Centros Adscritos

Inicio Arriba

C.E.I.P. VALLE INCLÁN
( Centro de primaria adscrito o I.E.S. Ricardo Mella)

Enderezo: rúa Alcalde Lavadores, 16
Telefono: Tfno. e fax: 986 273 432 / 986 260 973
Etapas educativas: 2º ciclo de educación infantil (3 - 6 anos) e educación primaria (6-12 anos)
Horario de oficina: Horario de oficina: de 12 a 14 h.
Outros datos: Centro ó que está adscrito: IES Ricardo Mella

O C.E.I.P. Valle Inclán, atópase situado na rúa Alcalde Lavadores 16 de Vigo, e polo tanto pertence ó casco da cidade.
A xornada escolar realízase en horario de mañá de 9 a 14 horas.
Ó principio de cada curso o Claustro de profesores e o Equipo Directivo elaboran un plano anual, que recolle o funcionamento completo do centro, actividades, horarios de clase, de secretaría, de titorías, actividades complementarias e extraescolares, 
datas de cada actividade, datas de reunións de Claustros e de Consellos Escolares, de entrega de notas, vacacións, días lectivos....etc, que se aproba no Consello Escolar do mes de outubro e queda a disposición da comunidade escolar na secretaría do Centro.
É un centro de Infantil e Primaria, os alumnos empezan con 3 anos e rematan ós 11-12 anos.
A plantilla de profesores conta con especialistas en música, ximnasia, idioma extranxeiro e de apoio a rapaces con dificultades especiais. Estas especialidades impártense todas desde os tres anos a tódolos alumnos do centro.
Conta cun amplo patio aberto a natureza con pistas polideportivas, zonas verdes axardinadas e de abundante arbolado, patio cuberto para os días nos que os alumnos disfruten dun espacio san nas súas horas de descanso.
As aulas do colexio son amplas, con moita luz, dotadas de material especializado para cada ciclo da educación.
Conta así mesmo con aulas preparadas e adaptadas a cada unha das diferentes especialidades:
Aula de música con solo de cortiza, insonorizada e con material necesario para o maior aproveitamento destas clases.
Laboratorio co material propio e ben dotado, onde os nenos desde os tres anos empezan a familiarizarse co espacio, e co diferente material propio, ampliando así o seu vocabulario.
Salón multiusos debidamente acondicionado para a realización de traballos complementarios ás nosas actividades dentro das aulas, "obras de teatro", "postas en común de traballos en equipos"...etc.
Aula de idioma con material específico desta materia. Aula de apoio a nenos que o necesiten.
Biblioteca xeral de centro ben dotada de enciclopedias pedagóxicas e libros de lectura que se complementan coas bibliotecas de aula que funcionan con bo rendimento e aproveitamento por parte dos alumnos.
Aula de educación artística para as actividades que así o requiran.
O longo do curso realízanse actividades complementarias e extraescolares : visitas culturais, conmemoracións...etc programadas polos equipos de nivel e polos pais.
A lingua de aprendizaxe é a lingua materna, galego ou castelán introducindo progresivamente a outra.
O remata-lo ensino primario, e respectando o dereito que cada pai/nai tén a elixir o centro que queira, os nosos alumnos que o desexen pasan a ser alumnos do IES Ricardo Mella.

C.E.I.P. SELLO
( Centro de primaria adscrito o I.E.S. Ricardo Mella)

Enderezo: rúa Sardomela, 5. 36215 Cabral-Vigo
Tfno e fax: 986 277744
Correo elect.: ceip.osello@edu.xunta.es
Etapas educativas: 2º ciclo de Educación Infantil (3-6 anos) e Educación Primaria (6-12 anos)
Horario de oficina: de luns a venres, de 9,15 a 11,15 horas
Centro ao que está adscrito: IES Ricardo Mella
 

O estilo educativo do CEIP O Sello está reflectido no seu Proxecto Educativo de Centro. O Sello é un centro aberto ao entorno físico, social e cultural, xogando ao mesmo tempo un importante papel socializador. Para isto prográmanse saídas e actividades sociocultuirais. É un centro integrador, non unidimesnsional, é dicir, un colexio que non só se interesa polos aspectos intelectuais, senón que tamén lle dá importancia ás facetas afectiva, creativa e cívica. Todo este estilo educativo enmarcado sempre nun ensino activo.
O colexio non vive de costas ás novas tecnoloxías. O uso do ordenador e de internet demándao a sociedade. Existe unha aula de informática que lle posibilita ao alumnado e ao profesorado o acceso a outras fontes de comunicación e información.
Os temas transversais impregnan a práctica educativa e están presentes en todas as áreas.
Somos especialmente sensibles coa educación ambiental, que ten que ser a través dun coñecemento activo do entorno próximo, implicando ao alumnado na conservación e respecto do medio.
A participación da comunidade escolar na xestión do centro é unha característica esencial do PEC.

  • Transporte escolar:
    • LIÑA 1: Centro-Bar Fontefría-Residencia de Anciáns-Hospital Meixoeiro-Grupo Sindical-Manuel Álvarez.
    • LIÑA 2: Centro-Feira-Curuxeira-Caeiro-Rabadeira-Parada-Gasolineira-Avda de Peinador-Ramón Nieto-Martínez Garrido-Avda da Ponte.
  • Equipamentos e instalacións:
    • Inglés desde os 4 anos.
    • Comedor con capacidade para 40 persoas.
    • Biblioteca xeral, de aula e de profesorado.
    • Salón de actos.
    • Laboratorio completamente equipado.
    • Instalacións deportivas: pista de futbito, baloncesto, balonmán e ximnasio.
    • Aulas de música, vídeo, informática, plástica, de apoio e de educación especial.
    • Zona pechada de xogos para infantil.
    • Aulas de inglés en infantil e primaria.
    • Internet.
    • Saídas socioculturais.
    • Aula de audiovisuais.
    • Radio escolar.
  • Departamento de Orientación.
  • Educación Infantil:
    • Un ordenador por aula
    • Revista escolar
    • Festivais e cursos de formación do profesorado.
    • Terreo anexo de 1.110 m2.
    • Patio de 4.500 m2
    • Patio cuberto de 165 m2.
    • Zonas verdes e axardinadas de 1.600 m2.
    • Horto-invernadoiro.
    • Aseos e e sala de xogos nas aulas de Infantil.
  • Actividades organizadas pola ANPA:
    • Manualidades de barro.
    • Natación.
    • Obradoiro de treatro.
    • Informática.
    • Música e movemento.
    • Baile moderno.
    • Multideporte.
    • Predeporte.
    • Contacontos.
    • Inglés.

C.E.I.P. FONTE ESCURA
( Centro de primaria adscrito o I.E.S. Ricardo Mella)

Enderezo: 1ª Travesía Barreiro, 34
Telefono: Tfno. e fax: 986 251 842
E-mail: ceip.fonteescura@edu.xunta.es
Etapas educativas: 2º ciclo de educación infantil (3 - 6 anos) e educación primaria (6-12 anos)
Horario de oficina: Horario de oficina: de luns a venres, de 11,45 a 12,15 h; martes, de 17 a 18 h.
Outros datos: Centros ós que está adscrito: IES Ricardo Mella

  • O centro apóiase nos principios seguintes:
    • Manter un ambiente de convivencia, baseada na participación, no pluralismo, na tolerancia e no respecto.
    • Atención individualizada e personalizada tendo en conta a diversidade.
    • Acomodar as estratexias ás necesidades dos alumnos/as, poñendo especial interese naqueles que teñen necesidades
    • educativas especiais.
    • Potenciar a defensa e utilización da nosa lingua.
  • Transporte escolar
    • Colexio – rúa Regueiro.
    • Colexio – Parachán.
    • Colexio – Avda. Bos Aires.
  • Equipamentos e instalacións
    • Biblioteca.
    • Salón de actos.
    • Laboratorio.
    • Instalacións deportivas: pistas de baloncesto , balonmán e fútbol sala.
    • Aulas de vídeo, música, informática, ciencias, plástica, pedagoxía terapéutica e aula lúdica.
    • Zonas verdes e axardinadas.
    • Patio cuberto e areeiro para educación infantil.
  • Actividades organizadas polas ANPAS
    • Luns, de 16 a 17 h: mecanografía.
    • Martes, de 16 a 17 h: manualidades.
    • Mércores, de 16 a 17 .: futbito.
    • Xoves, de 16 a 17 h: kung-fu

 


Inicio | Taboleiro de anuncios | Organigrama | Estudios | Alumnado | Pais/Nais | Profesorado | Exames | Avaliacións | Fotos e vídeos

Imprimir

© 2000 - . IES Ricardo Mella - Estrada Vella de Madrid, nº 177, apdo 3047 36214 - Vigo - Galicia - España

Teléfonos: 986 253711 - 986 253899    Fax: 986 260726

http://centros.edu.xunta.es/iesricardomella/Comunícanos a túa suxestión  

Encargado da páxina web: Comunícanos a túa suxestión