Este é un cómic da colección Azucena. Con eles medraron moitas nenas de mediados do século XX, mulleres da idade das vosas nais. Dalgún xeito axudaban a educar ás mulleres españolas na piedade, docilidade e abnegación, cuxo principal, único e sagrado destino era a familia e o matrimonio.
Estes contos, a miúdo de fadas e príncipes, remataban coa voda e as veces co ascenso social da protagonista.
O debuxo destes tebeos era moito menos coidado que o dos de heroes.

 

estas viñetas do manga Ranma1/2 para que o seu contido obedeza a valores menos discriminatorios e violentos

 

 

Deben o su nome
"comics" ou "funnies"
ó contido
dos primeiros,
xa que derivaban
do chiste gráfico
ou da caricatura .

Nacen en EEUU
en 1896

Na década dos noventa a autora Maitena lanza ó mundo do cómic unha galería de personaxes femininos que reflicten con ironía as vicisitudes cotiás de moitas de nós.

Se queres elaborar un cómic ten en conta que deberá ter certas características:

  • Unha secuencia de viñetas consecutivas para articular o relato.
  • A permanencia de ó menos un personaxe estable ó longo da serie.
  • Globos ou bocadillos coas locucións dos personaxes, que, aínda que non son imprescindibles, sí son fundamentais para narracións complexas.
  • A secuenciación temporal resólvese trocando o espacio na seguinte viñeta. Entre dúas viñetas puido pasar moito tempo.
  • Traducen en símbolos a linguaxe verbal: “ter unha idea luminosa” ou “ver as estrelas”, poden debuxarse.
  • A forma do globo e a caligrafía adquiren un valor simbólico, por exemplo un berro debuxarase con letras enormes.
  • O tema pode xirar en torno a fantasías ou sobre o mundo que nos rodea e situacións cotiás.
  • Un bo cómic ademais dun debuxo aceptable, deberá narrar con texto breve unha historia que interese a quen o lé.
  • Deberá incluir algún factor sorpresa e mellor con doses de enxeño e humor.