Atrás Arriba Seguinte

Normaliz. Ling.

IES Río Cabe

Equipo de Normalización Lingüística do IES Río Cabe

¿Por que un Equipo de Normalización Lingüística?

Os Equipos de Normalización Lingüística creáronse para dar resposta á necesidade de garantir que ó remate dos ciclos en que o ensino galego é obrigatorio, o alumnado adquira unha boa competencia neste, nos seus niveis oral e escrito, en igualdade co castelán.
(Art. 14.3. da Lei 3/1983 de Normalización lingüística)


Para conseguir este obxectivo trataranse de adoptar medidas de actuación positiva dirixidas á promoción da lingua galega e, así mesmo, elaborar unha planificación na que se contemple o emprego das dúas linguas como vehiculares.
O Equipo de Normalización Lingüística encargarase pois de elaborar e propoñer as medidas que o centro precise, tendo en conta a diagnose lingüística feita no PEC, para fomentar a presenza social do galego e eliminar os prexuízos lingüísticos que aínda persisten sobre el.