
PREFERENCIA
POLOS FILLOS VARÓNS:
Existe o sentimento
xeneralizado de que sen un fillo, ninguén poderá transmitir
o nome da familia.
O nacemento dunha
nena non se considera valioso.
Non se ten en conta
ás mulleres nin ás nenas nas reparticións de herdanza,
que sempre vai parar ós descendentes varóns.
As
mulleres non teñen ningún control sobre o número
de fillos que desexan ter. O marido e os familiares deciden. É
un feito demostrado que cando as mulleres son libres para determinaren
o número e o momento de ter fillos, decae a taxa de nacementos,
os nenos críanse máis saudables porque poden ser educados
mellor e a muller dispón de máis tempo, beneficiándose
toda a familia.
Ó seren consideradas
inferiores as mulleres son cidadás de segunda clase. Son obrigadas
a abandonar o sistema educativo a unha idade na que aínda son
moi novas. As leis non as protexen.
Ó seren consideradas
inferiores, as nenas son socializadas desde pequenas no medio de tabús
relixiosos, culturais e sociais que, posteriormente, lles farán
asumir como naturais situacións de subordinación e mesmo
de opresión.