 |
Son varios os temas que se repiten dun xeito obsesivo na obra de Verne conformando un simbolismo inconfundible da súa visión do mundo. citaremos moi brevemente algúns dos máis significativos:
O mar e a aventura.
As veces o centro da acción e outras o trasfondo, son poucas as novelas onde falte a súa presencia. A viaxe mariña como proceso de iniciación é omnipresente na novelística verniana
. “O mar é todo...o seu hálito é puro e sonoro. É un inmenso deserto onde o home non está só. É o vehículo dunha prodixiosa existencia, é o infinito vivo.”
As illas, as covas: unha espeleoloxía do espírito.
Atopamos unha obsesiva presencia de espacios insulares, reais ou ficticios, lugares solitarios e remotos onde o heroe se refuxia. Sorprende tamén a profusión de grutas, covas, túneles, abismos mariños e terrestres, escuros subterráneos que defenden aos heroes das agresións exteriores. Verne reflicte nos seus personaxes o seu permanente empeño de illamento do entorno social. |
A ausencia de temática amorosa.
Sorprende en Verne a irrelevancia dos personaxes femininos, o limitado papel que destina as relacións amorosas na súa obra. O escritor era consciente dese vacío e parece que chegou a confesar unha gran incapacidade para a expresión do sentimento amoroso.
Extracto de Jules Verne o el sueño de la aventura. Manuel Otero Toral. |