Helena Caride Miana, 4º A Miriam Caamaño Lago, 4º A |
1.- A SERIE
A serie é unha crítica á sociedade contemporánea. É unha sátira social, que ironiza cos aspectos dos colectivos americanos; empregando os temas de maior actualidade, e mesmo incluíndo personaxes famosos entre os seus debuxos. Trátanse problemas como o machismo, o trato aos anciáns e aos menores, a obesidade, o traballo, a manipulación televisiva, a preocupación pola condición social, o consumismo... e sobre todo, fálanos do núcleo familiar. É unha clara comparanza coa situación social actual, e mediante os personaxes de: Homer, Marge, Bart, Lisa e Maggie, reflíctese unha realidade. Cada personaxe ten unha función moral, un aspecto destacable que define o comportamento humano e as nosas posibles reaccións fronte aos mesmos problemas. Maggie é a indiferenza, Lisa a incomprensión, Bart o egocentrismo, Marge o perfeccionismo e Homer, a inocencia e a vagancia. En xeral, as accións transcorren nun ambiente machista ironizado que se entende normal. As tramas soen ser o divertido da serie, pero o final é a parte de maior contido moral. Pois é cando un se decata da mensaxe que quere transmitir ao espectador, que é a do cambio. Ridiculízanse tanto os personaxes como tentando transmitir que se todo segue igual, ti poderás converterte nun deles. Céntrase sobre todo nos aspectos negativos para fortalecer en nós unha mentalidade transitoria, que favoreza o cambio social. Ben é certo, que algúns dos centos de millóns de espectadores que visualicen a serie de animación, quizais nunca se dean de conta de que están sendo reflectidos nela... pero o certo é que este debuxos para adultos, caracterízanse pola súa claridade de ideas. 2.-CARACTERÍSTICAS XERAIS DAS MULLERES
Na serie, o papel da muller, a parte de ser imprescindible, preséntase, á vez, cunhas características máis ou menos comúns a todas elas, entre as que destacan, entre outras, o seu poder de decisión. Na maioría dos casos, son ideas das mulleres as que se impoñen, non necesariamente por seren boas, senón por escaseza de outras opinións, xa que os homes non soen propoñer alternativa ningunha (déixanse gobernar). Esta cualidade da muller vese ensombrecida na serie polo seu carácter de lingoreteira, descarado e reprimido. Así como a súa capacidade de prexulgamento perante o descoñecido. Na serie adóitase resaltar a parte escura da muller, facendo unha crítica sobre os seus aspectos máis negativos, ridiculizándoas para conseguir, mediante o humor, plasmar unha realidade. Vense escravizadas ao seu núcleo familiar, adoitan ser amas de casa e sen ningún tipo de actividade non relacionada coa familia. 3.- CARACTERÍSTICAS XERAIS DOS HOMES
Dáse unha visión xeneralizada dos homes totalmente diferente á da muller. Aparecen como folgazáns e pouco traballadores. Isto débese a unha clara inmadureza, reforzada por unha idea de inferioridade intelectual fronte ao sexo oposto. Son, ademais, interesados, oportunistas e moi descoidades, aínda que no fondo teñen bo corazón. 4.- CARACTERÍSTICAS DA MULLER NA FAMILIA
A parte feminina da familia está constituída por Marge, Lisa e Maggie. Sendo todas elas mulleres intelixentes, responsables, traballadoras, organizadas e comprensivas. Normalmente infravaloradas polos homes, chegando á marxinación familiar, así como á explotación (exemplo: Marge) Todo isto chega a producir falta de seguridade e confianza en si mesma, o que lles ocasiona carencia de autoestima e amor propio. 5.- CARACTERÍSTICAS DO HOME NA FAMILIA
Homer e Bar son pola súa parte unha antítese das mulleres da casa, caracterizándose polo seu baixo nivel intelectual e a súa nula capacidade de concentración. Son fantasiosos e inmaduros e, nalgunhas situacións da serie, percíbese o seu alto egocentrismo. Isto non impide que tras a súa faceta de homes descoidades, exista un bo fondo. 6.- RELACIÓNS NA FAMILIA.
-Marge. O trato que Marge recibe por parte dos demais membros da familia é sempre machista e abusivo, agás excepcións puntuais de Liza. Sen embargo non podemos excluír a idea de que ela tamén ten unha idea ou concepción machista da sociedade. É dicir, ela tamén é machista e contribúe á situación de explotación familiar da muller. -Liza. O ser superdotada produce nela unha completa situación de incomprensión. A súa familia vea como o bicho raro e, sabedores da súa grande intelixencia, adoitan darlle a razón sistematicamente. -Maggie. Pódese dicir que é un personaxe meramente representativo, xa que case non ten influenza na familia. Debido, xa non soamente á súa curta idade, senón ao caso omiso que todos lle fan. Esta pode ser unha das causas principais que producen que Maggie non medre e siga sendo sempre a mesma: Alguén con quen non se conta e non ten nin voz nin voto. Bart. É o rebelde da familia. A falta de comunicación é que produce as súas continuas chamadas de atención, xa que precisa ser ou estar sempre admirado. A familia cúlpao sempre de todo, aínda son conscientes da súa efémera boa vontade. Homer. A súa falta de escrúpulos e intelixencia fan del un personaxe inxenuo e infantil, que precisa a constante atención de alguén mais maduro (Marge ou Liza) A súa familia respéctao, aínda que saben que o único apoio que poden recibir por parte do home da casa é simplemente emocional, debido á súa falta de estudos. 7.- VALORACIÓN PERSOAL
A serie dos Simsons constitúe un elemento para reflectir a realidade na que nos atopamos e conforme a iso, ás veces, dá a coñecer aspectos negativos da sociedade que non causan moi bo efecto nos espectadores. Trata sempre numerosos e diferentes temas, todos eles personificados en cada un dos personaxes; pero sen dúbida algunha no tema no que fai fincapé e o que se pode apreciar na maioría dos episodios é a situación da muller. Isto é, detéctase un grande machismo por parte de todos os personaxes, non só no ámbito da propia familia, senón que tamén por parte de todos os habitantes da vila. Reflicten unha muller marxinada, que non ten dereitos; relégana a un segundo plano e represéntanse a meirande parte como amas de casa. O que supón un claro desprezo polas mesmas. Por outra banda, esta situación de machismo non só se ve acrecentada polos homes; as mulleres nalgún caso tamén teñen a culpa, pois non se impoñen e aceptan dita condición. En xeral, Os Simpsons mostran unha visión da nosa sociedade e constitúen unha clara crítica da mesma pois poderíase dicir que a maneira que teñen de plasmar a realidade dunha forma tan esaxerada, serve para captar a atención dos telespectadores, para que tomemos conciencia de numerosos problemas que nos ameazan hoxe en día, e non nos quedemos parados e fagamos algo para impedirmos que a balanza siga desproporcionada respecto a temas como o da situación da muller. ... Miramos tantas veces os capítulos da serie que ata os sabemos de memoria... visualizalos é moi fácil, pero o certo é que nunca se nos pedira que analizaramos a sociedade por medio dunha serie de animación. Porque a fin de contas iso é o que fixemos. Neste caso ao vermos Os Simpson non buscabamos a acción, senón a reacción. A reacción que a serie facía en nós, na nosa sociedade. E é que Os Simpsons non só representan unha alternativa contra o aburrimento, senón que reflicten a realidade actual. Se os ves, non soes analizar o contexto xeral das frases, ou o ton no que se din. Pero cando rematan, sempre tes a sensación de ter aprendido algo. As mensaxes camúflanse, capítulo a capítulo, neses seres animados que fan que esta crítica adopte forma infantil. Pero non é un xogo de nenos. A serie agocha un éxito incalculable... ríanse se queren pero o certo é que demandamos o que mellor nos define. |