NOVIDADES BIBLIOGRÁFICAS 2004-2005

LECTURAS RELACIONADAS COA IMAXE CORPORAL

Anorexia y Bulimia. trastornos alimentarios
Rosa María Reich é profesora de terapia e Modificación da conduta na Universidade Autónoma de Barcelona.
A nosa sociedade enfatiza a delagadeza como un importante criterio de beleza e aceptación social. A preocupación pola figura e o peso son indiscutibles. Este fenómeno ten unha influencia determinante á hora da aparición dos trastornos da Conduta da Alimentación. As súas causas, avaliación dos mesmos e programas terapéuticos que se mostran máis eficaces no seu tratamento son o tema deste libro.

Anorexia y Bulimia. Guía para padres y terapeutas
Rosa Calvo Sagardoy é doutora en psicoloxía clínica no Servizo de Psiquiatría no hospital universitario La Paz de Madrid.
Anorexia, bulimia, vigorexia, fobias, alimentación selectiva. Pensada para pais e educadores, esta guía expón dun xeito claro e comprensivo en que consisten estes trastornos da alimentación e cales son os factores que causan unha especial vulnerabilidade.
El cuerpo como delito
Josep Toro é profesor titular de psiquiatría na Universidade de Barcelona e Consultor Senior do Servizo de Psiquiatría Infantil e xuvenil.
Interesante texto a medio camiño entre o ensaio científico e a denuncia documentada. Dado o seu enfoque cultural, cativará a tod@s @s interesad@s polos problemas que o noso estilo de vida pode xerar. Adentrarse no estudo da anorexia nerviosa é enfrontarse á dura realidade dunha cultura que, nos seus valores esconde xermes que poden ser letais.
Imagen corporal. Conocer y valorar el propio cuerpo
Rosa María Reich
é profesora de terapia e Modificación da conduta na Universidade Autónoma de Barcelona.
Guía práctica sobre a imaxe corporal, como pensamos, sentimos e nos comportamos co noso propio corpo. Nela descríbense os instrumentos necesarios que permiten valorar aspectos cognitivos, emocionais e de comportamento relacionados coa imaxe e os principais aspectos psicolóxicos relacionados coa aparencia física.

Me siento gorda
Obra de testemuño persoal da escritora Lorraine C. Ladish , española de orixe estadounidense. Nela reflexiona sobre as inmensas esixencias da sociedade de consumo que provocan inseguridade e desconfianza ante a propia imaxe en tantas rapazas e mulleres.
“Quería ser perfecta, quería estar delgada, pero tamén quería comer sen medida. O resultado: bulimia nerviosa. Tan perigosa como a anorexia e con tantas similitudes que, ás veces, é difícil distinguir onde remata unha e comeza outra...”

La anorexia, una locura del cuerpo
Nicolás Caparrós
é psiquiatra, psicoanalista coordinador da sé do Espace Analitique en España. Isabel Sanfeliu é doutora en psicoloxía e psicoanalista, membro titular de Espace Analitique.
Nesta aproximación ao problema da anorexia os autores propoñen unha aproximación ao problema desde a óptica psicoanalítica. As incursións a outros campos pretenden ser un encadre e referencia, mostrando a forma na que a psicoanálise se pode articular con outro tipo de tratamentos.
La edad más difícil ¿Que sienten y como piensan las nuevas adolescentes?
Gonzalo Morandé
é xefe da Sección de Psiquiatría Infantoxuvenil da Unidade de Trastornos do Comportamento Alimentario do Hospital del Niño Jesús. Madrid.
O doutor Gonzalo Morandé abre neste libro as portas da súa consulta para que os pais das adolescentes e elas mesmas podan verse reflectidos nas historias clínicas dos seus pacientes, desoladoras moitas, cheas de esperanza outras.A influencia dos grupos de amigos e amigas, as primeiras relacións amorosas e rupturas, as depresións, os desexos de deixar de comer ou comer demasiado...o libro pretende ser un achegamento serio a esa idade tan complexa que chamamos adolescencia.

La prevención de los trastornos alimentarios

É unha compilación de investigacións levadas a cabo por vinte e dous especialistas de diferentes cidades dos Estados Unidos, Noruega, Holanda, Canadá e Gran Bretaña. Nestes estudos descríbense programas de prevención da anorexia e a bulimia levadas a cabo polos seus autores, e relátanse experiencias nos temas relacionados con estes trastornos alimentarios .

Trastornos de la conduta alimentaria
Dr. Alfonso Chinchilla Moreno
é un dos maiores expertos e pioneiros en España no tratamento destas patoloxías.
Como todo problema complexo e polémico seguirá aberto a novas aproximacións. Este libro reflicte a experiencia dos autores como clínicos nestas patoloxías e resulta útil no formativo e asistencial para os interesados no tema.

 

Padres y adolescentes. ¡ Cuántas dudas!
Montserrat Doménech
Licenciada en Pedagoxía e Psicoloxía Infantil pola Universidade de Barcelona.
Os autores propoñen solucións prácticas aos conflitos da puberdade a partir do afecto, o coñecemento mutuo e o sentido común, ingredientes básicos para “cociñar” unha relación saudable cos nosos fillos e fillas.
Billete de ida y vuelta
Gemma Lienas
, autora catalá que ten unha excelente acollida entre os lectores xoves. Estivo vinculada ao mundo do ensino e, na actualidade, dedícase case exclusivamente á creación literaria.
É unha testemuña impresionante dunha enfermidade dramática que empeza a ser realmente coñecida. Esta novela de lectura recomendada para adolescentes, foi galardoada co Premio Odissea 1998
Anorexia nerviosa y bulimia.el peso de la cultura
Anne Guillemot e Michel Laxenaire,
autores deste ensaio e responsables da unidade de Psiquiatría na Universidade de Nancy.
O corpo en xeral e o das mulleres en particular, sofre, desde hai milenios as modificacións impostas pola cultura. As nosas sociedades pasaron, case sen transición, desde o menosprezo polo corpo das mulleres, imposto pola relixión a un culto dominado pola moda, o fetichismo do deporte, a escravitude da dietética. As mulleres conscientemente ou non, aceptan ou rexeitan estes modelos, pero a miúdo o seu psiquismo vese profundamente alterado.
Cuando comer es un infierno
Espido Freyre
. A escritora relata a súa experiencia persoal e a de outras rapazas na loita contra os trastornos da conduta da alimentación.
Desde a sinceridade e tamén a rabia, a autora denuncia as causas que, dun xeito catastrófico, se conxugan para que miles de rapazas e mulleres sucumban ante un mal que conleva gravísimas secuelas físicas e psíquicas.