![]()
Curso 2006-2007

![]()
CÁLCULO DA LATITUDE DO LUGAR E DA INCLINACIÓN DA ECLÍPTICA CUN GNOMON
A
Eclíptica
é o plano que contén a órbita da Terra arredor do
Sol e tamén a liña aparentemente percorrida polo Sol ao longo dun ano respecto
do
fondo inmóbil das estrelas. Como o eixe de xiro da Terra ten unha inclinación de
23º27’ entón o Ecuador terrestre e a eclíptica forman entre si ese mesmo ángulo.
Os planos do ecuador terrestre e a eclíptica córtanse nunha recta que sinala a dirección do Punto Aries ou Punto Vernal (g) . É o punto no que o Sol pasa do hemisferio sur ao norte, (iniciándose a primavera no hemisferio norte e o outono no hemisferio sur). Agora o punto Aries non se atopa na constelación Aries (coma cando foi calculado por primeira vez) senón que na de Pisces. O punto diametralmente oposto é o Punto Libra. Estes dous puntos opostos denominan os equinoccios (alcánzanse, aproximadamente, o 21 de marzo e o 21 de setembro). Cando o sol aparece polos equinoccios, a duración do día e da noite é aproximadamente a mesma en certas partes da Terra (12 horas). É nestes puntos cando os feixes de luz solar inciden perpendicularmente sobre o Ecuador da Terra, iluminando de xeito uniforme todo o planeta.
![]() |
![]() |
O punto da eclíptica máis ao norte respecto do ecuador celeste
denomínase
solsticio
de
verán
no hemisferio norte e
solsticio
de
inverno
no hemisferio sur, e o punto máis ao sur recibe as denominacións opostas
(alcánzanse, aproximadamente, o 21 de xuño e o 21 de decembro). É precisamente a
falta de perpendicularidade entre o eixe de rotación propio da Terra e o plano
da eclíptica a responsable das estacións.

A oblicuidade da eclíptica é de 23.5º (máis concretamente 23º27’),
aínda que non é constante debido ao movemento terrestre
denominado
nutación
(oscilación periódica do eixe da Terra, causada principalmente pola atracción
lunar) e pode variar entre 22.1º e 24.5º. Foi calculado por primeira vez por
Eratóstenes.
CÁLCULO DA LATITUDE (l) DO LUGAR USANDO UN GNOMON:
![]() |
O cálculo da latitude pode realizarse cun gnomon cando o sol se atopa nos puntos Aries e Libra, isto é nos equinoccios. Nós en concreto realizámolo no equinoccio de primavera, que neste ano, astronomicamente, foi o 20 de marzo ás 6:48 horas UT. É nesta situación (equinoccio) cando os raios do sol inciden perpendicularmente sobre o Ecuador, e como consecuencia o ángulo de inclinación do sol coincide coa latitude do lugar. Como nesta data nos atopabamos en plenas vacacións de Semana Santa, a medición non foi posible realizala no instituto, en Cambados, e polo tanto fixémola na cidade de Pontevedra, máis concretamente, nas coordenadas (sacadas do “sixpac”) 42º31’7.6’’ Latitude Norte e 8º48’40’’ Lonxitude Oeste. Realizamos o estudo ás 13:41 horas UT (medio día solar) dando como resultado un ángulo de inclinación do sol de 47º22’52’’ .
|
![]() |
Altura do gnomon: 131.5 cm. Sombra proxectada: 121 cm.
Polo tanto a= 47º 22’ 52.41’’ ángulo de elevación do sol.
|
Así pois a
latitude será l
= 90º – a
=
90º – 47º 22’ 52.41’’ = 42º 37’ 7.59’’
O
erro absoluto cometido é de
.
CÁLCULO DA INCLINACIÓN DA ECLÍPTICA (e) USANDO UN GNOMON:
O cálculo da inclinación da eclíptica pode realizarse cun gnomon nos solsticios, e nós en concreto, fixémolo no solsticio de verán (pois no solsticio de inverno estaba nubrado e con chuvia), que este ano coincidiu, astronomicamente, o 20 de xuño ás 23:59 h UT .
Tampouco foi posible facer a medición no instituto, en Cambados, debido ás datas de final de curso, e realizámola en Boiro (a uns 45km de Cambados), nas coordenadas (sacadas do “sixpac”) 42º37’58’’ Latitude Norte e 8º 51’ 15’’ Lonxitude Oeste. O cálculo da altura do sol (ou ángulo de elevación do sol) foi feito o día 21 de xuño ao mediodía solar, que se produciu ás 14:36 h UT .

O punto onde se realizou a medida,
aparece marcado cunha cruz
|
|
Altura do gnomon: 161 cm. Sombra proxectada: 56,3 cm.
Polo tanto a = 70º 43’ 32’’ ángulo de elevación do sol.
|
Así pois a
inclinación da Eclíptica
será
e
=
a+l–
90º=70º 43’ 32’’ + 42º 37’ 58’’ – 90º=
23º 21’ 30’’
O erro absoluto cometido é de
.