Alba Fiúza Fernández 1º ESO A

                            

          

Shin-Chan: é un neno xaponés de 5 anos, creado polo debuxante Yoshito Usui. Vai ó xardín de infancia, gústanlle os debuxos animados de Ultra Heroe, debuxar, as  mozas guapas e as galletas de chocolate. E un auténtico terremoto, ligón, descarado, groseiro, maleducado... e non para de meterse en líos. A el gustalle disfrazarse co   suxeitador e as bragas de Misae, de Ultra Heroe, mosca… 

                 

Himawari: os pais de Shin-Chan deberon de pensalo  millor antes de darlle unha irmá pequena a Shin-Chan. O principio da serie Shin-Chan era fillo único ata que Misae quedou embarazada e entón naceu a pequena Himawari. Non é máis ca  un bebé pero xa é outro trasno coma o seu irmán e cada día  parécese máis a el:  gústanlle os rapaces guapos, as cousas brillantes e as xoias.

 

Misae: é a nai. A típica ama da casa que pasa o día facendo as tarefas domésticas, dándolle a lingua cas veciñas (cousa que lle encanta) e coidando dos nenos.  E moi presumida, gústalle reunir puntos para conseguir regalos, dormir e ir de compras.

 Hiroshi: o pai de Shin-Chan. Este sempre lle recorda que aínda lle quedan por pagar 32 anos de hipoteca, como se non fora xa bastante ter unha hipoteca como para que sempre cho estean botando nos narices, así que ten que traballar moito para pagala e manter á familia.

 

Nevado: é o can dos Noara . A súa familia nunca se acorda de darlle de comer, nin de pasealo e tampouco de metelo dentro da casa cando fai mal tempo. E moi intelixente e coida de todos.

.

Kazama: compañeiro e amigo de Shin-Chan. E un “listillo” e un estirado, que non perde a oportunidade de presumir por calquera cousa. Shin-Chan ten a manía de soplarlle na orella e iso  amólao moitísimo. Soe  ir a unha academia de inglés polas tardes, pero non quere que os seus compañeiros da academia se enteren de que é amigo de Shin-Chan, pois sempre o deixa  quedar mal.

Nene: é a única nena do  grupo;  gústalle aparentar que é unha nena dóce e de bo carácter pero en realidade ten moi mal xenio, e é unha rencorosa. O que máis lle gusta é xogar a papás e mamás cos seus amigos pero  eles non queren xogar a iso, porque o fai moi realista e ó que lle toca o papel de papá sempre o obriga a facer de home maior, con un emprego sen futuro e mal pagado.

Bo-Chan: é un neno moi tranquilo, sobre todo se o comparamos con Shin-Chan. Fala  a modiño e moi pouco, pero cando  o fai demostra ser o máis xuicioso do grupo. Non debe saber o que é un pano das mans, porque sempre lle pinga un grandísimo moco do nariz.

Masao: é outro dos amigos de Shin-Chan no  parvulario. E un neno dóce, e tamén moi sensible, demasiado sensible e en seguida se pon a chorar por cualquera cousa. Nene sempre consigue que xoge con ela a papás e mamás pero a él non lle gusta e á  fin acaban divorciándose.

O director, ou "o mafioso": dirixe o parvulario a donde vai Shin-Chan. Encántanlle  os nenos e é moi amable, pero ten cara dun home perigoso, razón pola que lle puxeron o apodo de "mafioso". A xente que non o coñoce asústase ó velo e cren que realmente é da  mafia ou algo semellante.

A señorita Machuzaka: é unha das mestras do parvulario. Gasta  máis cartos dos que debería en mercar roupa cara, e ó rematar o mes non lle queda diñeiro nin para  comida. Ten moi mal humor, arreláxase moito con Shin-Chan cando el lle di cousas como que vai moi maquillada ou que ten enrugas.

Casucabe, que é onde viven estes rapaces,dá nome a este exército formado por: Shin-Chan, Nevado, Bo-Chan, Kazama, Masao e Nene. Aínda que pronto se unirá HimawariPara decidir a misión que van facer, reúnense na súa base secreta: a casa da mestra da clase dos xirasois.Ela non forma parte do exército, o único que fai é servirlles zume e pastas.Nun capítulo reuníronse na casa da profesora, para decidir quen podía ser o xefe do exército. O final enrabiáronse todos, porque todos eles querían ser xefes; despois de pelexar entre eles,  quedaron en que ningún sería o xefe.Noutro capítulo decidiron facer unha nova base secreta, e para iso colleron cartóns, un pau, cordas, unha  manta e lápices de cores. Despois buscaron un sitio para facer a base e colocaron os cartóns no chan, puxeron a manta enriba do pau, erguérono e coas cordas ataron o pau ás árbores. Finalmente cas cores fixeron un cartel no que poñía: 2ª base do exército de Casucabe. óO cabo duns días a base caeu co aire.

 

A profesora non lle gústa nada que veñan á súa casa, por eso cando chaman ó timbre ela agáchase, pero Shin-Chan  ben sabe que ela está dentro, así que abre a porta, e búscaa, ou senón escóndese, e cando ela abre a porta, entra coma se nada.

A misión que adoitan facer sempre é perseguir a alguén coñecido, como ó director ou ás profesoras. Kazama parece o máis responsable do exército, pero ó final sempre se deixa convencer.A min paréceme que de todos eles, a xefa debería ser Nene, pois é a que máis regaña e a ela todos lle fan caso e téñenlle medo. 

Eu creo que o  que fai a esta serie distinta das demáis é:A forma de ser dun neno de 5 anos, ningún home sabe cociñar, a nai sempre está berrando e sempre cae nas trampas que lle fai Shin-Chan para que lle compre galletas ou algún xoguete, o pai e o fillo sempre están facendolle as beiras a algunha rapariga, as caras que poñen,…    

Aínda que sexa para mais de 13 anos eu véxoa, pois é  unha das miñas series favoritas. O que máis me gusta e Shin-Chan, non porque sexa o protagonista, senon porque é o máis gracioso e simpático.