|
| |
|
BOLETÍNS
INFORMATIVOS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
|
Xaneiro 2007 |
Febreiro 2007 |
Marzo 2007 |
|
|
|
|
|
Abril 2007 |
Maio 2007 |
Xuño 2007 |
|
|
|
|
|
Xuño 2007 |
Setembro 2007 |
Outubro 2007 |
|
|
|
|
|
Novembro 2007 |
Decembro 2007 |
Xaneiro 2008 |
|
|
|
|
|
Febreiro 2008 |
Marzo 2008 |
Abril 2008 |
|
|
|
|
|
Maio 2008 |
Xuño 2008 |
Setembro 2008 |
|
|
|
|
|
Outubro 2008 |
Novembro 2008 |
Decembro 2008 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| 4 de maio de 2009 |
|
O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA XUNTO CO DEPARTAMENTO DE GALEGO CONVOCAN:
I CONCURSO
DESEÑA AS NOSAS LETRAS
O DEPARTAMENTO DE GALEGO DISPÓN DUNHAS PLANTILLAS QUE ESTÁN Á VOSA DISPOSICIÓN PARA DEBUXAR OU REINVENTAR AS LETRAS DO NOSO ALFABETO.
NESTE CONCURSO PODE PARTICIPAR TODO O ALUMNADO DO CENTRO, ASÍ COMO O PROFESORADO E PERSOAL NON DOCENTE.
DATA MÁXIMA DE PRESENTACIÓN: LUNS 11 DE MAIO
1º PREMIO: VALE DE 60€
2º PREMIO: VALE DE 30€
3º PREMIO: VALE DE 15€
CONCURSO LITERARIO
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O TEMA E O XÉNERO (PROSA, POESÍA…) SON LIBRES
PODE PARTICIPAR TODO O ALUMNADO DO CENTRO
DATA MÁXIMA DE PRESENTACIÓN: LUNS 11 DE MAIO
1º PREMIO: VALE DE 60€
2º PREMIO: VALE DE 30€
3º PREMIO: VALE DE 15€
AMBOS TRABALLOS SERÁN RECOLIDOS POR CALQUERA MEMBRO DO DEPARTAMENTO DE GALEGO OU POLA SUBDIRECCIÓN DO INSTITUTO
|
|
| 15 outubro 2008 |
|
ELECCIÓN AO CONSELLO
ESCOLAR
Este curso
celébranse as eleccións a consellos escolares nos centros sostidos
con fondos públicos. As eleccións dos representantes dos distintos
sectores da comunidade educativa no consello escolar celebraranse
entre os días 24 e 28 de novembro. A DIRECCIÓN |
|
|
|
| 5 decembro 2007 |
|
informe PISA
A ministra de Educación e Ciencia, Mercés Cabrera, sinalou hoxe,
durante a presentación española do
Informe
Internacional de Avaliación PISA 2006 da OCDE, que os mozos
españois de 15 anos desenvólvense positivamente en ciencias e de
xeito aceptable en matemáticas. En comprensión lectora o Informe
PISA sinala un descenso xeneralizado de todos os países, que é
significativo en España. "A lectura é a nosa gran materia pendente,
e manexala ben axuda a sacar mellores resultados noutras
materias", afirmou a ministra.
Galicia obtén no informe pisa 2006 uns
resultados superiores á media de España e da OCDE no rendemento
medio en ciencias
Sitúase por riba do País Vasco, Cataluña e Andalucía, e presenta
resultados similares a países como Bélxica, Irlanda, Suecia,
Dinamarca e Francia. O alumnado galego ten en Ciencias un
resultado superior ao esperado para o seu índice socioeconómico e
cultural e tamén en relación ao PIB per cápita. A variabilidade
entre centros é a menor despois de Finlandia. Por primeira vez, a
Comunidade galega ampliou mostra no Programa para a Avaliación
Internacional (PISA), coordinado pola Organización para a
Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE)
A conselleira de Educación e Ordenación
Universitaria, Laura Sánchez Piñón, salientou que a Comunidade
galega acadou unha puntuación de 505 puntos en rendemento medio en
Ciencias no Programa para a Avaliación Internacional (PISA) da
Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico
(OCDE), polo que se sitúa por riba da media española (488), e da
dos países da OCDE (500).
Así mesmo, Galicia obtén uns resultados
superiores aos que lle correspondería con relación ao PIB per
cápita. Laura Sánchez Piñón explicou que Galicia alcanza un
rendemento por riba da media, superior a País Vasco, Cataluña,
Andalucía e á media de España. A conselleira de Educación indicou
ademais que no ámbito internacional supera a países como Estados
Unidos, Francia, Islandia e Suecia, todos eles cun PIB superior.
A OCDE tivo en conta tamén o rendemento en
Ciencias en canto ao índice socioeconómico e cultural do alumnado.
Así, Sánchez Piñón salientou que Galicia rexistra un rendemento
por riba do agardado en relación ao seu índice socioeconómico e
cultural. A Comunidade galega obtivo neste indicador un resultado
superior ao de países como Noruega, Dinamarca, Suecia, Estados
Unidos e Islandia.
Ensino equitativo
Outro dos indicadores do informe refírese á
varianza entre centros en Ciencias. Laura Sánchez Piñón salientou
durante a súa intervención que Galicia é a primeira Comunidade
Autónoma con menor variación nos resultados entre centros en
Ciencias, tan só superada neste indicador por Finlandia. Seguen a
Galicia, segunda no ránking internacional, as Comunidades de
Castela e León, Cantabria, Andalucía, A Rioxa e Aragón, engadiu a
máxima responsable do departamento educativo galego. A este
respecto, a conselleira subliñou que os centros galegos ofrecen
unha ensinanza homoxénea, sen que existan grandes diferenzas entre
eles, polo que o ensino en Galicia é altamente equitativo. Galicia
tamén ocupa unha posición superior á media no indicador de
Excelencia e Equidade, xa que a diferenza de rendemento entre os
alumnos é baixa en comparación coa doutros países de igual nivel
socioeconómico.
O Programa para a Avaliación Internacional do
Alumnado de 15 anos realízase por iniciativa e baixo a
coordinación da OCDE. É unha avaliación non curricular de
competencias básicas nas áreas de Ciencias, Matemáticas e Lectura.
Ten carácter cíclico, trianual, e en cada edición afonda nunha
destas áreas. No estudo de 2006 incide na competencia en Ciencias.
O coñecemento científico avaliado inclúe Física, Química, Bioloxía
e Ciencias da Terra. En Galicia participaron no PISA 1.573 alumnos
procedentes de 53 centros.
A DIRECCIÓN |
|
| 7 novembro 2007 |
|
PROXECTO COMENIUS
O Instituto de Educación Secundaria Ricardo
Mella de Vigo, participa nun Proxecto Comenius (Programa Europeo),
con outros profesores europeos baixo o título de “Teléfonos
Móbiles: creando consumidores responsables”. Neste proxecto, os
alumnos dos distintos paises implicados, traballarán o tema
proposto considerando aspectos relacionados con: tecnoloxía, saúde,
medio ambiente, consumo e mundo empresarial.
No marco deste proxecto, 6 profesores procedentes de Suecia,
Bélxica e República Checa está visitando o noso centro e a cidade
desde o día 7 ó 11 de novembro. No programa tamén participan
centros de Alemania que non puideron desprazarse a nosa cidade.
Nestes días o profesorado participante, en colaboración co
responsable do profesor do IES Ricardo Mella Miguel Anxo Fernández
Riveiro, responsable do programa, manterán reunións de traballo
con profesorado do centro para programar e coordinar as tarefas e
o traballo común que posteriormente levarán a cabo nos seus países
de orixe.
O centro coa finalidade de acoller a estes profesionais da mellor
forma posible e co ánimo de dar a coñecer a nosa cidade noutros
estados europeos, ten preparado unha recepción na Cámara de
Comercio de Vigo o venres día 9 as 13 horas. Así mesmo faranse
unha serie de visitas culturais pola nosa cidade e arredores : O
Castro; Ria de Vigo-Cabo Home; Museo Marco e visita a Santiago de
Compostela.
A DIRECCIÓN |
|
| 30 outubro 2007 |
|
Mostra
de Patrimonio Cultural Inmaterial
Galego-Portugués
Do 7 ao 11 de novembro na Praza da Ferrería. Pontevedra.
Coa intención de visibilizar este patrimonio e
concienciar a sociedade da necesidade de salvagardalo, o Proxecto
RONSEL, en colaboración coa asociación “Ponte...nas Ondas!” e a
Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza esta Mostra de
Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués na cidade de
Pontevedra, co patrocinio dos parceiros xa mencionados e do
Concello de Pontevedra.
PROGRAMA COMPLETO EN PDF |
|
| Setembro 2007 |
|
PREVISIÓN DE DATAS EN RELACIÓN CO COMEZO D0 CURSO 2007-2008 :
-
DIA 19 DE
SETEMBRO (mércores):
-
As 11 horas entrega de horarios PROVISIONAIS do profesorado que
imparte clase en ESO-BACH (no réxime ordinario).
-
As 12 horas : No Salón de Actos,
presentación dos cursos da ESO,
con asistencia dos seus titores-as. A continuación os alumnos,
acompañados do seu titor/a irán a súa aula de referencia para
coñecer o seu horario e funcionamento do centro. Entre as 13 e
13,30 horas os autobuses recollerán o alumnado.
-
As 12,30 horas : No Salón de Actos
presentación dos grupos de
Bacharelato, con asistencia dos seus titores-as. A continuación,
acompañados dos titores pasarán as súas aulas de referencia.
-
As 17,30 horas : Entrega de HORARIOS PROVISIONAIS a o profesorado
que imparte clase en ESO-BACH adultos e PGS.
-
As 18,30 horas : no Salón de Actos,
presentación do alumnado de
ESO e BACH adultos e dos PGS coa asistencia dos seus titores/as. A
continuación pasarán a súa aula de referencia para coñecer o seu
horario e funcionamento do centro.
-
DÍA 20 DE SETEMBRO (xoves):
-
DÍA 24 DE SETEMBRO (luns):
-
DIA 26 DE SETEMBRO (mércores):
-
As 12 horas, no
salón de actos, PRESENTACION DE CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO
de réxime ordinario (XA-CAE-EC1-EC2), con asistencia dos seus
titores.
-
As 12,30 horas ,
no salón de actos, PRESENTACIÓN DE CICLOS FORMATIVOS DE GRAO
SUPERIOR de réxime ordinario
(DPE1-DPE2-STI1-STI2-SA1-SA2-IPD1-IPD2-AF1-AF2-SECRE), con
asistencia dos seus titores.
-
As 16,30 horas :
no salón de actos, CLAUSTRO DE ENTREGA DE HORARIOS
-
As 18,30 horas :
no salón de actos, PRESENTACIÓN DE CICLOS FORMATIVOS DE ADULTOS
DE GRAO MEDIO E SUPERIOR (EC1N-EC2N-XAN-CAEN-TOE-COFI-SIT1N-STI2N-AF1N-AF2N),
con asistencia dos seus titores.
A Dirección
|
|
|
|
| 20 xuño 2007 |
|
EDUCACIÓN DE ADULTOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2007- 2008
-
Os ciclos de 1 ano
faranse en dous anos e os de dous anos faranse en tres anos.
-
A cambio o número de
horas será menor cada día, polo que a xente que traballa poderá
facelo con máis facilidade.
-
Os horarios irán
dende as 17:45 ata as 22:15 horas aproximadamente (esta ainda
por determinar).
-
A matrícula pódese
facer só por módulos, co cal matriculome de tódolos módulos dun
curso ou sóde dalgún deles.
- A FCT farase cando se finalicen tódolos
módulos.
OFERTA DE ADMINISTRATIVO
OFERTA DE ELECTRÓNICA
OFERTA DE SANITARIA
A Dirección |
|
| 7 xuño 2007 |
|
Probas de acceso a ciclos de grao medio :
Vanse celebrar o día
12 de xuño
Entre outros centros no IES RICARDO MELLA E NO CIFP VALENTIN PAZ
ANDRADE
https://www.edu.xunta.es/fp/files/probas07/SEDESCM2007.pdf
Publicación dos lugares de realización das probas
de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación
profesional específica para o curso académico 2007-2008.
extractado da páxina edu.xunta.es/fp
As listaxes dos lugares onde se realizarán as probas de acceso
poden consultarse no taboleiro de anunciós do IES ou CIFP onde se
realizou a inscrición e no seguinte enlace:
- Listaxes de comisións de realización de probas de acceso a
ciclos de grao medio
Na cidade de Pontevedra engádese unha nova sede con relación á
listaxe publicada o día anterior: Luis Seoane.
Na cidade de Vigo, ante o elevado número de solicitudes ás probas
de acceso, habilitaranse dous centros adicionais para a
realización das probas do modo seguinte:
- Sede IES Politécnico: Os solicitantes co primeiro apelido
comprendido entre a letra A e a letra M realizarán o exame no
propio IES Politécnico. Os solicitantes comprendidos entre as
letras N e Z realizarán o exame no IES República Oriental do
Uruguai en Vigo.
- Sede CIFP Valentín Paz Andrade: Os solicitantes co primeiro
apelido comprendido entre a letra A e a letra M realizarán o exame
no propio CIFP Valentín Paz Andrade. Os solicitantes comprendidos
entre as letras N e Z realiarán o exame no IES Ricardo Mella.
A Dirección |
|
|
|
| 16 abril 2007 |
|
CONVOCATORIA DAS PROBAS PARA O ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE
FORMACIÓN PROFESIONAL ESPECÍFICA DE GRAO SUPERIOR
O
LUNS DÍA 16 DE ABRIL ÁBRESE
O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A REALIZACIÓN DA PROBA DE ACCESO AOS
CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR .
Esta proba de acceso defínese na Orde do 1 de abril de 2002 pola
que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de
formación profesional específica, así como na Orde do 30 de
xaneiro de 2007, pola que se modifica a anterior ( DOG 15 de
febreiro de 2007). Consta de dúas partes:
-Parte xeral: neste exercizo, a persoa aspirante deberá
acreditar a madurez en relación cos obxectivos do bacharelato,
fundamentalmente en contidos procedimentais de lingua galega e
literatura, de lingua castelá e literatura,de lingua estranxeira
(opción de inglés ou francés) e de matemáticas.
-Parte específica: a persoa aspirante deberá acreditar a súa
capacidade de formación profesional de base relacionada co campo
profesional do ciclo formativo ao cal solicita acceder. Esta
parte avaliará os coñecementos en relación coas materias que se
relacionan no anexo I da resolución do 28 de marzo de 2007, da
Dirección Xeral de formación Profesional e Ensinanzas Especiais,
pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de
grao medio e superior de formación profesional específica en
centros sostidos con fondos públicos. DOG 10 de abril de 2007.
As probas poderán ser adaptadas a aquelas persoas que acrediten discapacidade. Deberán presentar o correspondente certificado
acreditativo de minusvalidez emitidos polos equipos de
valoración e orientación de Vicepresidencia da Igualdade e do
Benestar, así como o seu ditame técnico facultativo.
EXENCIÓNS DA PROBA DE ACCESO:
A solicitude de exención deberá formularse no momento da
inscrición para a proba . Quen a solicite farao constar no
momento da inscrición para a proba.
1-Quedarán exentas da realización da proba as persoas que
acrediten ter superadas as probas de acceso á universidade para
maiores de 25 anos (aínda que deben inscribirse forzosamente nas
datas sinaladas)
2-Da parte específica da proba poderán quedar exentas as persoas
que acrediten polo menos un ano de experiencia laboral en campos
profesionais que se corresponden con coñecementos de
determinadas materias .
3-Exención da materia da lingua galega , consonte o Decreto
79/1994, do 8 de abril, e a Orde do 30 de xuño de 1994, que o
desenvolve, o alumnado que se incorpore ao sistema educativo de
Galicia procedente doutras comunidades autónomas ou do
estranxeiro.
Requisitos de idade:
Ter 19 anos como mínimo ou cumprilos no ano de realización da
proba, ou 18 se se acredita estar en posesión dun título de
técnico da mesma familia profesional, ou dunha familia afín que
regulamentariamente se determine.
LUGAR DE INSCRICIÓN:
Presentarase por duplicado na secretaría de calquera dos IES (
Institutos de Educación Secundaria) e dos CIFP ( Centros
Integrados de Formación Profesional) onde se impartan ensinanzas
de formación profesional específica, no
prazo comprendido entre o 16 e o 24 de abril de 2007 .
Na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp pódese realizar a
inscrición para as probas. A folla de inscrición deberase
presentar na secretaría dun dos centros anteriormente citados
par lle dar validez á inscrición.
Día de celebración das probas : 22 de
maio de 2007.
A Dirección |
|
|
|
|
|
| 18 xaneiro 2007 |
|
SIMULACRO
DE EVACUACIÓN
Dentro de poucos días vai ter lugar no Centro
un simulacro de evacuación, como é costumbre dende hai anos.
Para a boa realización do mesmo debemos todos ter en conta as
normas e consignas que se recollen no seguinte documento e que
convén que leades con atención. CONSIGNAS
DE EVACUACIÓN
A Dirección |
|
| 20 decembro 2006 |
|
PROGRAMA DAS
XORNADAS ETWINNING
Sra./Sr. Directora/Director
Práceme informarlle da convocatoria e celebración da actividade presencial de formación permanente do profesorado «XORNADAS SOBRE O E-TWINNING» do Programa
e-Learning da Comisión Europea, os días 12 e 13 de xaneiro de 2007, en colaboración co Centro Nacional de Información e Comunicación Educativa do Ministerio de
Educación e Ciencia, segundo o programa detallado que se xunta
(arquivo PROGRAMA_XORNADAS_ETWINNING.PDF / 206 KB).
Tendo en conta o carácter formativo desta actividade de actualización pedagóxica, considero procedente que lle dea a máxima difusión posible a esta convocatoria, facendo
chegar esta información a todo o profesorado dos departamentos didácticos do centro.
Aprezando a súa colaboración, reciba un cordial saúdo.
Santiago de Compostela a 18 de decembro de 2006
A DIRECTORA XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA
ASDO: María José Pérez Mariño |
|
| 20 outubro 2006 |
|
ELECCIONS
AO CONSELLO ESCOLAR
Dando cumprimento á Resolución do 11 de setembro de 2006, da Dirección Xeral de ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccions de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria se comunica que
o mércores 25 de outubro terá lugar o sorteo público dos componentes da Xunta electoral na hora do recreo da mañán na sala de profesores.
|
|
NO D.O.G. DO 19 DE SETEMBRO de 2006, CONVÓCASE RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR.
O MÉRCORES DÍA 25 DE OUTUBRO ÁS 11,15 HORAS, NA SALA DE PROFESORADO, TERÁ LUGAR O SORTEO PÚBLICO DOS COMPOÑENTES DA XUNTA ELECTORAL.
Correspondenos este ano a renovación parcial de:
- 3 profesor@s
- 4 alumn@s
- 2 nais/pais
|
|
Documentos para presentar candidaturas:
Serán proporcionados na Secretaría do Instituto, ou tamén se
poden baixar desta páxina.
A DIRECCIÓN
|
|
A Xunta Electoral do IES Ricardo Mella informa que o día 2 de novembro aprobou o seguinte calendario electoral:
Candidaturas:
- Presentación de candidaturas: do 3 ó 12 de novembro de 2006, ámbolos dous inclusive.
- Proclamación e publicación de candidaturas: 13 de novembro de 2006.
- Reclamacións a lista de candidatos : 14 o 16 de novembro de 2006.
- Resolución de reclamacions: 17 de novembro de 2006.
- Sorteo dos compoñentes das mesas electorais: 17 de novembro de 2006.
Votacións:
- Votacions para escoller representantes de alumnado: 28 de novembro de 2006.
- Votacions para escoller representantes de pais/nais: 28 de novembro de 2006.
- Votacions para escoller representantes do profesorado: 28 de novembro de 2006.
Resultados:
- Publicación de resultados das eleccións : 28 de novembro
- Reclamacións a publicación de resultados : 29 de novembro
- Resolución as reclamacións e resultados definitivos : 30 de novembro
|
|
| Setembro 2006 |
|
PLANS DE
MELLORA DA CALIDADE DA EDUCACIÓN.
A Consellería de Educación ven de conceder
unha asignación
de 2000€, ao IES Ricardo Mella para a realización dun
plan de mellora da calidade da educación que se vai desenvolver
polo profesorado do centro durante o curso 2006-07.
|
|
| Setembro 2006 |
|
CURSO DE INGLÉS
PARA PROFESORADO DE OUTRAS MATERIAS.
Lugar: I.E.S. Ricardo Mella, Estrada Vella de Madrid 177, Vigo.
Dous niveis diferentes.
Unha sesión semanal.
Inicio: Outubro 2006.
Horario:
Grupo A : luns 18:00
Grupo B : venres 16:15
Acreditación: 50 horas.
Máis información:
Sara González, dpto. inglés, I.E.S. Ricardo Mella, Vigo,
986 25 38 99
986 25 37 11
A DIRECCIÓN
|
|
| Setembro 2006 |
|
SEMANA DA
CIENCIA 2006
A
MAXIA DA QUÍMICA
Datas e lugar de celebración:
Do 6 ao 10 de Novembro
IES Ricardo Mella, Meixoeiro-Vigo.
Dirixido a:
Alumnos de 1º e 2º . Bacharelatos Científico e Tecnolóxico.
Inscrición:
Antes do 16 de Outubro do 2006
Solicitude de participación en
formato pdf.
Máis información en:
https://spec.fecyt.es/WebSpec/
A DIRECCIÓN
|
|
| Setembro 2006 |
|
PRESENTACIÓNS
DO ALUMNADO
As presentacións que se van facer son as
seguintes:
Día 20 de setembro
DIURNO
-
As 10 horas : presentación de 1º e 2º de ESO. Unha vez feita pasarán a sua aula co titor e comezarán as clases con normalidade. O seu autobus marchará as 14,15 , no seu horario normal.
-
As 11 horas : presentación de 3º e 4º de ESO. Unha vez feita continuarán as clases con normalidade
-
As 12 horas : presentación de 1º e 2º de Bacharelato . Unha vez feita pasarán a sua aula co seu titor para recibir o seu horario. O día 21 comezarán as clases con
normalidade.
ADULTOS :
-
As 18 horas : Presentación de ESO adultos e PGS . Unha vez feitas as presentacións pasarán a sua aula co seu titor. As suas clases comezarán o día 21 con
normalidade.
-
As 19 horas : presentación do bacharelato de adultos (1º e 2º). Unha vez feita a presentación irán a sua aula acompañados polo seu titor para recibir o seu horario e normas de funcionamento do centro. As clases comezarán o día 21 con
normalidade.
As presentacións faranse na biblioteca ou na aula A307 xa que o Salón de Actos está en obras.
A DIRECCIÓN
|
|
| Xullo, agosto 2006 |
|
NOTICIAS DE VERÁN:
1. Modificación na matrícula de Bacharelato de adultos para o curso 2006-2007
De cara ó comezo do curso 2006-2007 vanse a producir as seguintes modificacións no BACHARELATO DE ADULTOS :
O Bacharelato de adultos comezará a impartirse nunha banda horaria que vai desde as 18 horas ata as 23 horas (todavía por definir neste centro).
Atendendo as necesidades específicas do alumnado de adultos, o Bacharelato presencial cursarase en tres cursos académicos.
En cada un destes tres cursos académicos, impartiranse 23 períodos lectivos o primeiro ano, 19 períodos lectivos o 2º ano e 21 períodos lectivos o 3º ano.
Poderá darse unha matrícula por materias.
A promoción entre un bloque e outro darase cun máximo de dúas materias suspensas por bloque.
No curso 2006-2007 comezará a impartirse esta nova modalidade horaria no 1º curso de Bacharelato. O alumnado que curso 2º ano, terá as mesmas asignaturas e carga horaria que o ano anterior.
A distribución das materias por bloques ( OU CURSO) e modalidade de bacharelato son os seguintes
| BACHARELATO TECNOLÓXICO |
|
BLOQUE 1 (1º ANO) |
BLOQUE
2 (2º ANO) |
BLOQUE
3 (3º ANO) |
| MATERIAS COMÚNS |
|
Lengua castellana y literatura I |
Lingua galega e literatura I |
Lingua galega e literatura II |
| Filosofía I |
Lengua castellana y literatura II |
Historia |
| Educación Física |
Lingua estranxeira I |
Filosofía II |
| |
Relixión /
Actividades alternativas |
Lingua estranxeira II |
| MATERIAS DE MODALIDADE |
de 1º |
Matemáticas I |
|
|
| Física e Química |
|
|
| Tecnoloxía Industr. I /
Debuxo Tecn. I |
|
|
| de 2º |
|
OPCIÓN A |
OPCIÓN B |
OPCIÓN A |
OPCIÓN B |
| |
Debuxo Técnico II |
Tecnoloxía Ind.II |
Matemáticas II |
Mecánica / Física |
| |
|
|
Física |
Electrotecnia |
| MATERIAS OPTATIVAS |
|
Materia optativa de 1º |
Materia optativa de 2º |
|
| |
|
23 períodos lectivos |
19 períodos lectivos |
21 períodos lectivos |
| BACHARELATO CIENCIAS DA NATUREZA DE DA SAUDE |
|
BLOQUE 1 (1º ANO) |
BLOQUE
2 (2º ANO) |
BLOQUE
3 (3º ANO) |
| MATERIAS COMÚNS |
|
Lengua castellana y literatura I |
Lingua galega e literatura I |
Lingua galega e literatura II |
| Filosofía I |
Lengua castellana y literatura II |
Historia |
| Educación Física |
Lingua estranxeira I |
Filosofía II |
| |
Relixión /
Actividades alternativas |
Lingua estranxeira II |
| MATERIAS DE MODALIDADE |
de 1º |
Matemáticas I |
|
|
| Física e Química |
|
|
| Bioloxía e Xeoloxía/ Debuxo Tecn. I |
|
|
| de 2º |
|
OPCIÓN A |
OPCIÓN B |
OPCIÓN A |
OPCIÓN B |
| |
Química / Debuxo Técn. II
|
Ciencias da Terra e do medio amb. |
Matemáticas II |
Bioloxía |
| |
|
|
Física |
Química |
| MATERIAS OPTATIVAS |
|
Materia optativa de 1º |
Materia optativa de 2º |
|
| |
|
23 períodos lectivos |
19 períodos lectivos |
21 períodos lectivos |
2. Probas extraordinarias de setembro para acceso ciclos de grao medio:
Inscrición do 3 ó 10 de xullo de 2006
Data realización da proba : 7 de setembro
Mais información acudir a páxina web :
https://www.edu.xunta.es/fp/
3. Nova contratación do servicio de cafetería do IES RICARDO MELLA
O Consello Escolar do IES RICARDO MELLA en reunión celebrada o 7 de xullo de 2006, acordouse o concurso de contratación do servicio de cafetería por medio de concurso público.
A documentación na que aparecen as bases do concurso, pódese recoller na conserxería do Instituto.
O prazo de presentación de solicitudes, remata o día 31 de agosto.
O Consello Escolar decidirá a nova adxudicación antes do día 15 de setembro.
4. SEMANA DA CIENCIA:
No vindeiro mes de novembro, desde o 6 ó 10, vaise celebrar no IES RICARDO MELLA a SEMANA DA CIENCIA en GALICIA (A máxia da Química), que é un obradoiro-exhibición, organizado pola Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia e que conta coa colaboración da Dirección Xeral de I+D ( Consellería de Innovación e Industria).
Se queres podes visitar a páxina da Direción Xeral I+D
http://www.sxid.org/
Ou entrar no enlace no que se che informa da Semana da Ciencia:
https://spec.fecyt.es/WebSpec/Home.aspx?idCA=12&valor=1
Podes tamén visitar a páxina web específica da Maxia da Química:
http://amaxia.servehttp.com/
"A maxia da química" consiste no desenvolvemento de diversas prácticas nun laboratorio, centradas na área da química, nas que o profesorado intenta demostrar, acompañados dunha explicación teórica, algúns fenómenos da natureza difíciles de comprender.
5. Axudas económicas para cursar o Ciclo Medio Equipos Electrónicos de Consumo no réxime de adultos:
Para o próximo mes de setembro vaise publicar no Diario Oficial de Galicia unha orde mediante a que se convocan axudas, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, para o alumnado que inicie algún ciclo formativo, considerado non vocacional pero demandado polo mercado laboral, nos centros educativos que na devandita orde se determinen.
Entre o alumnado que se pode beneficiar destas axudas está o ciclo formativo de grao medio
DM09001 Equipos electrónicos de consumo
A contía máxima destas axudas, que se distribuirán proporcionalmente en función do número de solicitudes presentadas, poderá ascender ata un máximo de 450 euros por alumna ou alumno.
|
|
| 15 de xuño de 2006 |
|
DE INTERESE PARA O ALUMNADO DE CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR QUE
PRETENDA INSCRIBIRSE EN CALQUERA TITULACIÓN UNIVERSITARIA EN GALICIA
O PRAZO DE PREINSCRICIÓN PARA O ALUMNADO QUE FINALIZA ESTUDIOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL NO CURSO 2005-2006
AMPLIASE ATA O DÍA 6 DE XULLO
A DIRECCIÓN
|
|
| 31 de maio de 2006 |
|
PROGRAMA
DE GRATUIDADE DE LIBROS DE TEXTO.
No Diario Oficial de Galicia do día de hoxe, 31 de maio de 2006, publícase a
Orde do 23 de maio de 2006 pola que se convoca e regula o programa de gratuidade de libros de texto e materiais curriculares en centros sostidos con fondos públicos para os niveis obrigatorios e gratuítos para o curso escolar 2006/2007.
Co obxecto de facilitar a xestión dos centros nos próximos días poderase consultar no portal educativo da consellería
(http://www.edu.xunta.es) toda a información referente ao citado programa entre a que se encontrará:
1º) A orde de convocatoria.
2º) Unha relación de preguntas frecuentes que se irá actualizando.
3º) Os anexos I e II da orde, que se poden cubrir directamente no ordenador. (*)
4º) Un modelo de documento para a entrega dos libros nos cursos obxecto de reposición. (*)
5º) Un modelo de comunicación ás familias no caso de detectarse incidencias na devolución dos libros.
(*)
(*) Estes documentos poderanse descargar, cubrir directamente no ordenador e imprimir, sempre que dispoña do programa Adobe Acrobat Reader 5.0 ou superior. Se dispón do programa Adobe Acrobat completo poderá gardar os anexos cubertos, en caso contrario os cambios efectuados non se arquivarán.
A Dirección
|
|
| 31 de maio de 2006 |
|
AXUDAS PARA A
REALIZACIÓN DE PROXECTOS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA.
No DOG nº 103, do 31 de maio, publicóuse a
"Orde do 22 de maio de 2006 pola que se convocan axudas para a realización de proxectos de innovación educativa para a incorporación das tecnoloxías da información e a comunicación á educación para o curso 2006-2007 e se aproban as súas bases de concesión".
A Dirección
|
|
| 16 de maio de 2006 |
|
LETRAS
GALEGAS 2006
MANUEL LUGRÍS FREIRE
MÉRCORES 24 DE MAIO
DIURNO
Asistirán a estes actos o alumnado de 6º de primaria dos nosos centros adscritos (CEIP Valle Inclán , CEIP Fonteescura e CEIP Sello de Cabral)
NOCTURNO
-
20:40 HORAS : Grupo de Pandeiretas de Profesorado do IES Ricardo Mella "QUE DIOS CHO PAGUE"
-
21:10 HORAS : Grupo de Teatro "Aula 00", coa obra "A CANTANTE CALVA" de IONESCO.
A DIRECCIÓN
|
|
| 12 de maio de 2006 |
|
A PÁXINA DO IES
RICARDO MELLA DENDE O MÓBIL
Dende hoxe podes visitar a páxina http://centros.edu.xunta.es/iesricardomella/m
dende o teu móbil, se tes conexión GPRS. E se non a tes vai
pensando en cambiar de móbil. :)
Introduce esta dirección en favoritos, no teu
móbil, Poderás dispor en calquera momento de información
importante como: Libros de texto, Exames, Vacacións,
Avaliacións, Fotos, e máis cousas que iremos poñendo nela. As
túas suxestións tamén son benvidas.
Carlos Alonso
|
|
| 4 de maio de 2006 |
|
PROBA LIBRE PARA OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA
Requisitos: Ter cumpridos 18 anos antes do 31 de decembro de 2005
Centro de realización das probas: Centro EPA Artes e Oficios, rúa Marqués de Valterra,
8-1º. Vigo.
A solicitude de matrícula efectuarase na secretaría do centro onde se vaian realizar as probas.
Datas de matrícula:
Proba de xuño : 18 ao 26 de maio, ambos incluídos.
Proba setembro : 1 ao 4 de setembro, ambos incluídos.
Día das probas:
15 DE XUÑO
12 DE SETEMBRO
Resolución
do 18 de abril de 2006 (DOG 3-maio-2006)
A Dirección
|
|
| 25 de abril de 2006 |
|
Real decreto 468/2006, de 21 de abril, polo que se establecen os umbrais de renda e patrimonio familiar e as cuantías das becas e axudas ao estudio do Ministerio de Educación e Ciencia para o curso 2006-2007.
Real
Decreto 468/2006 (BOE 22-abril-2006)
A Dirección
|
|
| 25 de abril de 2006 |
|
Convocatoria de prazas e axudas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos de ensinanzas postobrigatorias non universitarias e de réxime especial, no próximo ano académico 2006-2007.
Orde do
1 de abril de 2006
(DOG 24-abril-2006)
A Dirección
|
|
| 24 de abril de 2006 |
|
Axudas para a
adquisición de ordenadores:
A orde do 30 de marzo de 2006
(DOG 21-abril-2006) establece as bases que rexen as axudas ao alumnado de niveis non universitarios para a adquisición dun ordenador persoal durante o ano 2006.
Destinatarios.
Poderán solicitar as axudas os pais, nais ou titores legais do alumnado que reúna os seguintes requisitos:
a) Estar matriculado/a no ano escolar 2005-2006 nun centro educativo sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia e nun dos seguintes cursos: quinto ou sexto de educación primaria; primeiro ou segundo de educación secundaria obrigatoria.
b) Adquirir ou ter adquirido un ordenador persoal de primeira man, de sobremesa ou portátil, no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2006.
c) Ser o único membro da unidade familiar para o cal se solicita a axuda.
Para calquera consulta poñerse en contacto coa
dirección do centro.
A Dirección
|
|
|
|
| 16 de febreiro de 2006 |
|
Vacinación Meninxite:
Seguindo o plan posto en marcha pola Consellería de Sanidade, vaise levar a cabo unha CAMPAÑA EXTRAORDINARIA DE VACINACIÓN ANTIMENINGOCÓCICA C DESTINADA
Á POBOACIÓN DE 13 A 25 ANOS DE IDADE.
No IES Ricardo Mella vaise levar a acabo os días 13 e 16 de marzo de 2006 por persoal sanitario do
CENTRO DE SAUDE DE SARDOMA.
A Dirección do centro fará un calendario para cada un dos cursos do centro.
|
|
|
|
| 15 de febreiro de 2006 |
|
Empieza la Séptima edición
de ¡A Navegar!
Estimados amigos /
estimadas amigas,
Tenemos la satisfacción de anunciaros el comienzo de la 7ª
edición de ¡A Navegar!.
Como muchos de vosotros ya sabréis, éste es un programa
dirigido a los alumnos de quinto y sexto de Primaria, Secundaria
y Bachillerato, así como a estudiantes de Ciclos Formativos de
Grado Medio.
Este año, el Certamen se presenta con muchas novedades y con
nuevas modalidades que hacen la participación mucho más fácil
en función de los centros de interés de cada profesor y de sus
posibilidades tecnológicas:
- Una vez más, se convoca el concurso de trabajos curriculares
en formato de página web. ¡A Navegar! ha aglutinado, en sus
ediciones anteriores, a más de 1.000 centros representados por
más de 4.000 grupos de alumnos y sus respectivos trabajos.
- Con la nueva herramienta BITÁGORA
perseguimos sacar partido a las posibilidades del nuevo formato
de publicación en Internet: las bitácoras. Con Bitágora podéis
elaborar vuestro proyecto de investigación, intercambio y
aprendizaje. Una completa propuesta metodológica se encuentra
disponible en la página de la herramienta.
- Finalmente, aquellos profesores que realizan propuestas
metodológicas propias usando las nuevas tecnologías pueden
presentar su unidad didáctica a la modalidad “EXPERIENCIAS”
y ver premiada y publicada su iniciativa.
A Navegar publica periódicamente material didáctico en forma
de boletines y actividades varias dirigido a los/las alumnos/as
y a los/las profesores/as, cuyo objeto es proporcionar la
información y los contenidos técnicos necesarios para crear
vuestro espacio web. Y, en caso de dudas o problemáticas
individuales, el programa pone a disposición un teléfono de
consulta y ayuda: el 902 360 443. A través de
este número se pueden resolver los escollos técnicos que el
proyecto presente, y también los temas metodológicos.
Estos años de andadura han mostrado que la experiencia es
altamente gratificante, tanto para los/las profesores/as en el
trabajo del currículo, como para sus alumnos/as por tratarse de
una propuesta motivadora. Por ello, os proponemos visitar
nuestra nueva página web www.educared.net/aprende/anavegar7
y descubrir todo lo que tenemos preparado...
La fecha límite para realizar la inscripción es el día 24
de marzo del 2006.
Un saludo,
El equipo de animación de ¡A Navegar!
e-mail: animacion@educared.net
|
|
| 12 de xaneiro de 2006 |
|
Lei contra o
tabaquismo
Á atención da comunidade educativa do IES
Ricardo Mella.
Segundo a Lei
28/2005 de 26 de decembro de 2005 de medidas sanitarias
fronte ó tabaquismo... prohíbese totalmente fumar nos centros
docentes e formativos, independentemente da idade do alumnado e
do tipo de ensinanza. (Artigo 7, apartado D)
A Dirección
|
|
|
|
| 22 de decembro de 2005 |
Publícase esta nova páxina web do IES
Ricardo Mella. Nace coa intención de que participen nela
tódolos estamentos do Centro, que sexa útil e que sexa
atractiva para quen a visite. É un escaparate do noso
Instituto. Oxalá transmitamos entre todos o inmenso traballo
educativo que alumnos, pais, persoal non docente e profesores
levamos acabo día a día. Se queres podes enviar as noticias
referentes ó noso Centro que che parezan oportunas a
Carlos Alonso, encargado da páxina web
|
|
|