IES Río Cabe

Grupo de Teatro

O grupo de teatro IES Río Cabe participa cada ano no Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino organizado polo Concello de Monforte.

A coordenadora do grupo é Consuelo Rodríguez Prieto, xefa do Departamento de Orientación.

Habitualmente as obras son dirixidas porJouse García, integrante da compañía de teatro Novedous.

No curso 2004-05 a obra presentada a este certame foi A Traxedia de Edipo, que tivo grande acollida entre o público adulto pero que resultou demasiado complicada para o alumnado.

Ver a crítica da Voz de Galicia do 8-05-05

Ver o díptico da obra.

Ver as fotos da representación na casa da cultura de Monforte o 6-05-05.