|
Elena, antiga prometida do capitán Fabián Mac Elwin, viaxa no transatlántico Great Eastern, con destino á cidade norteamericana de Nova York, xunto ao seu marido, Enrique Drake, a quen detesta. A bordo atópase Fabián, que sen sospeitalo, encontra á muller que ama e descobre que a súa vida perdeu o sentido. A casualidade fai que ambos os homes se atopen e se enfronten nun duelo que terá un desenlace inesperado. |