![]()
Curso 2006-2007

![]()
DATOS DO SOL Ó LONGO DO ANO
O movemento do Sol ó longo do ano inflúe de diversas formas en cómo se observa: o Sol non sae nin se pon no mesmo lugar, a altura que o Sol acada ó mediodía é diferente ó longo do ano e os períodos de día e noite son tamén diferentes. Un dos obxectivos do proxecto é estudar esas variacións. A nosa intención era realizar as medicións sobre o terreo pero as condicións meterelóxicas por un lado e a situación xeográfica por outro, impediron realizalas. Só o dia 22 de Decembro pudemos realizar as medicións, coa axuda dun gnomón. As medicións ese día foron incompletas posto que dende o noso instituto non é posible observar (e polo tanto realizar medicións) tanto da saída como da posta do Sol. De seguido figuran os resultados das medidas tomadas o 22 de Decembro. Trátase dos azimuts e a altura do Sol durante todo o día, tomando medidas cada hora. A razón de tomar as medidas as horas e media en vez das horas en punto é por facer coincidir unha das medidas co mediodía solar (que se producíu as 13:35). Os azimuts determináronse mediante un gnomón de 128 cm de altura. As alturas calculáronse mediante a sombra proxectada, usando a tanxente do ángulo.
|
|
|
22 de decembro de 2006
| HORA | SOMBRA | ALTURA | AZIMUT |
| 10:30 | 620 cm | 11.6° | 138° |
| 11:30 | 374.2 cm | 18.9° | 147.5° |
| 12:30 | 306.5 cm | 22.6° | 164° |
| 13:35 | 281.3 cm | 24.5° | 180° |
| 14:30 | 301.4 cm | 23° | 195.5° |
| 15:30 | 375 cm | 19° | 209° |
| 16:30 | 615 cm | 11.7° | 222° |
|
|
A traxectoria do Sol ó longo dun día é simétrica, acadando a máxima altura coincidindo coa hora do mediodía solar |
|
|
|
|
|
|
|
|
Para poder
dispor dos datos dos outros meses do ano (os días 22 de cada mes), usamos os
datos que se poden obter da páxina de efemérides do
Real Instituto y
Observatorio de la Armada de San Fernando. Os datos do noso Instituto que insertamos son:
Latitude:
42°
31' 7.60'' Lonxitude:
8°
48' 40''
As horas
que figuran na táboa son horas correspondentes co horario oficial ou civil: unha
hora máis que o horario solar en horario de inverno (de outubro a marzo) e dúas
en horario de verán (de abril a setembro). Ademáis é necesario introducir unha
corrección pola lonxitude (35 minutos no noso Instituto).
Ver a sección adicada
o tema.
Nótese que a a altura so Sol ó mediodía solar para o 22 de decembro calculada
por nos sobre o terreo e a suministrada polo Real Instituto y Observatorio de la
Armada de San Fernando son prácticamente iguais. O noso dato é de 24.5°
e o do real Instituto de 24.04°.
O erro cometido respecto do dato suministrado polo Real Instituto é, polo tanto,
de só un +1.9%.
Setembro de 2006-Agosto de 2007 (Cambados-Pontevedra)
| Data |
Altura ó mediodía
solar (tránsito) |
Azimut na saída do
Sol (orto) |
Azimut na posta do
Sol (ocaso) |
Duración do día |
| 22-09-06 |
(14h
28min) |
(8h 22min) 88° 45.5' |
(20h 33min) 270° 58.4' |
12h 11min |
| 22-10-06 |
(13h 19.7min) 36° 22.6' |
(7h 56min) 104° 15' |
(18h 43min) 255° 31.9' |
10h 47min |
| 22-11-06 |
(13h 21.4min) 27° 19.1' |
(8h 35min) 116° 57.9' |
(18h 8min) 242° 54.9' |
9h 33min |
| 22-12-06 |
(13h 33.8min) 24° 2.5' |
(9h 2min) 121° 45.9' |
(18h 6min) 238° 14.3' |
9h 4min |
| 22-01-07 |
(13h 46.8min) 27° 47.4' |
(8h 58min) 116° 24.9' |
(18h 35min) 243° 42.9' |
9h 37min |
| 22-02-07 |
(13h 48.8min) 37° 15.8' |
(8h 23min) 103° 15.4' |
(19h 16min) 256° 58.2' |
10h 53min |
| 22-03-07 |
(13h 42.2min) 48° 5' |
(7h 536min) 88° 33.3' |
(19h 49min) 271° 43.1' |
12h 13min |
| 22-04-07 |
(14h 33.8min) 59° 39.3' |
(7h 44min) 72° 42.5' |
(21h 25min) 287° 37.5' |
13h 41min |
| 22-05-07 |
(14h 31.9min) 67° 51.2' |
(7h 7min) 61° 1.9' |
(21h 57min) 299° 8.7' |
14h 50min |
| 22-06-07 |
(14h 37.2min) 70° 55.2' |
(6h 56min) 56° 25.2' |
(22h 16min) 303° 34.4' |
15h 18min |
| 22-07-07 |
(14h 41.7min) 67° 46.1' |
(7h 17min) 60° 58.6' |
(22h 6min) 298° 50.7' |
14h 49min |
| 22-08-07 |
(13h 38.2min) 59° 17' |
(7h 49min) 72° 57.4' |
(21h 27min) 286° 46.7' |
13h 38min |
Gráficos cos datos ó longo do ano
Alturas do Sol no mediodía solar ó longo do ano

O Sol acada a máxima altura ó mediodía aproximadamente o 22 de xuño (solsticio de verán) e a mínima altura aproximadamente o 22 de decembro (solsticio de inverno). A altura máxima (mediodía solar) decrece entre o 22 de xuño e o 22 de decembro (verán e outono) e aumenta entre o 22 de decembro e o 22 de xuño (inverno e primaveira).
Duración da
luz diurna ó longo do ano

O día máis longo do ano é o 22 de xuño (solsticio de verán, cerca de 15 horas)) e o máis curto o 22 de decembro (solsticio de inverno, cerca de 10 horas). Aproximadamente o 22 de setembro e o 22 de marzo, a duración do día e da noite é case igual na nosa latitude (equinoccios de outono e primaveira).
Azimuts. Desviación da saída do Sol respecto a dirección Este

O 22 de setembro e o 22 de marzo (equinoccios) o Sol sae prácticamente pola dirección xeográfica este (90° de azimut)e se pon pola dirección xeográfica oeste (270° de azimut). O resto do ano a saída e a posta do Sol desvíase desas direccións: a saída do Sol desvíase cara o sur desde o 22 de setembro ó 22 de marzo (outono e inverno) e o norte desde o 22 de marzo ó 22 de setembro (primaveira e verán). A máxima desviación prodúcese o día 22 de decembro (solsticio de inverno) e 22 de xuño (solsticio de verán). Este feito ten unha forte relación cos gráfico amosados anteriormente sobre a duración do día ó longo do ano e as alturas do Sol.
O gráfico correspondente as postas de Sol sería equivalente o amosado, cambiando a dirección este por oeste.
Pódense
consultar os datos dos outros centros participantes no proxecto nas súas páxinas
web.
J.B.Búa