Velaquí os principais tipos de anime (manga animado) que responden a similares criterios dos que se poden establecer para o manga:

Anime Seinen: Caricaturas pensadas para toda la familia. Ex.: Dragon Ball.

Anime Yaoi: Con tramas un pouco máis complicadas cas anteriores. É posíbel que varias destas historias conteñan violencia e sarcasmo. Ex.: Ranma1/2

Anime Slash: Dirixido ós xoves e adultos. Presentan tramas complexas, existe violencia e nus en múltiples ocasións. Non hai escenas de sexo.

Anime Hentai: É basicamente animación pornográfica.

Nos anos noventa aparece con forza en España o estilo manga, ten a súa orixe en Xapón.

Foron quen de captar a bastantes lectoras, algunhas de moi curta idade, polo que se fai necesario que non demos nada por sentado e nos formulemos algunhas preguntas sobre eles:

 

¿Existe un contido sexual dentro da caricatura manga?
¿Que actitudes se fomentan como propias da muller e cales como propias do home?
¿Ata que grao usan a violencia como compoñente?
¿Coñecen as familias o contido destas historietas que len as/os cativas/os e as/os adolescentes? ¿Fan comentarios ou reflexións críticas sobre elas?
¿Deben censurarse os cómics?
¿Faise algunha análise destas lecturas nos centros escolares?
¿Os manga seguen os mesmos códigos de sexualidade que os cómic norteamericanos?
¿Que entenden os/as nenos/as, da trama? ¿Opoñen algunha resistencia mental ós papeles que se lle asignan?
¿Que fai ó manga e ó anime tan populares?
¿Existe relación entre sexismo e violencia?
¿Como caracterizar o sexismo explícito?
¿Como caracterizar o sexismo implícito?
 



APLICACIÓN CONCRETA: ANÁLISE DE RANMA ½ , TOMO 1

Consulta este libro .......

 

 

Pódese clasificar como manga e anime (no caso en que o cómic se convirte en animación) misto, con elementos fantásticos, de aventura, acción e amorosos.

Unha importante porcentaxe de viñetas expresan violencia, 99 de 760 son de loita explícita, pero son moitas máis as que referencian actitudes violentas, os textos relacionados están especialmente remarcados e o tamaño dos debuxos e dos cadros e considerablemente maior.

Aparecen tres personaxes femininos, ademais da personificación feminina de Ranma que se ben ten marcada figura de muller, o seu carácter comprende moitos rasgos tipificados como masculinos. Das tres chicas, dúas manteñen os roles tradicionales da muller, a outra asume a necesidade de parecerse en forza, rebeldía e independencia ós homes pero é tildada reiteradamente de marimacho e criticada polas súas irmás.

As secuencias onde aparcen personaxes masculinos son máis abundantes e todos eles fan ostentación das súas habilidades de forza e estratexia na loita,o mesmo protagonista Ranma valora especialmente a súa hombría e laméntase da maldición de ser as veces muller.

 

Un mozo presa dunha maldición transfórmase en moza cando se molla con auga fría e volve ao seu estado orixinal cando o fai con auga quente. Para empeorar as cousas debe casarse cunha rapaza coa que foi comprometido antes de nacer.