1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

BREVE
GLOSA
RIO
DE TERMOS
UTILIZADOS
Ó DESCRIBIR
A SITUACIÓN
DA MULLER
EN SOCIEDADES
EN VÍAS DE
DESENVOLVEMENTO

Análise de xénero
É un proceso que permite analizar a diferenciación entre homes e mulleres: as súas diferentes responsabilidades, coñecementos, recursos, problemas e necesidades, co propósito de planificar os proxectos para países en vías de desenvolvemento con eficiencia e equidade.

Invisibilización da muller
Desvalorización que fai a sociedade das actividades realizadas polas mulleres. Un bo exemplo é o concepto que a sociedade ten dos oficios domésticos e do traballo reproductivo.

Empoderamento (ing. empowering)
Termo que aparece con frecuencia ó analizar sociedades ou grupos de individuos en situación de vulnerabilidade.
O empoderamento é un proceso que posibilita a estas persoas ou grupos de poboación con pouco ou nulo poder de decisión, gañar un control crecente sobre as súas vidas. No caso das mulleres é un proceso complexo pero necesario para acceder ó “poder” e a influencia social nas súas comunidades.
O obxectivo final dos procesos de empoderamento da muller africana sería, entre outros, que elas non só se beneficiasen dos programas de desenvolvemento, senón que participasen na xestión e planificación dos mesmos.

Microfinanzas
Son préstamos pequenos que permiten ás persoas que non teñen as garantías reais esixidas pola banca convencional, iniciar ou aumentar os seus negocios familiares e incrementar os seus ingresos. Non está baseado en requisitos bancarios habituais, senón na confianza mutua e a responsabilidade.
Este sistema úsase en moitos proxectos en países do Terceiro Mundo para permitir saír da pobreza a persoas que xamais terían dereito a un préstamo “normal”. As primeiras experiencias con este tipo de préstamos tiveron lugar na India.

Misoxinia
Actitude de odio ou desprezo ás mulleres polo solo feito de selo.

Sociedades patriarcais
Sociedades baseadas na dominación dos homes sobre as mulleres.

Traballo reproductivo
Comprende as actividades relacionadas coa reproducción biolóxica, ademais das que correspondan ó coidado da familia: saúde, alimentación, hixiene. Ademais da atención de persoas maiores ou enfermos. Estas tarefas son asignadas xeralmente ás mulleres. Dentro do esquema tradicional de xénero que predomina nas sociedades patriarcais, estas actividades adóitanse considerar prohibidas para os homes.

Vulnerabilidade
Situación na que a subsistencia dunha persoa ou grupo de persoas corre perigo debido a factores e tendencias fóra do seu control

Xénero
Os xéneros son os grupos construídos historicamente a partires das características sexuais dos seres humanos. O problema é que ós individuos se lles asigne un complicado conxunto de roles diferenciais que determinan en cada época, sociedade e cultura os contidos específicos de ser home ou muller.