Hai moitas cantigas sobre a vida da muller casada: as penalidades, os traballos.

Vivía moito mellor de solteira:

1-
Disme que non tedes cruz
para rezar o rosario,
cásate, miña filliña,
e terás cruz e calvario.

2-
Solteiriña non te cases,
aproveita a boa vida,
que eu ben sei dunha casada
que chora de arrepentida.

3-
Non sei por que me casei
que solteira ben estaba;
andaban atrás de min,
agora ninguén me fala.

Tamén hai cantigas nas que se canta a prepotencia dos mozos:

4-
Arriba pandeiro choco,
arriba manta mollada,
que onde estamos os mozos,
as nenas non valen nada.

Outras recrean a vella teima de que de que a muller é un perigo, non hai que fiarse dela. Nos amores o serio é el, a perigosa ela:

5-
A muller vénvos a ser
unha mazá con veleno,
por fóra roxa e bonita,
pon dentro, sábecho o demo.

Mais os amores precisan de mozo e moza, tanto dun coma do outro:

6-
O zapato quere a media,
a media quere o zapato,
tamén a mociña guapa
require o mociño guapo.

Fotografías de Galicia 1924-1926, Ruth M. Anderson, The Hispanic Society of América, Xunta de Galicia, 1998

Fotografías de Galicia 1924-1926, Ruth M. Anderson, The Hispanic Society of América, Xunta de Galicia, 1998

Fotografías de Galicia 1924-1926, Ruth M. Anderson, The Hispanic Society of América, Xunta de Galicia, 1998

¿Queres saber máis?

¿Queres ver comentarios dos teus compañeiros?


 

Rosalía de Castro colle unha cantiga popular (os catro versos do principio) que fai referencia á necesidade que ten a muller de casar para realizarse, por iso se encomendaba a San Antonio. Cando unha moza comezaba a se facer maior e aínda non casara dicíase xa lle pasou o sol pola porta.
Con humor trata este tema Rosalía, burlándose da necesidade que a moza ten dun home para se realizar como muller, calquera piltrafa de home lle vale.
Máis información

San Antonio bendito,
Dádeme un home,
Anque me mate,
Anque me esfole.

 

LÉXICO

viradoiro: que dá voltas, anda de aquí para alá
tronchar: romper, partir
folgarse: sentirse feliz, descansar
trenco:que ten as pernas tortas
zambo: o mesmo, castelanismo
cobiza: ambición, desexo de conseguir
lanzal: esvelto, ben formado
doito: a miúdo, habitualmente
boxe: tipo de culler
esfolar: sacar a pel

¿Queres ver comentarios dos teus compañeiros?

Fotografías de Galicia 1924-1926, Ruth M. Anderson, The Hispanic Society of América, Xunta de Galicia, 1998

Fotografías de Galicia 1924-1926, Ruth M. Anderson, The Hispanic Society of América, Xunta de Galicia, 1998

 

San Antonio bendito,
Dádeme un home,
Anque me mate,
Anque me esfole.

Meu santo San Antonio
Dáime un homiño
Anque o tamaño teña
Dun gran de millo.

Dáimo, meu santo,
Anque os pés teña coxos,
Mancos os brazos.

Unha muller sin home...
Santo bendito!
E corpiño sin alma,
Festa sin trigo.

Pau viradoiro,
Que onda queira que vaia
Troncho que troncho.

Mais en tendo un homiño
¡Virxe do Carme!
Non hai mundo que chegue
Para un folgarse.

Que zambo ou trenco,
Sempre é bo ter un home
Para un remedio.

Eu sei dun que cobiza
Causa miralo,
Lanzaliño de corpo,
Roxo e encarnado.

Carniñas de manteiga,
E palabras tan doces
Cal mentireiras.

Por el peno de día,
De noite peno,
Pensando nos seus ollos
Color de ceo.

Mais el xa doito,
De amoriños entende,
De casar pouco.

Facé, meu San Antonio,
Que onda min veña,
Para casar conmigo,
Nena solteira.

Que levo en dote
Unha culler de ferro,
Catro de boxe.

Un irmanciño novo
Que xa ten dentes,
Unha vaquiña vella
Que non dá leite...

Ai! meu santiño,
Facé que tal suceda,
Cal volo pido.

San Antonio bendito,
Dádeme un home,
Anque me mate,
Anque me esfole.

Que zambo ou trenco,
Sempre é bo ter un home
Para un remedio.

Rosalía de Castro, Cantares gallegos, 1863.