Lucía González Gómez. Nº 18. 1ºA

Shin-Chan

Eu vou falar sobre unha serie de televisión galega, chamada Shin Chan.

Shin Chan é o protagonista absoluto desta serie. Sabe gañar tódalas batallas verbais e ten un sentido do humor bastante especial.

Adora as aventuras do “Ultraheroe”, pelexarse todo o día coa súa nai Misae e considera os compañeiros igual ca o seu can Nevado. Shin Chan é un rapaz extrovertido e gracioso fora do normal. Non lle gusta nada o pemento nin facer recados, pero gústalle moito o xeado, galletas e provocar o exercito Escarlata, un exército de tres rapazas, tamén lle gusta xogar cos suxeitadores da súa nai e coas braguiñas e facer bailes como o da trompa ou o do cuíño.

A familia Nohara é unha familia normal xa que deixan ó seu can coa veciña para ir de vacacións, ven a tele xuntos, …Calquera cousa que nós e as nosas familias facemos. Por outra parte non son tan normais porque sempre están a berros, pero cando os pais se pelexan, Shin Chan sempre o soluciona todo con un pouco de ternura.

 

Hiroshi é o pai da familia. Comparte a tolería de Shin Chan polas rapazas, pero é un bo home. Ten 35 anos. É oficinista e o seu problema e a calvicie e que lle cheiran os pés. Case sempre, pola noite, vai de copas co seu amigo Kawawuchi e despois bérralle Misae porque chega borracho.

 

Misae é a nai do pequeno-demo, ama de casa, encárgase de levar a Shin Chan ao colexio cando perde o autobús. Encántanlle as rebaixas. Ten moi mal xenio e estreñimento. Ten 29 anos.

 

 

Himawari é a irmá de Shin Chan e a máis pequena da familia Nohara. Só ten 5 meses e xa sabe gatear.É unha rapaza moi parecida a Shin Chan, gústanlle os rapaces guapos e as cousas que brillan.Todo o que ve Himawari, escóndeo na súa almofada que ten sempre chea de cousas.

 

 

Nevado é o can da familia Nohara.É máis listo do que parece.É tranquilo e comformista, e coñece moi ben as argalladas de Shin Chan.

 

Shin Chan ten moitos amigos, pero non sei como o aturan.

 

Kazama é o mais listo dos xirasois, sempre vai ben arreglado e é moi educado, todo o contrario de Shin Chan, por iso cando Kazama ten a Shin Chan preto xa teme o peor.Kazama é un neno que toda nai quixera ter pero tivo a mala sorte de cruzarse no camiño de Shin Chan.

 

Nene é unha nena normal e corrente. É a típica nena da súa idade. Gústalle xogar ás casiñas e con bonetas como calquera outra nena e aínda que sempre está preto de Shin Chan non se deixa influenciar moito por el, secadra ao contrario xa que Shin Chan acaba xogando ao que ela quere.

 

 

Masao é un neno moi sinxelo con aspecto de monxe por mor da súa cabeza rapada.Non é moi activo e ten unha facilidade asombrosa para botarse a chorar por calquera cousa. Masao é o neno débil e chorón do grupo.

 

 

Bhochan é o neno lento da clase aínda que non tonto, xa que cando ninguén o espera,solta un comentario enxeñoso que ninguén diría que saíu da súa boca, xa que case nunca fala. Cun moco colgando do nariz segue a Shin Chan e ao resto dos seus amigos.

 

Shin Chan e os seus amigos e mais a súa irmá forman o exército de Kasukabe. É un exercito que fai cousas boas, como defender a persoas e amimais indefensos. Tamén se solidariza con outras persoas e axúdanlles a resolver os seus problemas. Bhochan sempre queda a gardar da base (a casa da señorita Yoshinaga). Nene vai a onde lle digan porque ten moi bo corazón e gustalle axudar a xente, igual que Himawari que se lle dan unha cousa brillante vai a onde queiran. Masao, sempre que fan algunha cousa demasiado atrevida para el ponse a chorar. Por último, e non menos importante. Toru Kazama que é de algunha maneira o xefe da banda porque é moi responsable.

 

Shin Chan é unha serie moi divertida, aínda que pon que é para maiores de 13 anos eu a vexo.A nai de Shin Chan é un pouco histérica con el, porque non arromba os xoguetes, non é educado…cando quere, Shin Chan é un anxo.

Nesta serie vexo que os homes son mais irresponsables cás mulleres, é tamen que os homes non saben facer a comida…

 

Shin Chan sempre esta facendo trasnadas, nun capítulo, comezou a pintar as paredes cunha pintura, noutro preparouse el mesmo a comida e deixou todo ciscado polo chan…

 

 

A nai sempre lle esta pegando a Shin Chan, e berra moito con todos.Ten un carácter moi negativo e sempre está nos sitios onde hai rebaixas.