MUNDO ÁRABE, OCCIDENTE E OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
(extracto de conferencia)


Awatef Ketiti
Periodista e investigadora feminista tunecina

 

 

Quero comezar decindo que a miña estadía neste país como muller pertencente á cultura árabe foi sempre enriquecedora. Pero hoxe gustaríame falar de TV, prensa e medios de comunicación; dos mundos virtuais e dos conflictos que crean. Quero falarvos de mulleres afganas que levan burka, de nenas marroquíes que pretenden ir con veo ós seus colexios.

Penso que as mulleres somos símbolos útiles, non suxeitos . ¿Ónde están as voces das mulleres afganas?. Fálase de elas, mais elas non aparecen .Se aparecesen, tal vez contaran o inferno no que viven desde hai moitos anos e que só foi noticia cando os talibáns deixaron de ser socios de EE.UU ; despois, o réxime talibán foi derrotado, e alí seguen elas, cos séus burkas , sen poder ir traballar, porque a situación apenas mellorou, pero elas xa non interesan como noticia. Desapareceron.

Por suposto que hai problemas no mundo árabe. Os talibáns son un caso extremo mais apenas representan a ninguén. Somos moitas as persoas que pertencemos á mesma cultura ainda que esteamos en total desacordo con eles.

Agora dúas palabras sobre o veo e o seu significado na cultura islámica. Non ten que ver nada en absoluto co concepto de submisión. Trátase dunha pretensión de ocultar o corpo para non ser considerada só como un obxecto de desexo, para ser valorada por outras calidades. Evidentemente un pode estar o non estar de acordo: os teólogos discuten incesantemente sobre a súa obligatoriedade. Tamén o fan as mulleres sobre o seu uso, algunhas o levan e outras non. Toda esta situación simplificouse e distorsionouse nos medios. ¿Qué se transmitiu?: que é algo funesto sobre o que non merece a pena nin reflexionar. Estas actitudes non fomentan o diálogo entre culturas nin axudan a achegarse ó outro.

En repetidas ocasións, pola miña profesión, a miudo recibo delegacións de periodistas estranxeiros. Prepárolles plans de traballo con cifras, estatísticas, visitas etc, pero esto non lles interesa. Din “Non, non. Estas mulleres son parecidas a nos. ¿Ónde están as outras, as encerradas, as do veo?.Isto é desinformar, porque evidentemente “as do veo” existen, pero eu denuncio a persistencia na transmisión desa imaxe fixa. Eu denuncio a total ausencia nos medios de comunicación de noticias ou reportaxes que reflicten a diversidade actual da condición da muller, as voces do tremendo cambio que agora mesmo está a operar nas nosas sociedades, a todos os niveis: culturais, de estructuración da familia, de creación de organizacións moi activas...Hai mulleres que pensan, que escriben, que critican. Simplemente o feito de ir traballar, estudiar, implica cambios profundos nas nosas sociedades. Temos problemas, é verdade, .pero todos eses cambios son invisibles nos medios occidentais. A outra imaxe, a imaxe fixa, é a que máis vende porque periodística e políticamente ofrece o máximo de rendibilidade.

Exactamente o mesmo ocurre no mundo árabe co tratamento da imaxe da muller occidental. Véndese o discurso de que vive nunha perenne situación de obxecto sexual., que se a utiliza na publicidade, que sólo se valora o seu corpo, a súa beleza e xuventude mentras as teña. No mundo árabe repítese sen parar:” Occidente materialista, imperialista, manipulador” . “Fanatismo, terrorismo islámico”, responden os titulares dos medios occidentais Este é o discurso simplista e sen matices que ambos manipulan ó seu antollo e conveniencia..

E nós, a xente normal, non facemos nada. E a inercia da era da información. A muller afgana, a nena marroquí, protagonistas ausentes da actualidade. Son obxectos de noticia, como suxeitos non teñen voz. Os medios de comunicación pensan por nos e por elas, opinan por elas e por nós e non nos decatamos.