Teresa García Blanco Nº 14.

Isa González García Nº 17.

1º A


Shin-Chan é un neno xaponés de 5 anos, vai ao xardín de infancia, gústanlle os debuxos animados de Ultra Heroe e as galletas de chocolate, un neno coma calquera outro ¿ou non?. Desde logo que non, Shin-Chan é un auténtico terremoto, ligón, descarado, groseiro, maleducado... e non para de meterse en líos.

O seu creador é debuxante Yoshito Usui deulle vida hai xa máis de 10 anos e comezou sindo un cómic que despois se converterá na serie de debuxos animados que xa coñeces. Os debuxos son un poco toscos, sobre todo se os comparamos con outras animacións manga, aunque en realidade ¿faille falta?, ao fin e ao cabo os protagonistas son persoas correntes. A familia Noara é a típica familia de clase media de Xapón e aparte dos continuos líos nos que se mete Shin-Chan son moi normais.

A serie segue tendo moito éxito no seu país de orixe e seguen emitíndose novos capítulos. Levan xa máis de 370 episodios e continúan a un ritmo de un por semana. Ou sexa que temos Shin-Chan para rato. Ademais da serie Shin-Chan tamén é oprotagonista de varias películas, e hai prevista unha nova película que se estreará este ano.

Himawari: Os pais de Shin-Chan deberon de pensalo mellor antes de darlle unha irmá a Shin-Chan. Ao principio da serie Shin-Chan era fillo único ata que Misae quedou preñada e entón naceu a pequena Himawari. Non é máis que un bebé pero xa é outro trasto coma seu irman e cada día parécese máis a el. Gústanlle os rapaces guapos, as cousas brillantes e as xoias, pero as xoias boas, as malas non as quere, así que Misae ten que deixar que xogue co seu carísimo colar de 53.000 iens, pero como Himawari non é máis ca un bebé acábao escondendo ou pérdeo, para gran disgusto de Misae que iso do diñeiro o mira moito. Unha vez escondeuno na taza do váter e Shin-Chan tirou da cadea antes de saber que o colar estaba alí.


 Misae: a nai. A típica ama da casa que se pasa o día facendo as tarefas domésticas, cotilleando coas veciñas (cousa que lle encanta) e coidando dos nenos, como é a que pasa máis tempo con eles, é o branco de case todas as ocorrencias de Shin-Chan. É moi presumida e só se compra roupa de marca. Sempre está preocupada porque lle caiba a roupa así que se propón facer dieta, pero logo non o cumpre. Shin-Chan tamén lle chama"o monstro da sesta" porque pasa moito tempo durmindo. Gústalle ir de compras pero como sempre lle escatima o diñeiro a Hiroshi ten que esconder as cousas caras que compra e subornar a Shin-Chan con galletas de chocolate para que non se decate.Encántanlle cousas como reunir puntos para conseguir agasallos e é capaz de case todo por un agasallo.

 

Hiroshi: O pai. Shin-Chan sempre recorda que aínda lle quedan por pagar 32 años de hipoteca, así que ten que traballar moito para pagala e manter a familia. Gústalle xogar ao golf e gustaríalle que Misae lle subíra a súa paga persoal pero xa sabemos que Misae é unha muller moi dura que non dá o seu brazo a torcer e menos aínda por diñeiro. Vai mal afeitado e a Himawari non lle gusta que lle dea bicos porque a pincha. Discute moito con Misae aínda que a maioría das veces pásalle por deixarse levar

 

Kazama:compañeiro e amigo de Shin-Chan. É un espabilado e un estirado que non perde a oportunidade de presumir por calquera cosa. Shin-Chan ten a manía de soprarlle na orella e eso fastídiao moitisimo. Soe ir a unha academia de inglés polas tardes pero non quere que os seus compañeiros da academia se enteiren de que é amigo de Shin-Chan porque sempre o fai quedar mal.


Nene:Unica nena do grupo, gústalle aparentar que é unha nena doce e de bo carácter; en realidade ten moi mal xenio e é unha rancorosa. O que máis lle gusta é xogar a nais e a pais con seus amigos pero a eles non lles gusta porque o fai moi realista, ao que lle toca facer de pai mándalle facer de home maior, cun traballo sen futuro e mal pagado.

 

Masao.outro dos amigos de Shin-Chan do parvulario.É un neno doce tamén moi sensible, demasiado sensible e en seguida chora por cualquera cousa. Nena sempre consegue que xogue con ela aos papás e ás mamás pero a ela non lle gusta e ao final acábanse divorciando.

 

Bo-Chan. É un neno moi tranquilo, sobre todo se o comparamos co enérxicos que son Shin-Chan, Nene e Masao, e seguramente non se metería en líos se non fora por eles. Fala despacio e moi pouco, aínda que cando o fai demostra ser o máis xuicioso do grupo. Non debe saber o que
é un pano porque sempre lle colga un xigante moco do nariz.

 

Shin chan , Nene , Kazama , Masao e Bo chan forman o exército de KASUKABE; a súa base secreta está na casa da señorita Ioshinaga que é a súa profesora. Eles reúnense algún día e van pola cidade vendo e resolvendo ao instante os problemas de cada quen e pásano moi ben, aunque Shin chan soe meter a pata algunha vez.

Nevado: é o can da familia Noara, unha monada de can que ten o aspecto dun moneco de neve, de aí o seu nome. Non só ten que soportar as ocorrenzas de Shin Chan, que non son poucas e as do resto da familia, se non que ademais sempre se esquecen de darlle a comida ou de metelo na casa cando vai mal tempo, así pasa moitas veces. Pero é moi intelixente e coida dos demais.