Alejandra Balboa Rodríguez

Laura Lamoso Fontán

Ana María Martínez Solla

1º A - ESO

SINCHAN 

 

 

Imos falar dunha serie de debuxos animados que están a poñer na televisión galega. A serie titúlase SINCHAN e son uns debuxos xaponeses. Os personaxes principais forman unha familia: o pai Hirosi, a nai Misae, o rapaz de 5 anos chamado Shinchan, a súa irmá Himaware e o can chamado Nevado. Despois hai máis personaxes como os amigos de Sinchan, as profesoras, os avós e as avoas, os tíos, as veciñas, etc.

 

Hirosi (pai)Misae (nai)Himawari (irmá)

O protagonista Sinchán é un rapaz moi inquieto que sempre fai moitas trastadas. Os seus pais sempre o están a castigar, rífanlle e tamén lle dan algunha palmetada. Para ter 5 anos é un rapaz un pouco especial, fai cousas dun neno máis vello. Gústanlle as rapazas, métese coas profesoras e tamén coa súa nai. Dille que está moi boa e sóltalle piropos e asubíos.

 

Nos episodios de Sinchan a súa nai dedícase a facer as faenas da casa, a comida, as compras e a cuidar ós rapaces, levalos ó colexio, ó médico, ó parque, etc.. É moi afeccionada ás compras, cando hai rebaixas ou ofertas compra moitas cousas que ás veces nin lle fan falla. Ela é a que máis tempo está cos nenos e, polo tanto, é a que está máis pendente da súa educación. Pero, a súa nai ten pouca paciencia con el, ponse moi nerviosa, grita moito e sempre o está castigando e pegando ó rapaz.

 

O pai pasa todo o día traballando fóra da casa, cando chega está cansado e ás veces un pouco bébedo e non ten ganas de aguantar ós seus fillos. Sempre está fumando e mirando a tódalas mozas menos a súa muller. Así o seu fillo copia del e tamén é un rapaz que sempre está a perseguir ás mozas, incluso as súas profesoras porque lle parecen moi guapas, simpáticas e boas. Os rapaces e as nenas non deixan de pelexar por parvadas, e sempre están enfadados uns cos outros.

 

Bunchan (amigo de Sinchan)Masao (amigo de Sinchan)

 

Cando a familia vai a calquera sitio os homes tratan moi mal ás mozas porque nont eñen respecto ningún cara elas. As mozas ás veces péganlles bofetadas ou puñetazos, outras insúltanos.

Nun capítulo de Shinchan, este tiña unha perna rota e sempre dicía que lle doía para non ter que ir ó colexio. Así non podia facer nada só ver a tele e comer galletas de chocolate. Entón a nai estaba xa cansa de facerlle todo, de levarlle a merenda, de acenderlle a tele, de levarlle contos e xoguetes, etc. Un día a nai díxolle a Shinchan que a súa profesora estaba na porta en biquini e que viña velo, entón o rapaz empezou a correr cara a porta, pero era mentira, a súa profesora non estaba alí, pero así a nai deuse conta de que estaba facendo que non podia andar para que lle fixeran todo.

Ás veces é unha serie divertida sobre todo polas cancións e por algunhas cousas que fai o rapaz, pero a nos parécenos unha familia un pouco rara. Shinchan e o seu pai son moi vagos e egoístas,o neno é bastante maleducado e fai cousas que non creemos que faga un rapaz de 5 anos, a súa nai e moi chillona e non educa ben ós seus fillos. Son malos ata co pobre can que pasan os días e non lle dan de comer nin o sacan a pasear, trátano moi mal.