A ARTE E A MULLER EN ÁFRICA
A ARTE E A MULLER EN ÁFRICA
A ARTE E A MULLER EN ÁFRICA
A ARTE E A MULLER EN ÁFRICA
A ARTE E A MULLER EN ÁFRICA
 

As obras de arte da África subsahariana non reflicten a visión persoal do artista, senón o sentir da comunidade. Son froitos da creación colectiva. Obras de todos, obras de ninguén, rara vez se exhiben en pé de igualdade coas obras dos creadores que se consideran dignos dese nome. Non obstante, a influencia da arte africana en moitos pintores e escultores famosos é innegable.


 

Propoñémosche un xogo:

¿Cal das obras enmaracadas máis abaixo por parellas é dun autor occidental famoso e cal pode considerarse como arte tribal?
¿Quen influiu en quen?

Para coñecer a autoría das obras deixa o cursor sobre cada obra


Máscara luba. Congo
Luz de lúa. A. Calder

Cabeza tallada. Modigliani
Máscara Gabón

Escultura. A. Giacometti
Figura muller e neno Malí

Grafías. Paul Klee


Textil africano

textil africano


 

 

Seguramente coñecedes a Miquel Barceló. É un pintor mallorquino que pasa longas tempadas en Malí. Consecuentemente, a muller africana ocupa un lugar moi importante na súa obra. Foi premiado co premio Príncipe de Asturias.


http://www.paolocurti.com/barcelo/barcelo.htm

 

Hai unha curiosa tradición entre o pobo Nbedele. As mulleres pintan as súas casas para celebrar acontecementos importantes nas súas vidas ou para mostrar estados de ánimo. É unha tradición transmitida de nais a fillas. Francina Ndimande é o máximo expoñente.

En cada imaxe hai un enlace interesante


 

 

Unha das figuras máis interesantes e con máis proxección internacional no mundo da creatividade artística é a interesante e polifacética deseñadora senegalesa Oumou Sy. Loitadora polas liberdades no seu país, inaugurou un dos primeiros cibercafés As súas coleccións son espectaculares.

http://www.griot.de/exoumousy.html

 

 

¿Que fan os xoves pintores e pintoras africanos?.

Aquí tendes unha pequena mostra dunha escola de arte en Sudáfrica

 

Fai clic na imaxe

 


A representación da muller africana
na arte da África rural

Os artistas e artesáns da África rural reflicten nas súas obras momentos importantes na vida da comunidade. As seguintes imaxes dannos información sobre a vida da muller na África rural.



Esta sección foi elaborada
polas alumnas de 4º A:

Andrea Calvo Rey
Alba García Vázquez
Sara González Gómez
Fátima Gago López



   

Momentos clave na vida:
Recén nacido. Talla de fertilidade

Os papeis dunha muller africana son os de portadora de vida e fonte de futuras xeracións. Para unha muller africana nunha comunidade rural, a maneira de triunfar na vida é a súa habilidade para parir moitos fillos. Estes manterán ós seus pais cando sexan maiores. Gran parte da arte africana vai dirixido a alentar a fertilidade da muller. Fai clic na imaxe

Momentos clave na vida:
Infancia. Boneca

Como en todo o mundo, os nenos e as nenas africanos xogan con xoguetes que axudan a visualizar o seu labor de adultos. As nenas poderán vestir ás bonecas , darlles de comer e metelas na cama pola noite. A figura tallada recibe o nome de “biiga” (neno), pero representa a unha muller adulta con peitos e un elaborado peiteado: A boneca representa a muller que a nena agarda ser algún día. Fai clic na imaxe

Momentos clave na vida:
Máscara de cerimonia de iniciación

Tódolos xoves pasan por unha iniciación. Para as mulleres esta etapa significa o comezo da vida adulta, instruíndoas en técnicas de coidado de nenos, cociña, comercio e educación sexual. É especialmente importante a transmisión de coñecementos sobre medicinas curativas e sobre o mundo dos espíritos. Fai clic na imaxe

Momentos clave na vida:
Matrimonio. Recipientes matrimoniais

A unha muller Woyo xove, entréganselle un conxunto de tapas de potas talladas pola súa nai cando casa e se traslada á casa do seu marido. Cada tapa está tallada con imaxes que ilustran refráns. Se a muller non é feliz, serve a cea do home nun recipiente que está cuberto cunha tapa decorada co refrán axeitado. Ela pode facer as súas queixas públicas usando unha tapa semellante cando seu home invita amigos a casa. Fai clic na imaxe


Momentos clave na vida:
Anciáns. Cullerón cerimonial

O respecto que conseguen os homes e mulleres que lograron posicións importantes e levaron unha vida honorable, faise visible entre os pobos africanos. En Liberia, por exemplo, temos os grandes culleróns de madeira coñecidos como wunkirmian. A culler leva un retrato idealizado da dona como unha muller nova, no momento en que ela comezou o seu papel como nai e esposa. As culleres tállanse para as que son recoñecidas por outras mulleres como as persoas máis hospitalarias da comunidade. Fai clic na imaxe