor.
· Amigo e viño o máis antigo
· Labrador barallán, non colle viño nin pan
· Ó pan, pan e ó viño, viño.
· Ó que bebe viño chéiralle o fuciño.
· Ó que bebe e non mexa, ó final emborráchase
· Algo lle falta ó viño que non ten a agulla do caiño
· Albariño e caíño son os reis do viño.
· De todo hai na viña do Señor.
· Morra o conto e veña un neto.
2005-2006
O bo taberneiro
bautiza o viño primeiro
Ó pisante viño abundante
Ó viño e ó señor
hai de recibilos con honor
No tempo da vendima, a
auga do ceo é mala
pero a de fonte é boa
Máis val viño demo
que auga santa
Convidome Xan Romeu
e o viño pagueino eu
O aldeán darache a
proba do seu viño
e beberache o teu pipotiño
Come leite e bebe viño
e,
de vello, serás mociño
Allo cru e viño novo sempre atopan acomodo
A carne pon carne e o viño pon sangue
A carne pon carne, o
pan pon panza
i o viño guía e danza
Castañas, noces e viño fan a ledicia de San Martiño
Amigo de teu viño non o queiras de veciño
Amigo por amigo, o meu pan e o meu vino
Amigos da taberna, amigos de merda
Ó teu amigo cómelle o pan e bébelle o viño
O amor e o viño sacan o
home de tino
o bo amigo co teu pan e co teu viño
Despois de San Martiño
deixa a auga e bebe o viño
O medo garda o viño
Ó que non fuma e non bebe viño, o demo llo leva por outro camiño
Labrador barallán, nin colle viño nin pan
Labrador chalán, nin colle viño nin pan
Onde allos hai, viño haberá
A cepa, tarde ou cedo,
sempre dá uvas polo setembro
a viña ó pé do camino ten mal veciño
A viña vella quer amo novo
Cando a formiga traballa, viño na parra
Os mariscos queren vino, pois de auga xa veñen
Viño a pasar, auga a faltar
Se o viño che perxudica os negocios, deixa os negocios
De solteiras non beben viño e, de casadas cada trago un cuartillo
O bo viño trae a venda consigo
Casa na que vivas, viña na que bebas, rentas as que poidas, terras as que vexas
Nin casa á beira do río nin viña ó pé do camiño
O que non ten casa nin
viña,
en calquera parte se aveciña
Co bo veciño casarás á túa filla e venderás o teu viño
O que ten bo viño non lle faltan amigos
Caldo de pota pequena; e viño de cuba grande
Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas
Non hai tal viño coma o pan trigo e o leite macizo
O pan pola color e o viño polo sabor
O que no caldo bota viño, de vello faise mociño
Nin ola sen tociño nin
xantar sen viño
nin xantar na mesa sen viño
nin pote no lume sen touciño
Amor de rameira e viño de terro,
á mañá bo e á tarde malo
Anaco de touciño pide trago de viño
Anque estou malo das pernas inda podo ir á taberna
Bótamo todo en viño e non en liño
Cando o vello non pode beber, podénlle a cova facer
Come e non beber é coma cegar e non ver
Dísolle o leite ó viño:
- vente para acó, meu amigo
Ninguén que beba viño chame borracho ó seu veciño
Ó pé da cama, nin viño nin auga
O beber quer comer
Ó catarro dálle co xarro
O leite e o viño, fan o vello mociño
O que non bebe viño non ten amigo
O que se dá á bebida, ben pouco estima a súa vida
O que vai a adega e non bebe, eso máis perde
Onde entra o beber sae o saber
Quen é amigo do viño, de sí mesmo é enemigo
Saben todos o que bebo e non a sede que teño
A auga fai mal e o viño fai cantar
A auga para os peixes, para os homes, viño a feixes
Auga ó figo e á pera viño
Con peras viño bebas
Deixa a auga e bebe o viño despois de San Martiño
Despois do caldiño bota
sempre un traguiño,
non de auga, senón de viño
En ano de viño compra ou garda viño
Do taberneiro novo fuxe coma do lobo
Baguiño a baquiño fixo a vella unha pipa de viño
O mellor viño vólvese vinagre
O mellor viño fai fai borra
Vai a cabra pola viña, tal é a nai como é a filla
Tabaco, muller e viño, mellor para min que non para o meu veciño
Chafar, chafoume, mais como pagar o viño, pagoume
O que non fuma nin bebe viño leva o demo por outro camiño
A adega cheira ao viño que ten
Cabaza que non ten viño non é cabaza nin cabaciño
A casa xa labrada, a viña xa prantada e a sogra xa enterrada
San Migueliño das uvas
maduras
moito me tardas e pouco me duras
Despois de morto nin viña nin horto
Cando hai uvas e figos, amaña os teus vestidos
A muller e o viño sacan ó home de tino
A muller que moito bebe tarde paga o que debe
Tabaco, viño e muller botan o home a perder
A muller do muiñeiro o que dá a auga méteo en viño
Odre por odre, un ha de saír podre
Odre vacío, coiro lle digo
O bo taberneiro, antes de vender o viño, bautízao primeiro
Con tempo maduran as uvas
Pan de onte, carne de
hoxe e viño de antano,
manteñen o home sano
Pan de panadeira e viño de taberna nin farta nin goberna
Pan e viño, un ano teu e outro do veciño
Pan quente e uvas ás vellas quitan engurras
Pan, viño e carne quitan o fame
Os peixes queren viño, que para auga xa veñen dela
Cabra, viña e horta, o seu dono á porta
O medo garda a viña e non quen a vendima
Máis val viño frío que auga quente
Na viña de outro ninguén pode ir escoller
Viñas, cantas bebes, terras cantas vexas
Fillos, filloas e netos de viño
Media vida é a candea; e o pan e o viño é outra media
O tolo e o borracho din o que teñen no papo
Quen co demo cava a viña, co demo a vindima
En viña vendimiada, calquera pode vendimiar
Brancellao e caiño, os pais son do viño
O brancellao e o caiño son os pais do viño
Cal o ano, tal o xerro
Dixo o viño moi
campante:
no corpo do home son valente e voante
e dixo o pan: se eu vou diante
Maruxiña ten bo viño: se o ten, e o dirá: o que fore sonará
Mentras auga teña o Miño, no Ribeiro non falta viño.
Moscatel non vai ó pichel
Viño alegra o ollo e quenta o corpo
O viño barato saca os cartos do farrapo
O viño con mel sabe mal e fai ben
Quenta as orellas o viño das cepas novas
O viño das peras nin o tires nin o bebas nin ó teu amigo deas
O viño do Avia ten forza, espírito e labia
O viño do Ribeiro fai andar o mozo lixeiro
O viño do Ribeiro ten sona de paroleiro
O viño é o leite dos vellos
O viño é o sangue dos vellos
O viño é pan e medio
O viño fai ao vello mociño
O viño fai rir, fai durmir e fai as cores á cara saír
O viño pola cor, o pan pola sabor
O viño polo xerro é como mellor o quero
O viño tinto quer estar apretado e o branco folgado
Viño branco e muller, o primeiro que viñer
Viño que salte, queixo que chore e pan que cante
Viño quitado, bebelo ou tiralo
Viño, da cuba grande; e caldo, de pote pequeño
Viño e amores son os mellores

CANTIGAS
2004-2005
Sácate desa ventá
non sexas ventaneira,
a cuba que ten bo viño
non necesita bandeira.
......
Este viño que nós temos
naceu nunha cepa torta,
a uns prívalles o sentido
e outros non dan coa porta
......
O viño tinto é viño santo
que se dá na cepa torta,
a uns príballes o sentido
e outros non asertan ca porta
......
Era o viño, meu ben, era o viño,
era o viño quen a min me falaba,
era o viño, meu ben, era o viño,
era o viño quen me emborrachaba [que me consolaba]
......
Meu amor eu quero viño,
a auga non sei beber,
a auga ten samesugas,
teño medo de morrer.
Inda que vmos de noite
non che vimos de roubar,
vímosche da vendima
vimos de vendimar.
Vimos da vendima,
vimos de vendimar,
vimos da vendima,
vimos de traballar.
......
Bebín un viño albariño
por ver se me contentaba [consolaba]
e o viño como era novo
ó ílo beber choraba.
......
Manoliño foi ó viño
e rompeu a xerra no camiño,
pobre xerra, pobre viño [mal prá xerra, mal pró viño]
pobre cú de Manoliño [mal pró cú de Manoliño].
.......
Vendima, vendimadores
na vendima do meu pai.
vendimai e comer uvas [o viño vai na cabaza]
que outra cousa non vos hai [e o pan na cestiña vai]
2005-2006
Hei dir unha noite ás uvas,
anque me coste un raial,
heime de crellar do dono
se me bagullo fai mal
Ela fiaba, vendía viño,
ensarillaba, e co peciño
ó berce daba do seu meniño
Malos demonios as leven
unha botella sin viño,
unha caixa sin tabaco
e unha ola sin tociño
Anque son d’alá
d’arriba,
anque son da Carrasqueira,
tamén sei bebe-lo viño
como os guapos da Ribeira
Catro cartos para pan,
tres e medio para viño,
un cuarto para tabaco,
alá vai un realiño
Dáme viño, dáme viño,
auga non cha podo ver
sonche desta condición
e con ela hei morrer
Fun ó Ribeiro por viño
e emborrachoum’unha nena.
non quero mais do Ribeiro
que inda medoi a cabeza
Esta noite hei d’e irás
uvas
ás uvas de dameán;
a ninguén lle teño medo
senón ó maldito can
Indo para Santiago
doum’a morte no camiño;
deixei dito m’enterrasen
nunha bodega de viño
- Señora María Antonia,
á como vend’o seu viño?
- a catro cartos e medio:
así che vai no Porriño
Daime viño, daime viño,
que auga non podo beber;
caeu un becho na fonte,
teño medo de morrer
Meu amor eu quero viño,
a auga non sei beber,
a auga ten samesugas,
teño medo de morrer
Detrás do outeiro
da pena furada
había un bacelo
que o vello prantara.
Veu a cabra
comeu o bacelo
que prantara o vello
detrás do outeiro
da pena furada.
Se a súa sogra é roñosa
e che perdeu o cariño,
bailará como unha moza
dándolle viño albariño
Son tantas as
cualidades
que o viño albariño acredita,
que os mesmos cregos e frades
lle chaman agoa bendita.
Se queres que o Gaspar
cante,
móllalle a boca con viño:
verás como, ben mollado,
canta como un asubío
Ata pasar Santa Rita e
San Urbán
non digas que tés viño nin pan
Os curas e os
taberneiros
teñen moito parecido,
os curas bautizan nenos
e os taberneiros o viño
O viño branco é meu
primo
e o tinto meu parente
non vou a feira nin festa
que non vexa á miña xente
Bota viño taberneiro
sin auga si pode ser
que a i-auga dáme arrepíos
e non poido beber

CRENZAS E COSTUMES
·
2004-2005
Cando cae o viño da boa sorte.
· Se se parrea ou poda en martes de Entroido, desátase a viña ou non dá uvas.
· Non se pode podar con lúa de forza e si na minguante ou lúa nova.
· Non se pode embotellar o viño con lúa de forza senón bótase a perder.
· Para trasegar o viño ten que estar a lúa na minguante para que non se turbe ou tolde.
· Din que a poda inventouna un burro que, ó comer as varas duna cepa, fixo que ó ano seguinte producira máis.
· En moitos lugares ofréceselles as primeras uvas ós santos: Santa Marta de Ribarteme, Santiago de Rixo, Santa Tegra, San Roque ...

ADIVIÑAS
·
2004-2005
Dous irmáns son
un vai a misa
e o outro non
(VIÑO E VINAGRE OU TINTO E BRANCO)
· Unha vella xorobada,
ten un fillo enredador,
unhas netas moi fermosas
e un xenro predicador
(A VIDEIRA)
· Estou encarnado e ben maduriño,
Antes do outono de min farán viño
(O ACIO DE UVAS)
· Unha vella moi arrugada,
Leva no cú unha palla atrancada
(UVA PASA)
Proxecto financiado polo programa Sócrates da UE