Curso 2006-2007


CONSTRUCCIÓN DUN RELOXO DE SOL

 

Os seguintes alumnos de bacharelato, realizaron o reloxo de Sol do noso centro:

MIRIAN  CHAVES  SANTAMARÍA
OLALLA  MACEIRA  SOTO
SANDRA  DIOS  BARBEITO
ISIDRO  GARCÍA  MENIÑO
LAURA  TORRES  CORES
NOELIA  MORAÑA  BORRAGEIROS

O reloxo ía ser instalado nuna parede do Instituto. Usaron en primeiro lugar a meridiana trazada con anterioridade para comprobar que o ángulo de inclinación da parede, respecto da dirección Este-Oeste xeográfica, é o suficientemente pequeno para construir un reloxo de Sol vertical orientado sobre dita parede.  Comprobado que o ángulo de desviación non era excesivo, pasóuse a comezar o traballo:


 


A distancia AB é igual que a distancia BD. O ángulo λ coincide coa latitude do lugar.

J.B.Búa

Os autores do reloxo

 

 

 

CONTROL DA EXACTITUDE DO RELOXO

O día 25 de xullo ás 12 horas, tomóuse a seguinte fotografía. Nela pode observarse a hora marcada polo reloxo de Sol ás 12 horas (hora oficial).

 

A hora prevista para o paso do Sol (medidodía solar) polo meridiano de Greenwich era para o día 25 de Xuño ás 12:03 (hora UT). Para comproba-la exactitude do noso reloxo, debemos facela seguinte conta: 12horas-2horas 35 minutos-3minutos (a hora oficial-corrección por lonxitude-corrección que suministra a ecuación do tempo). Obtense como hora para o reloxo de Sol: 9 horas 22 minutos
 

Pode observarse na fotografía que a hora marcada polo reloxo é aproximadamente a mesma. Podemos deducir, polo tanto, que o noso reloxo de Sol suministra a hora solar cunha grande exactitude.