2006-2008



 

INCIDENCIA DOS RAIOS DE SOL NA LATITUDE 42°N

 

As catro estacións do ano débense a que a Terra, que xira ó redor do Sol nunha órbita que ten forma de elipse, tarda ese tempo en dar unha volta completa en torno a el. Como o eixo da rotación da Terra está inclinado con respecto ó plano desa órbita, os raios do Sol inciden con diferente ángulo de inclinación sobra as zonas da Terra, segundo a posición que esta ocupe ó longo da órbita. Isto afecta á cantidade de luz e calor que ó longo do ano reciben as distintas zonas da Terra.

En xuño o polo norte da Terra está inclinado cara ó Sol. O hemisferio norte recibe a maior parte da luz do Sol, o que provoca un tempo máis quente e que se alonguen os días: é verán. Os raios de Sol que chocan coa Terra na latitude de Cambados fan un ángulo de 72º55´ cara ó Sur

 

En decembro o polo sur está inclinado cara ó Sol. O hemisferio norte recibe menos raios solares, e isto fai que os días sexan máis curtos e que o tempo sexa frío: é inverno. Os raios do Sol que chocan coa Terra na latitude de Cambados fan un ángulo de 24º2´ cara ó Sur

 

 

Sofía Fernández Fariña
Sara García Vaamonde
Lúa Rey Martínez