Emprego
Ao mellor cres ter a suficiente formación e pensas xa en buscar emprego:
¿onde podo atopar algunha información?
Para informarte e recibir orientación dispós de diversos servicios:
- Centro Municipal de Información Xuvenil (Concello de Cambados),
ofrece todo tipo de información sobre oposicións, traballos
no estranxeiro, servicios de busca de emprego,
- Oficina de Emprego. Aquí podes tramitar a tarxeta de "Demandante
de emprego" e manifestar o teu interese por realizar determinados cursos de
formación.
- Servicio Galego de Colocación (S.G.C.) É unha axencia
de colocación pública e gratuita (depende da Xunta de Galicia),
que recolle os "curriculum vitae" dos adolescentes demandantes de emprego
e as ofertas que ofrecen as empresas, co fin de localizar aos mellores candidatos
destes postos de traballo. Chama ao teléfono 902. 125. 000. para concertar
a entrega do teu "curriculum" e, así, poder realizar a entrevista
persoal.
- Empresas de Traballo Temporal (E.T.T.). Funcionan como axencias privadas
de colocación, cun sistema similar (pero "privado"), ao Servicio Galego
de Contratación. DEBES SABER que non poden cobrar nada por atoparche
un emprego, e que están obrigadas a formalizalo mediante un contrato
de traballo por escrito, co salario que estableza o Convenio Colectivo das
E.T.T.