G A L E R Í A
D E
F O T O S
En contraste coa vida nas cidades, encontramos a África rural, coas súas innumerables tradicións, linguas, costumes e pobos. Un deles son os Himba, que viven ó norte de Namibia e conservan tradicións antiquísimas. Son pastores nómades que cobren os seus corpos e cabelos cunha mestura de graxa e arxila para protexerse dos rigores do sol. As mulleres están sempre, como no resto da África rural, rodeadas dos nenos pequenos, xogando con eles durante horas interminables. Os nenos e as nenas son, en xeral, extremadamente robustos e espertos.
|
||
|
Unha das máis sutís e perniciosas herdanzas do colonialismo branco son os procesos de aculturación: a perda dos valores culturais propios que son substituídos polos modelos que os propios africanos inconscientemente perciben como superiores.
|
||
As distancias percorridas polas mulleres e, sobre todo, o peso que deben cargar de cotío, ás veces, trae graves consecuencias para a súa saúde, especialmente, durante a adolescencia ou períodos de embarazo.
|
||
| O adorno corporal e a indumentaria das mulleres son manifestacións altamente sofisticadas na maioría das culturas africanas. A miúdo incorporan complexos sistemas simbólicos e un sentido da estética moi depurado. Cualificadas de “artesanais” ou ”étnicas”, estas manifestacións non son suficientemente valoradas a pesar da súa influenza en outras culturas.
|
||
|
Unha curiosidade: a finais da estación das chuvias os homes do pobo Wodaabe organizan unha celebración esperada durante todo o ano: a danza da seducción. Maquíllanse durante horas para bailaren diante das mulleres. Os ollos, os dentes son os trazos máis valorados, por eso os mostran constantemente. Tamén se valora a personalidade e o encanto persoal. Durante eses días as mulleres elixen marido ou amante. Durante a celebración todo está permitido.
|