
Noelia García, 1º A
Lucía Carreira, 1º A
A VISIÓN DA MULLER NA SERIE
Os debuxos de Shin-Chan non son moi axeitados para os nenos, porque neles hai moita violencia .Os homes maltratan ás mulleres psicoloxicamente, e as mulleres ós homes física e psicoloxicamente , e o máis importante a nai tamén lle pega a Shin-Chan.
Se Shin-Chan pórtase mal a nai dálle croques ata que non pode máis. E cando as mulleres din que están cansadas, os homes din que non pode ser para tanto, porque na casa non hai case nada que facer e que coidalos fillos non é tanto traballo.
No caso das rapazas sempre hai que xogar ó que elas din e se non o fan, como son unhas manipuladoras, elas enfádanse moito e algunhas veces péganlles ós rapaces.
As mulleres saen representadas de dúas formas:
As solteiras moi guapas, en cambio, as casadas aparecen moi feas e berronas, por este motivo os homes e os nenos van detrás das solteiras, e as casadas como non van ser menos van detrás dos rapaces novos.
As mulleres sempre están competindo entre elas por ver quen ten as tetas e o cu máis grandes e ver quen é a máis guapa. Mentres, os homes estánse a emborrachar, e cando chegan á casa as mulleres enfadadas bótanlles as culpas de todo e empezan a pelexar por calquera cousa, e o final quen leva as culpas é Shin-Chan.