Amor
como o da nai, non o hai. |
Valoración
do papel da nai, do cariño maternal. |
A
muller e a sartén na cociña están ben. |
A
muller debe estar metida na casa, cumprir o seu papel no fogar, o
de fóra está reservado ao home. |
O
home, na praza, a muller, na casa. |
Como
no anterior, a vida social é para o home, a muller pechada
na familia. |
| Non
te fíes de mulleres nin emprestes a parentes. |
A muller non é de fiar, non é tan seria e de palabra
coma o home. |
|
Da muller e do mar non hai que fiar. |
Os
dous son imprevisibles, alterables...; semellante ao anterior. |
| A
muller é a metade do home. |
Ten
pouco valor, moito menos que o home. |
| A
muller que pega ó seu home, fai ben, se pode. |
Irónico
sobre a muller dominante. |
| Unha
muller forte e brava é o goberno dunha casa. |
Unha
muller con carácter é o mellor para levar adiante unha
familia. A muller é o sostén do fogar. |
| Na
casa sen muller ¿Que goberno pode haber?. |
Eloxio
da muller como señora da casa, só a muller é
quen de gobernar unha casa, de levar a familia. |
| A
dona traballadora non quere home folgazán. |
A
muller traballadora fai traballar tamén ao home e mira pola
familia. |
| A
muller é fogo, o home estopa, vén o demo e sopra. |
Humor
sobre as relacións amorosas. |
| A
muller que moito se mira a cara, pouco atende a casa. |
Contra
a muller que se coida moito o físico, a muller casada debe
atender outros labores. |
| A
dona quere ser rogada e non obrigada nin forzada. |
De como se debe tratar a muller, con consideración e respecto. |
| Á
muller e ao can, o pao nunha man e noutra man o pan. |
O
contrario do anterior. Pexorativo, á muller hai que tratala
con mimo, pero tamén con violencia para que sexa boa. |
| A
muller que asubía e mexa de pé, nunca boa é. |
Burlesco
da muller con aires de home. |
| A
muller e a viña dan ao home alegría. |
Eloxio
da muller, necesaria compañeira do home. |
| A
muller e a sardiña, pequeniña. |
Eloxio
da muller pequena fronte ao home. |
| Coa
muller e co diñeiro non te mofes, compañeiro. |
O
poder da muller na sociedade. |
| Muller
que sabe latín, non serve para min. |
Desprezo
da muller instruída, con carreira, espacio reservado aos homes. |
| A
muller viúva non ten quen a sacuda. |
A
muller está vista en función do home e do matrimonio.
|
| O
luns mollo, o martes lavo, o mércores seco, o xoves saco, o
venres peneiro, o sábado amaso e o domingo, que eu fiaría,
todos me din que xa non é día.
|
A
muller escrava dos traballos caseiros toda a semana. Xa de meniñas
se educan para iso. |