Titulación

línea gráfica


A finalidade da E.S.O. é que todos os adolescentes posúan coñecementos (de tipo académico, afectivo, social e moral) que lles permita desenvolverse de xeito equilibrado e incorporarse á sociedade con autonomía e reponsabilidade.

Acadar o TÍTULO, ou TITULARSE significa a superación da E.S.O. e así estar en posesión do título de Graduado en Ensino Secundario.


 

¿PARA QUE SERVE O TÍTULO?

De teres o título de Graduado na E.S.O. podes acceder a:

  1. Bacharelato LOXSE nas súas modalidades de
  2. Formación Profesional Específica
  3. Ensinanzas de Réxime Especial

… E, ¿ SE NON ACADO A TITULACIÓN…?

Se non logras superar a E.S.O. aínda tes algunhas opcións. Non te desanimes, xa que contas con varias posibilidades:

Son cursos de Formación educativa e Profesional que se imparten íntegramente en centros públicos ou privados de F. P., Institutos de ensino Secundario (I.E.S.), de Ensinanzas Artísticas ou de Educación Permnente de Adultos (E.P.A.). No noso Centro aínda non existe un P.G.S.

Son programas de Iniciación Profesional. Neles apréndense os rudimentos dun oficio nos seus niveis básicos. Nalgúns casos, esta área de formación profesional específica desenvólvese en colaboración cos Concellos, Institucións públicas ou privadas, nunha empresa,…

Unha vez superado un destes Programas, otórgase un CERTIFICADO, que permite continuar estudios en Ciclos Formativos de Grao Medio, aos que podes acceder por medio dunha proba ou exame, aínda que non teñas os 18 anos cumpridos.

Podes acadar este tipo de educación sempre que teñas 18 anos.

Nos centros nos que se imparte a E.P.A. podes seguir intentando obter o título de Graduado en E.S.O. mediante a superación dun exame.

Nos centros de E.P.A. pódense dar clases presencias ou a distancia.

No noso Centro non contamos polo de agora con Ensinazas Permanentes de Adultos.

 

¡ NON ESQUEZAS QUE SE DECIDES NON CONTINUAR OS ESTUDIOS, E QUERES TRABALLAR, TERÁS QUE PREPARAR O TEU ACCESO AO MUNDO LABORAL!
Lembra que podes acceder a un emprego dende os 16 anos, pero para ter tódolos dereitos como traballador tes que ter 18 anos cumpridos.

SE QUERES COMPLETAR A TÚA FORMACIÓN

Poderás decidirte por varios camiños:

Se contas co Título de Graduado na E.S.O. poderás acceder a postos de traballo dos grupos D (policías, bombeiros, auxiliares administrativos,…) e E (telefonistas, subalternos,…) da Administración Pública.

LEMBRA: Para presentarte a calquera oposición terás que ter cumpridos os 18 anos.