Canción do solpor sobre o río

Unha franxa de auga exposta ó solpor.
A metade do río esmeralda, a outra metade vermella.
Encántame a terceira noite do noveno mes.
As perlas de orballo, o arco da lúa.

Bai Juyi (772-846)