Non podemos rematar este breve repaso á obra de Verne sen deixar constancia da falta de escrúpulos co que traductores e editores entran a saco na súa producción literaria. A pesares das moitas traduccións, resulta difícil atopar unha rigorosa coa obra orixinal: atopamos resumos, ampliacións, mutilacións arbitrarias ou traduccións descoidadas que ninguén houbera admitido noutro autor. O feito de seren considerado polas editoriais como escritor para xoves motiva precisamente esta falta de respecto pola súa obra.

Igualmente acontece coas versións cinematográficas que tanto popularizaron aos seu heroes. A maioría das versións modernas levan o cuño da multinacional Disney e son produccións para o consumo que falsean a mensaxe de Verne, convertendo o enigma da súa obra nunha sucesión de peripecias onde, o que era misterio e poesía, está reducido a un vulgar melodramatismo.

Extracto de Jules Verne o el sueño de la aventura. Manuel Otero Toral.