NOVIDADES BIBLIOGRÁFICAS 2003-2004

L I T E R A T U R A    R E L A C I O N A D A    C O     M U N D O     I S L Á M I C O

Sueños en el umbral. Memorias de una niña del harén
Fatema Mernissi. Unha das voces máis recoñecidas do feminismo islámico. Premio Príncipe de Asturias 2003.
Memorias dunha infancia que decorre nun dos últimos haréns de Marrocos. Recréase un mundo xa extinguido, é unha ponte entre dous mundos: o europeo e o magrebí. Co sabor das fábulas e a forza narrativa das historias verdadeiras escoitamos numerosos contos e anécdotas no patio no que a nena está confinada.
Palabra, ojos, memoria
Edwidge Danticat. Escritora nacida en Haití, que publicou nos EEUU.
Sofía, a protagonista, pasa a súa infancia en Haití e a adolescencia en Nova York. Acabará volvendo á súa terra e reconciliándose coa nai. Coñecemos a historia de catro mulleres da mesma xeración.
Marruecos a través de sus mujeres
Fatema Mernissi. Unha das voces máis recoñecidas do feminismo islámico. Premio Príncipe de Asturias 2003.
Unha visión de Marrocos a través das mulleres: como son, que pensan, que expectativas teñen... A adolescencia nun harén, unha odalisca do XX, a resistencia, a muller proletaria, o sobrenatural ao servicio do pobo ...
La cara desnuda de la mujer árabe
Nawal al-Sa´dawi. Unha das voces máis autorizadas para falar deste tema.
Analiza primeiro as agresións á muller: sexualidade, honor, prostitución, aborto... Despois a muller na historia: Adán, Deus, os Faraóns ... Finalmente a muller árabe e o punto de ruptura.
La mujer en el inconsciente musulmán
Fatna Aít Sabbah. A untora é unha magrebí que mantén oculta a súa identidade ante a intolerancia do fanatismo.
Analiza o discurso amoroso no Islam: a visión da muller na literatura e no Corán. O discurso erótico relixioso, o discurso ortodoxo e o lugar da muller no Islam contemporáneo.
El harén en Occidente
Fatema Mersini. Unha das voces máis recoñecidas do feminismo islámico. Premio Príncipe de Asturias 2003.
¿Cal é o ideal de beleza feminina en Occidente? ¿Coincide co oriental? . Lendo este libro podemos levar sorpresas. A autora analiza a literatura e as artes plásticas para ver a representación da muller comparando as diferentes culturas e fixándose nas mulleres que aparecen nos haréns.
El grito silenciado
Ana Tortajada. Traductora de alemán e escritora.
A autora viaxou no ano 2000 a Afganistán para coñecer ese mundo tan diferente. Relátanos neste libro as miserias e inxustizas dunha sociedade rexida polos talibáns, e sobre todo as vexacións e ultraxes que padecen as mulleres. “Fun a Afganistán co corazón tocado e volvín de alí co corazón roubado”.
Hijas de la arena. Cartas desde los campamentos saharauis
Ana Tortajada. Traductora de alemán e escritora que no 2002 viviu un tempo nun acampamento de mulleres saharauís.
As fillas da area son as mulleres saharauís, esas que, mentres os homes loitaban, crearon un amplo sistema sanitario e educativo e xuntáronse na Unión Nacional de Mulleres Saharauís para levar adiante plans de desenvolvemento e educación para a muller. A autora cóntanos a loita dun pobo por un futuro libre.
Leer Lolita en Teherán
Azar Nafisi, profesora na Universidade de Teherán e na Universidade Allameh Tabatabai. Foi expulsada por negarse a levar o veo islámico.
Historia das reunións clandestinas dunha profesora e sete alumnas súas para ler as obras de literatura occidental prohibidas polo réxime dos ayatolás. As rapazas aprenden a expresarse con liberdade sobre literatura e tamén sobre si mesmas .

L I T E R A T U R A     A F R IC A N A
Cuentos africanos
Henri gougaud.
Escritor, compositor, cantautor e sobretodo, recopilador da tradición oral das culturas europeas, orientais e africanas
¿Onde nacen os contos ? Tal vez a resposta máis sinxela sexa que nacen no corazón dos homes e das mulleres. Sen embargo, en África tamén pensan que ás veces os enxendra a sabana, o deserto, os bosques ou o ceo que noite tras noite se enche de estrelas...
La locura y la muerte
Ken Bugul. Ken Bugul, é o pseudónimo da escritora senegalesa Biléoma Mbaye. É diplomada en Letras e especialista en desenvolvemento e planificación familiar.
Esta novela, que forma parte dunha triloxía, trata do proceso de iniciación dunha rapaza e, ó mesmo tempo, narra a agonía dun continente, África, presa dos demos das dictaduras, o endebedamento e a maís absoluta pobreza.

La sombra de Imana
Véronique Tadjio. Escritora francesa de ascendente africano, doutora en estudios Afroamericanos, foi profesora na Universidade Nacional de Costa de Marfil.
Este libro forma parte do proxecto colectivo “Rwanda: écrire par devoir de mémoire”. A Autora viaxou á Ruanda en 1998 e recolleu tetemuñas de víctimas e vedugos do xenocidio: mulleres, nenos, asasinos que aínda hoxe confesan que se sintiron arrastrados por unha forza asoballadora...
L I T E R A T U R A    D E    X É N E R O
¿Existe el instinto maternal?
Elisabeth Badinter. Polémica escritora. Profunda coñecedora dos movementos feministas.
¿É o amor maternal un comportamento enraizado universalmente na muller, que se activa de xeito automático ó se converter en nai?.
¿Son “anormais” aquelas mulleres que ignoran este “instinto?”
As investigacións da autora cuestionan o punto de vista tradicional sobre estes temas que afectan a aspectos cruciais da vida cotiá dos homes e mulleres de noso tempo.
 
Femenino singular
Angela Bravo. Trata de demostrar neste ensaio, que se remonta ó Cromagnon, que o cuidado persoal sempre foi un asunto de moita importancia ó longo da historia.
Fronte á louca carreira emprendida polas multinacionais da beleza na procura de cremas que prometen a eterna xuventude, atopamos os que propoñen cosméticas baseadas nos productos naturais. Curioso libro que fala dos segredos de beleza de Salomé, Cleopatra, Sissy etc... e remata por concluir que os mellores cutis son os das mulleres esquimós e as monxas de clausura.
Esa muller na que nos convertimos
Ann G. Thomas. Escritora e psicoterapeuta, especializada na terceira idade.
Reflexións sobre o paso do tempo nunha cultura na que parece estar proibido envellecer.
A autora ofrece unha serie de contos es relatos de diversas culturas e interprétaos á luz da psicoloxía moderna, sobre todo de Carl G. Jung, para axudar a cada muller a esbozar o seu proprio retrato mítico.


La educación sentimental
Mercedes Oliveira. Doutora en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela.
Este libro pretende dar unha resposta globalizada ás necesidades suscitadas no sistema educativo como son o desenvolvemento integral das persoas, a transversalidade e a diversidade. A autora presenta as relacións afectivo-sexuais na adolescencia dentro dunha proposta epistemolóxica e didáctica sobre o tema.
El voto de las mujeres
1877-1978
Fundación Pablo Iglesias
Revisión brillante e pedagóxica dos fitos dun proceso emancipatorio que servirá, sen dúbida, non só para lembrar o pasado, senón para espertar a nosa conciencia diante doutras moitas materias pendentes relativas á igualdade e a liberdade no mundo actual.
El harén pedagógico
Varios. M.A Santos Guerra, M. Oliveira etc
Todo está impregnado de significados máis ou menos explícitos na organización escolar. Nada é aséptico. A organización escolar ten que converterse nunha instancia de reflexión crítica, de actuación coeducativa, na que alumnos e alumnas aprendan a coñecerse, aceptarse e convivir dunha maneira xusta e respectuosa.
Penélope o las trampas del amor
Charo Altable Vicario. Profesora e educadora sexual.Experta en coeducación.
Análise do tapiz do amor e do afecto que a sociedade patriarcal ten fabricado para homes e mulleres. Materiais para traballar no campo da educación sentimental e afectivo-sexual desde a coeducación.

Agrupémonos todas
Isaías Lafuente. Periodista palentino, subdirector do programa radiofónico “Hoy por hoy”
O autor conta a historia de moitas mulleres que loitaron contra a marxinación. Foron auténticas pìoneiras que non se resignaron ó futuro que lles ofrecía unha sociedade que as considerou cidadás de segunda. Gacias ó seu empeño facilitaron o camiño da igualdade ante a incomprensión da maioría dos homes e mulleres do seu tempo.

Historia del pecho.
Marilyn Yalom. Prestixiosa historiadora e Académica do Instituto de Investigación da Muller na Universidade de Stanford.
¿Como e en que momento os peitos das mulleres, cuxa función estricta é a de alimentar ó neonato, pasaron a ser ademais obxecto de desexo?. A autora explica como ó longo da historia de occidente, o peito foi incorporando toda a súa simboloxía e significado. Así mesmo aclara que en distintas culturas de África e do sul do Pacífico, onde as mulleres sempre foron cos peitos descubertos desde tempos inmemoriais, estes nunca acadaron o significado erótico que teñen no Occidente.

Mujeres que corren con los lobos.
Clarissa Pinkola Estés. Recoñecida psicóloga junguiana, tardou case 20 anos en escribir esta obra galardoada con diversos premios.
Prisioneiras dunha morada psíquica de roles preestablecidos, a miúdo as mulleres renunciaron á súa liberdade en beneficio dos demais. A autora, recoñecida psicóloga junguiana analiza os mitos e contos do arquetipo da Muller Salvaxe porque domesticar a natureza selvaxe das mulleres sempre foi o estigma constante do eterno feminino
Historia de la esposa
Marilyn Yalom. Prestixiosa historiadora e Académica do Instituto de Investigación da Muller na Universidade de Stanford.
Este ensaio é unha crónica lúcida dos momentos decisivos da evolución da muller no ámbito do matrimonio. A prestixiosa historiadora Marilyn Yalom presenta un estudio pormenorizado das leis, as prácticas relixiosas, os costumes sociais, os patróns económicos e a conciencia política que afectaron ás vidas de xeracións de esposas ó longo da civilización.
El vagón de las mujeres
Anita Nair. Autora india. Esta novela, que acadou un gran éxito no seu país, é súa primeira obra traducida ó español.
Fenómeno editorial na India e no Reino Unido. O espacio, o ritmo e as fragancias do universo femenino. Algunhas recetas da elaborada cociña india e algunhas reflexións sobre as sempre complexas relacións humanas
Psicoanálisis de los cuentos de hadas
Bruno Bettelheim. Unha das personalidades máis influintes na psicoloxía infantil do século XX.
Neste libro analízase a influencia que exercen sobre a mentalidade infantil e a súa evolución os personaxes dalgúns dos máis famosos contos “Carapuchiña Vermella”. “Cincenta”, “A Bela Durminte” , “”Hansel e Gretel”....

Mi marido me pega lo normal
Miguel Lorente Acosta. Doutor en Medicina e Ciruxía. Forense e profesor de Medicina Legal.
O libro é a estremecedora confidencia de moitas mulleres que sofren malos tratos . ¿Por que cren esas mulleres que é normal que os seus maridos as maltraten ? ¿como poden ter unha noción da normalidade tan perversa?
Neste libro descríbese a agresión ás mulleres como se produce na realidade; sen disfraces que en forma de mitos e crenczs, explicacións e xustificacións a tratan de explicar como algo non só normal, senon incluso trivial.

Historia de la misoginia
Varios. Esperanza Bosch, Victoria A. Ferrer, Margarita Gili
A obra analiza cómo algúns dos máis relevantes pensadores na historia da psicoloxía asumiron, sen reservas, un amplo conxunto de presupostos misóxinos sen a debida base científica. Estes presupostos véñense utilizando para explicar o comportamento humano e perduran dun xeito máis ou menos claro, nas actitudes misóxinas da linguaxe, as relacións de parella, o reparto das tarefas...
Las que saben
Subculturas de mujeres
Dolores Juliano. Doctora e profesora de Antropoloxía Social na Universidade de Barcelona.
Análise das diversas estratexias de supervivencia e autoafirmación das mulleres. Negación das miradas de “tolerancia “ou “proteccionismo” que impiden recoñecer e aceptar o aporte das mulleres ás sociedades das que forman parte, mesmo nos países do cono sur, onde parecen condenadas a seren obxecto de miradas filantrópicas que as infravaloran.
La mala hija
Carla Cerati. Escritora e fotógrafa italiana internacionalmente recoñecida.
“Supón unha dor insoportable divulgar a vida dunha nai e resulta perverso revelar os seus erros. ¿Entón, por que o estou a facer?...
Autoconfesión novelada sobre a naturaleza humana. Unha reflexión honesta sobre o sentido da vida, o afecto e a complexa dinámica que une e separa as diferentes xeracións.

La princesa que creía en los cuentos de hadas
Marcia Grad. Escritora estadounidense, autora de varios lbros sobre autoestima.
Relato fantástico que simboliza a viaxe que todo individuo fai cando intenta separar a ilusión da realidade.

Madres e hijas
Varios. Rosa Chacel, Carmen Laforet, Carmen Martín Gaite, Ana Mª Matute...
A figura da nai, da maternidade, suscitan en cada un destes relatos visións totalmente dispares: declaracións de amor, loita a morte, crítica radical ós valores das nosas sociedades...
Analise de sentimentos ambiguos ó redor dunha figura percibida como unha mistura de emocións que a miúdo parte en dous o corazón da filla.
El síndrome de Eva
Dr. José Miguel Gaona. Recoñecido psiquiatra, responsable da área de saúde mental no conflicto de Bosnia. Colaborador da O.N.G Médicos del Mundo.
“Non o podo facer mellor”, “Sempre fracasarei”, “Que podo facer se me deixa” ... é o síndrome de Eva, a muller que foi creada dunha costela de Adan, primeiro el, ela despois. Condenada para sempre a ser unha especie de cidadán de segunda clase.
El primer amor
Francesco Alberoni. Profesor de socioloxía da Universidade de Milán. Coñecido polas súas teorías dos movementos colectivos, e tamén polos seus ensaios sobre o amor e o enamoramento.
¿Cando nos namoramos por primeira vez? ¿Cal é a diferencia entre o namoramento dos nenos, os adolescentes e as persoas adultas?. ¿Cal é a relación entre a amizade e o amor?
Psicoerotismo Masculino y Femenino
Fina Sanz. Psicóloga, sexóloga e pedagoga.
Un libro sobre psicosexualidade que fala desde un novo concepto de feminismo que non se define por oposición ó varón senon pola recuperación dos chamados valores femeninos por parte de toda a sociedade. Invítase ós homes a recuperar e revalorizar a súa parte femenina e as mulleres a facer o mesmo coa masculina de cara a unhas relacións máis xustas e autónomas.
Malas
Carmen Alborch. Doctora en Dereito, profesora de Dereito mercantil e deputada socialista.
Un libro persoal e sinceiro no que a autora nos fala das relacións entre mulleres, da envexa, do afecto, da rivalidade, do mutuo entendemento, de como podemos poñernos obstáculos e tamén aprender xuntas.
Las Reinas de África
Cristina Morató. Periodista e fotógrafa, é vicepresidenta da sociedade Xeográfica Española.
“Las reinas de África” é un excelente traballo de recopilación da vida e das aventuras de once extraordinarias e atípicas mulleres e das súas viaxes nos séculos XIX e XX polo continente africano.
10 palabras clave sobre mujer
Celia Amorós. Filósofa e teórica do feminismo é unha das pensadoras feministas máis importantes da actualidade.É profesora da Universidad Complutense de Madrid.
Causará sorpresa a moitos lectores a selección destas dez “palabras clave”porque non é precisamente o que cabería esperar dunha aproximación tópica e convencional ó tema: “maternidade”, “amor”, “matrimonio” etc...