Curso 2006-2007


DETERMINACIÓN DA LIÑA MERIDIANA
DEBUXO DUNHA ROSA DOS VENTOS

 

Un grupo de alumnos de bacharelato levaron a práctica a determinación da liña meridiana. A liña meridiana é a liña sobre o globo terraqueo que pasa polo lugar e que une os puntos Norte e Sur xeográficos, liña coñecida coma meridiana do lugar.
Polo movemento de rotación terrestre, coincide coa liña que determina a sombra do Sol na súa culminación calquera día do ano.

Unha forma de determinar a liña meridiana consiste en determinar a culminación un día calquera e trazar a liña da sombra sobre o chan nese intre. O máis sinxelo é trazar a liña usando a sombra proxectada por un gnomón. Ese foi o sistema usado polos alumnos.

 

O proceso que seguiron para trazar a liña meridiana foi o seguinte:
1.- Averiguar a hora en que o Sol chegaba a súa culminación o día escollido para trazar a meridiana.
Para iso, buscóuse a información en Internet. Usáronse os datos sumnistrados pola páxina de efemérides do  Instituto Astrofísico de Catania.
 


2.- Instalar tres gnomóns e marcalas sombras proxectadas polo Sol por cada un dos gnomóns dez minutos antes e despois da hora prevista de paso do Sol polo meridiano.

3.- Medi-las sombras e unir coa base do gnomón a marca da sombra máis pequena. A liña marcada coincide coa liña meridiana.

Como tiñamos a liña Norte-Sur marcada, os alumnos quixeron debuxar unha rosa dos ventos onde figurasen as oito direccións principais. A rosa a marcaron no círculo central da cancha do exterior.
A cada unha das direccións, engadíronlle os símbolos de cada un dos oito ventos.

 

J.B.Búa