Esta é unha pequena selección de artistas, fundamentalmente do século XX .
Facendo clic en cada fotografía accédese a outras páxinas sobre esa artista onde se pode visualizar algunha das súas obras.

 

MARY CASSAT (1845-1926)

Muller lendo no xardín. Obra de Mary CassatArtista de E.E.U.U. viaxa repetidamente a Europa onde estudia as novas tendencias artísticas do momento. Degas quedou impresionado pola súa obra e invitouna a unirse ó grupo impresionista. Instálase en París e mantén con Degas unha especial amizade. Pinta a miúdo escenas domésticas así coma o tema da nai e fillo, cunha marcada influencia da arte xaponesa.

 

A Toilette. Obra de Mary Cassat

Tarsila Negra. Obra de Tarsila do Amaral

Operarios. Obra de tarsila do Amaral


TARSILA DO AMARAL (1886-1973)

Abaporu. Obra de Tarsila do AmaralBrasileira. Ó comezo a súa obra é unha mestura de arte inxenua brasileira e o cubismo de Fernand Léger. A partir de 1928 tralo Manifesto Antropófago intenta superar contradiccións como América/Europa, primitivo/moderno, indolencia/industria. Di: "Só a antropofaxia nos une: socialmente, economicamente, filosoficamente...." A primeira obra antropófaga é Abaporu. Nas súas obras investiga aspectos da identidade nacional e as presentacións que fai do tema semellan unha vinganza fronte os nus femininos académicos do século XIX, tamén ten semellanzas coas representacións da guerreira amazónica dun só peito (o outro cortábano para que non fose un impedimento para o uso do arco).
A partir da grande crise de 1929 a súa temática reflicte a problemática social como en Operarios.

 

FRIDA KAHLO (1907-1954)

Artista mexicana, ten durante a súa vida diversas doenzas a causa dun accidente. Casa con Diego Rivera con quen mantén unha profunda e complexa relación. Reflicte na súa obra a dor física e moral e o seu mexicanismo. Crea un estilo propio ata na súa forma de vestir e de adornarse. Pinta abortos, partos, suicidios, accidentes, amamantamentos, sempre desde unha sensibilidade única.

A miña nana e mais eu. Frida  Kahlo

REMEDIOS VARÓ (1908-1963)

Harmonía. Remedios Varó

A creación das aves. Remdios VaróNacida en España viviu en México onde creou a meirande parte da súa obra que está chea de personaxes femininos así coma de elementos autobiográficos. Xa en México ten unha importante amizade con Leonora Carrington con quen conversa sobre temas que lle interesan como alquimia, maxia, o poder creador da muller .... Varó crea un mundo fantástico onde os personaxes son a miúdo asexuados aínda que queda clara a súa anatomía feminina.

MARUJA MALLO (1909-1994)

De natureza independente e transgresora, esta artista española non respectou os espacios tradicionais masculinos. A súa pintura pasa por etapas moi diferenciadas. Os seus intereses estéticos xiran ó redor do deporte, exaltación da máquina, o dinamismo da rúa. Tamén reflicte un mundo tremendista de cloacas, excrementos e visións dun mundo catastrófico. Non se limita a pintura de cabalete e explora a cerámica, a pintura mural, a escenografía.

Arquitectura humana. Obra de Maruja Mallo

ÁNGELES SANTOS (1911)

A tertulia.  Obra de Ángeles SantosNacida en Xirona, as súas mellores obras prodúceas en Valladolid, onde cun só cadro, Un Mundo, acada un recoñecemento inusitado, admirable expoñente do realismo máxico co que se adianta varios anos á aparición do surrealismo. O cadro A Tertulia amosa un mundo intelectual feminino cunhas características moi diferenciadas das habituais tertulias masculinas como M. Lourdes Xirinachs exemplifica nun curioso comentario que se pode ver no enlace ó que leva esta imaxe.

 

Un Mundo. Obra de Ángeles Santos
E logo vimos a filla do minotauro. Leonora Carrington

LEONORA CARRINGTON (1917-1996)

Nacida en Inglaterra, en 1937 coñece ó pintor surrealista Max Ernst e vaise con el a París, este vai ser levado a un campo de concentración o que sume a Leonora na enfermidade. Trasládase a México onde establece un importante círculo de amizades, entre elas Remedios Varó e Frida Kahlo. Na súa obra ironiza sobre todo o que se lle impuso coma un dogma e contén importantes elementos góticos, fantásticos, absurdos, mitolóxicos e unha boa dose de lirismo.

LYGIA CLARK (1921-1988)

Trepante. Obra de Lydia ClarkPintora e escultora brasileira. Busca introducir o orgánico e subxetivo na arte, mantendo un carácter figurativo. Desenvolve a meirande parte da súa actividade artística en París onde é profesora de arte na Sorbona e psicoterapeuta. Comeza traballando con formas xeométricas, elementos articulados coma se fosen bichos orgánicos que reaccionan ante os impulsos do espectador. Logo experimenta cos corpos, pensa que se pode crear tomando o corpo como base, a partir de xestos, cintas elásticas... Lle interesa o traballo sobre materiais efémeros. Estudia as posibilidades terapéuticas da arte no tratamento de trastornos psíquicos.

Máscaras sensoriais. Obra de Lydia Clark

Nostalxia do corpo-corpo colectivo. Obra  de Lydia Clark


MIRIAM SCHAPIRO (1923)

Obra de Miriam Schapiro
Tomando como base patróns decorativos islámicos e xaponeses relanza a artesanía do tecido como forma de crítica á dura barreira que se tiña establecida entre arte maior e artesanía. Acuña o termo femmage = female (feminino) + collage .
Comparte os presupostos de Judy Chicago, existindo unha influencia mutua. Ambas desenvolveron programas educativos de arte feminista en harmonía coa súa concepción da importancia da obra colectiva e da colaboración multicultural na arte.
Un exemplo é o proxecto colectivo WOMANHOUSE levado a cabo en California nos anos setenta. Lles interesa a relación entre a bioloxía e os roles sociais. Na súa temática faise énfase nas ideas sobre menstruación, a sexualidade, o matrimonio, o embarazo, a depresión postparto etc.
Usan para crear as instalacións obxectos inusuais na arte como tampóns, ovos, sangue, entrañas de animais... Entenden que a función da arte non é a de procurar pracer visual, o que lles interesa e afirmar a validez das cousas atribuídas como propias da muller, desde a vaxina ó pintabeizos. Un intento de amosar aquilo que a sociedade trata de agachar. Ademais fan unha valoración positiva dos medios de producción artesanal do tecido e do labor decorativo.

Frida máis eu. Obra de Miriam Shapiro

Piña da serie Anónimo foi unha muller. Miriam Schapiro

JUDI CHICAGO (1939)

Birth Tear. Judi ChicagoReclama xunto con outras como Miriam Schapiro, a toma de conciencia como clave para a arte feminista. A experiencia persoal tórnase instrumento de análise política. Fai referencia a procesos vitais, ás metamorfoses naturais como fonte da vida nun intento de facer arte da experiencia de sentirse muller, ó que se vén denominando "arte menstruación". Propón unha imaxinería baseada nos órganos femininos, pero non o plantea coma un peche da muller na súa identidade biolóxica senón coma un medio de escapar dos prexuízos sobre a súa anatomía. Unha exaltación da feminidade por medio da celebración do corpo feminino e dos seus poderes biolóxicos.
Criticada desde outras posicións feministas por esta imaxinería vaxinal que fomenta unha visión igualmente inmóbil e reductora do que ten que ser a muller.

Sitio de mary Wollstonecraft, en The Dinner Party.  Obra colectiva de Judi ChicagoNa instalación The Dinner Party (A última cea) crea unha cea imaxinaria para 39 mulleres, personaxes históricos e mitolóxicos distribuídas en tres mesas en forma de triángulo. Os pratos de porcelana están pintados con formas lixeiramente abstractas que suxiren a anatomía xenital feminina.The Dinner Party.  Obra colectiva de Judi Chicago

Da serie Ánima. Obra de Ana Mendieta

Da seie Ánima. Obra de Ana Mendieta

Da serie Silueta. Obra de Ana MendietaANA MENDIETA (1948-1985)

Cubana, pasa a súa vida en Estados Unidos, onde vive a opresión cultural como cidadá de segunda clase. Exprésase artisticamente por medio de performances. Xamais separa a arte da loita política, ideolóxica e feminista, neste senso é desgarradora a súa posta en escena dunha violación. Tamén desenvolve a súa combatividade contra a mercantilización da arte.
Na súa obra están presentes elementos de santería, maxia e ritos primitivos que ela recolle da súa Cuba natal.

Ademais dos enlaces que encontrarás cliqueando nas fotos podes ver múltiples imaxes da súas accións cliqueando Aquí

NICOLE EISENMAN (1965)

Nacida en Francia, reside en New York. As súas mensaxes están cheas de ironía, humor e mesmo violencia. Ten absorbido estilos procedentes do cómic, televisión, cultura pop e mesmo da pornografía. Forma parte do grupo de artistas coñecido como Bad Girls.

Mural de Nicole Eisenman