![]() |
A MULLER NA LITERATURA GALEGA Autora:
Lorena Fernández Alejandre |
|
A muller sempre estivo presente na literatura galega ao longo de toda a vida. Dela escribiron tanto homes coma mulleres. Xa na Idade Media, falabase da muller coma santa ou soldadeira. O mesmo Afonso X nas cantigas do loor á Santa Virxe trátaa coma a súa gran namorada, ó xeito das cantigas de amor:
Rosa
das rosas e fror das frores,
E logo, nunha cantiga de escarnio, utiliza el-Rei un refrán insultante para a muller: Non quer’eu donzela fea / que ant’a mia pea; reducíndoa ó nivel dos animais: negra come carbon (…) velosa come can. Noutra cantiga cae Don Afonso na pornografía:
Fui
eu poer a mâo noutro di-
A promoción da muller na literatura do século XIII ten un límite social, afecta máis á muller fidalga que á muller campesiña; pero ten tamén un límite cultural non menos evidente: coexiste, en determinados contextos, con actitudes antifemininas moi desprezativas e ferintes. No medio cortesán é onde observamos máis claramente o paradoxo dunha canción de amor gabando á muller e dunha canción de escarnio satirizándoa. Na Corte de Afonso X, foi onde se fixeron a meirande parte das cantigas de escarnio e mal dicir contra as chamadas soldadeiras, coa participación do Rei Sabio. As soldadeiras eran mulleres adscritas á corte, que tiñan como oficio tocar as castañetas ou o pandeiro, cantar, bailar e facer o acompañamento ó xograr. Por este traballo pagábanlles unha soldada e de aí vén o nome de soldadeira. Pero en ningunha das cantigas se fai referencia á función de soldadeira de acompañante musical, cantante ou danzarina, senón que se fala da súa vida licenciosa, próxima en ocasións á prostitución. Os datos aportados por Menéndez Pidal, a principios do século XIV, sobre os pagamentos a xograis e soldadeiras deixan claro a degradación do estatuto da muller interprete na cultura cortesá trobadoresca. A máis famosa soldadeira galega foi María Pérez a Balteira. É a protagonista de quince cantigas de escarnio escritas por dez trobadores distintos, entre eles Pedro Amigo de Sevilla e Pedro de Ambroa, os dous de Betanzos, Pero da Ponte e mesmo de Afonso X, O Sabio. Se facemos caso do que se di nas cantigas, María reunía tódolos vicios: xogaba ós dados, aproveitábase da xente, mantiña relacións sexuais de todo tipo con cregos, escolares, xograres, etc. e tamén burláronse da súa vellez. Estes versos de Joan de Baveca proban isto:
Por
Deus, amigos, gran torto tomei:
Rosalía de Castro
Rosalía supuxo un precedente claro dos movementos feministas de hoxe. As personaxes femininas de Rosalía constitúen unha verdadeira galería e son caracterizadas fundamentalmente a través das súas relacións co protagonista. O rexistro é amplo e implacábel coas representacións da clase media e da aristocracia. O tema feminino, por todo o que implicou para ela impoñerse como escritora naquela sociedade, é esencial na narrativa da autora. No prólogo a “La hija del mar”, a primeira das súas novelas, sinala:
(Menciona a Mme. Roland, Jorge Sand, Santa Teresa, Safo, entre outras) “…y tantas otras cuyos nombres la historia no mucho más imparcial que los hombres, registra en sus páginas, protestaron eternamente contra la vulgar idea de que la mujer sólo sirve para las labores domésticas, y que, aquella que obedeciendo tal vez a una fuerza irresistible, se aparta de esa vida pacífica y se lanza a las revueltas ondas de los tumultos del mundo, es una mujer digna de la execración general. No quiero
decir que no, porque, quizás la que esto escribe es de la misma
opinión.
Na festa final de “El caballero de las botas azules” é tamén abordado este tema e o “Duque de la Gloria” advirte que “la mujer, así en Oriente como en Occidente, así en la civilizada Europa, como en los países salvajes, sólo podrá vencer, sabiendo resistir.”
A situación das mulleres das novelas dannos tamén as claves para intuír e interpretar o modo no que os distintos comportamentos afectan ás relacións sociais nun mundo dominado por unha ideoloxía patriarcal na que o papel da muller se centra, especialmente, no de nai e esposa, roles tradicionalmente considerados como definidores das características femininas, xunto coa dozura e o sentimentalismo. Nas novelas rosalianas hai mulleres loitadoras, que buscan a independencia e a igualdade entre os sexos. Tamén tratan a desigualdade entre homes e mulleres en tódolos terreos e as terribles consecuencias que para unha muller ten adoptar actitudes tradicionalmente consideradas masculinas. Rosalía de Castro pon de manifesto a dobre moral da sociedade e denuncia as inxustizas de toda índole que se cometen contra o colectivo feminino. Un mundo dominado polos homes no que á muller se lle nega o dereito a opinar e a actuar pola súa conta e, así, o castigo da rebelión feminina é o desprezo dos máis e o premio da submisión é aínda peor, é a escravitude, a loucura e/ou a morte, como se nos mostra a través das diferentes personaxes femininas das súas novelas. No artigo que titulou “Las literatas (carta a Eduarda)” Rosalía di:
“Tu no sabes lo que es ser escritora (…) ¡Qué continuo tormento!; por la calle te señalan constantemente, y los hombres no cesan de decirte siempre que puede que una mujer de talento es una calamidad (…) sobre todo los que escriben y se tienen por graciosos no dejan de pasar nunca la ocación de decirte que las mujeres deben dejar la pluma y repasar los calcetines de sus maridos, si los tienen y si no aunque sean los del criado …” En Cantares Gallegos no poema “San Antonio bendito” a copla popular di:
San
Antonio bendito,
A pretendida debilidade feminina que levaría á muller a querer un home a calquera prezo convértese ao final nunha ironía na que o que predomina é unha visión pragmática da existencia. No Conto gallego, publicado de forma póstuma en 1923, nárrase a aposta feita por dous homes sobre se un deles consegue dunha muller palabra de casamento o mesmo día en que esta enterra ao seu marido. De forma irónica o relato móstranos a concepción maniquea que estes dous homes teñen da muller: esposa e nai modélica ou muller frívola e libertina.
Eduardo Pondal, outro dos autores do Rexurdimente, respecto á muller, ten unha visión romántica, de idealización, ás veces, e outras a considera como presa do home. No seu poema “Necias fillas da Héllade”, pon en boca de Safo unha diatriba contra as súas gregas coetáneas preocupadas só pola beleza do seu corpo, mentres ela, alporizada pola musa, tendo na man a lira belamente curvada, entoaba unha rapsodia ardente na que triunfaba a beleza do arte que lle daría eterna fama:
“Ciertamente,
os juro
Tamén Castelao en Cousas trata a problemática da muller. Dende a muller fidalga que só ten como función social reproducir a súa clase e que, frustrada a súa maternidade, é un ser inútil, ata a muller popular que, solteira e cunha filla, nos deixa ver que o matrimonio non é necesario para a felicidade. Castelao escribía: “vexo os homes no traballo e as mulleres no fogar”.
Unha persoa que defendeu os dereitos das mulleres foi Emilia Pardo Bazán, escritora coruñesa cunha personalidade aberta e profundamente inclinada á curiosidade intelectual. Ademais da narrativa, Emilia Pardo Bazán cumpre un importantísimo papel como crítica literaria, sobre todo no derradeiro tercio do século XIX e comezos do XX. A gran cantidade de análises redactados pola escritora foron publicados nas mellores revistas españolas e nos fascículos do Nuevo Teatro Crítico. Temas coma a educación: “Desgraciadamente en España, la disposición que autoriza a la mujer para recibir igual enseñanza que el varón… es letra muerta en las costumbres… Las que permiten a la mujer estudiar una carrera y no ejercerla son leyes inicuas”. “Este sistema educativo… limita a la mujer, la estrecha y reduce, haciéndola más pequeña aún que el tamaño natural, y manteniéndola en perpetua infancia”. Deste xeito, Emilia Pardo Bazán expresábase nunha das tantas publicacións do século XIX, que a tiñan de colaboradora, con relación á muller galega, á campesiña do cal horizonte de vida e de futuro non se estendía moito máis alá dos límites da sús pequena aldea… “Non desminte a muller galega as tradicións daquelas épocas afastadas en que estando dedicádo-los varóns da tribo ós riscos da guerra ou ás fatigas da caza, recaía sobre as femias o peso total, non só das faenas domésticas senón da labor e cultivo do campo… Pobre muller, que de todos é criada e escrava, do avó refungón e despótico, do pai mullereiro e amigo de andar de taberna en taberna, do home brutal quizais, do rapaz enfermizo que se aferra as súas faldras choromicando,… Mentres a galega permanece en estado de solteira, aínda é tolerable a non escasa ración de traballo que lle toca; pero o casar empeora a súa situación…”.
Os dicires populares a través das eternas disputas home-muller, tamén se reflicten na poesía:
Viva
a boa, a boa
Poemas que reflicten os traballos que, sobre todo no rural, eran atribuídos á muller dende cativa, e que ata moi pouco a valoraban de cara ó matrimonio: Barrendo
coa basoiriña,
En Galicia, coma no resto de España, a muller estivo e está presente na literatura. Unhas veces para loála, outras para aldraxala. É preciso potencia-la formación da muller promovendo contidos non sexistas e divulgando actividades dirixidas á igualdade de oportunidades, para o que sería necesario propoñerse como obxectivo a eliminación de estereotipos na educación e na cultura. Difundir e impulsar unha imaxe non discriminatoria da muller é outra prioridade para o que é necesario fomentar nos medios de comunicación en xeral e na publicidade en particular, unha imaxe non estereotipada da muller. Hai que potencia-las canles de expresión da súa creatividade difundindo asimesmo o papel da muller galega na cultura, valorando as aportacións das mulleres galegas no campo da cultura en xeral: literatura, pintura, música, etc. E para finalizar, un fragmento do poema de Rosalía de Castro “Eva”:
“Más
hay en su mirada una tristeza |
![]() |
COMENTARIOS
XERAIS Inés
Martínez Blanco, 2º BAc. E |
Podemos
observar ao longo de todos os textos, textos nos que se quere dar
a coñecer a situación da muller na época na que
son contados que o principal papel da muller ao longo da historia
é tristemente o daquelas persoas silenciadas e sometidas á
vontade dos homes. Antes de referírmonos a exemplos máis
concretos, podemos facer unha pequena análise da discriminación
vivida polas mulleres ao longo dos anos recompoñen a nosa historia. E
xa agora facendo referencia a estes documentos... Nas cantigas populares faise referencia a distintos aspectos da vida cotiá das mulleres. Son pequenos poemiñas que era típico escoitar na época. Arremetían contra o matrimonio, porque entón a muller tiña que ficar traballando na casa e resignada á vontade do home; tamén facían alusión a esta superioridade do home; á suposta falsidade da muller, que nunca se sabe por onde vai saír e finalmente á necesidade de mulleres e homes para que continúe a vida. No poema de Rosalía vemos unha visión moi concreta da muller na época. Esta, se non estaba cun home non podería realizarse e non era ben vista. Por iso, aínda que fose maltratada, necesitaba estar ou depender dun home para poder ser algo na vida pública. No conto de “As dúas irmás..” temos unha visión da muller na que triúnfa unicamente a beleza. O santo non logra que a irmán fea sexa aceptada e triúnfe sendo tan boa, senón facéndose guapa. No outro conto temos a supremacía dun animal respecto da muller. O rapaz vai continuamente chamar a seu pai porque a nai se atopa moi mal e este dille que xa se lle pasará; sen embargo cando lle di que é a porquiña a que vai parir deixa todo o que está a facer e vai correndo onda ela. O home precisa da muller para comer, ir ben vestido, satisfacer as súas necesidades, oprimila... ¿Pero que acontece cando a muller precisa a axuda do home? Este desaparece por completo do mapa. En “A miña muller” descríbese unha vez máis a necesidade dun mozo en idade de casar de ter unha muller ao seu carón e a triste realidade que aínda perdura na actualidade de maltrato á muller. Dá igual o que faga ou como se comporte (se cala porque non fala, se non fala, porque cala; se fai isto porque o fai, se non o fai porque non o fai...), o home ten que desfacer a súa ira nun ser que entón era indefenso e non podía proclamar a súa emancipación nunha sociedade na que non podía declararse membro dela. E así transcorreu o papel da muller durante séculos, silenciada, dedicada a ter fillos, crialos e coidar ao seu marido. Inés Martínez Blanco, 2º BAc. E Dende
tempos antanos, o sexo oposto ao chamado “macho ibérico”
sempre foi un ser dependente dos denominados “dirixentes”.
Co paso do tempo, a muller foi adquirindo maiores responsabilidades
aínda que os conceptos de “robot de limpeza” e “fábrica
de nenos” seguen supervivindo nalgunhas cabeciñas que a
pesar de viviren no século XXI aínda non avantaron nin
evolucionaron o que debían. Espero que a ideoloxía dalgunhas persoas con respecto a este tema se modifique e que co paso do tempo e mais coa educación se poida dicir que toda esta ideoloxía está en perigo de extinción (xa que a súa desaparición por completo sería unha utopía, desexada, pero utopía). Lucía Torres Ucha, 2º Bach. F No
caso da lenda podemos dicir que a figura representativa desta historia
son as dúas irmás. Unha fea, dedicada aos labores labregos,
e a guapa, ou polo menos así o dicían os seus pais, dedicada
a costureira. No conto de “Meu pai”, o tema principal é o parto dunha muller no que o home pasa de todo cando o seu fillo maior lle está berrando, pois dille que á súa nai lle doe moito a barriga e que a cocha está a facer a cama para parir. O home estaba na leira e non facía caso, ata que, finalmente, dille ao fillo que a coide, que el xa vai de contado para a casa. O sentido desta historia non a entendo moi ben, pero creo que o pai nin se imaxinaba que a súa muller ía dar a luz nese momento e que, simplemente, era unha insignificante dor de barriga. No conto de “A miña muller” o tema principal son os malos tratos, no que un home lle pega á súa esposa por emprestar unha ferramenta. O único que podemos dicir desta historia é que é moi machista e moi forte tamén, pois, por simplemente deixar algo sen lle pedir permiso ao marido, xa lle dá unha tunda. No poema de Rosalía, a mensaxe principal é que unha muller pídelle ao santo patrón para buscar mozo, marido, vamos. Non lle importan as calidades que el teña, tan só que estea con ela para non estar soa. Era o que a muller buscaba unicamente. Estamos polo tanto ante unha crítica a esa situación, con unha certa ironía. A conclusión que podemos sacar é que é un texto no que se demostra que a muller soa non é nada, que necesitamos ter alguén con nós, gustoume o poema. Por último, podemos observar diferentes refráns referidos todos ás mulleres. A maioría deles son moi machistas, pois consideran que a muller é a que ten que facer todo, tanto os labores do home como os seus propios. En xeral, están ben porque con moi poucas palabras o contido é moi grande, pero polo seu significado considero que son unha auténtica ..., non sei, non me gustan, vamos. Tanto as mulleres como os homes temos deberes que cumprir e que non cumprir, e que todos debemos realizar sen dedicarlle máis a un que a outro. Como conclusión xeral, en relación a todos os textos, penso que está moi ben que coñezamos este tipo de situacións, pois moitas delas son moi actuais, e ao longo da nosa futura historia seguirán pervivindo. Lorena Sobral Portela, 2º Bach. F |