RESUMO

Miguel Strogoff é, en realidade, un axente secreto do zar de Rusia. A súa misión é levar unha importantísima mensaxe ata o outro extremo do imperio, sacudido nesa época por levantamentos e guerras, espías e ameazas. O lector vivirá con el todo tipo de aventuras e emocións: a loita cun oso siberiano, as tormentas, a prisión, a tortura...e o amor de Nadia, a rapaza que permanecerá sempre ao seu carón.