![]() |
O
CIBERISLAM (extracto de entrevista) Fátema Mernissi |
A televisión por satélite está
a destruir o monopolio do saber que posuían as mesquitas e os pazos dos
reis e os presidentes e está restablecendo o primixenio Islam oral. O
que está pasando, e isto é de moita maior importancia para o futuro
que cualquera febre terrorista cultural, é que os cidadáns marroquís
e árabes están empezando a ter poder porque poden comunicarse
a través dos móbiles, Internet e as televisións por satélite.
Poden comunicarse entre si e cós estranxeiros. É o que eu chamo
a comunidade virtual árabe, unida por unha vella lingua común,
que falan máis de douscentos millóns de persoas, e por estas novas
tecnoloxías liberadoras...
As canles informativas árabes vía satélite están creando unha conciencia colectiva, unha opinión pública árabe, uhna percepción común de acontecementos como os sufrimentos dos palestinos ou a invasión e ocupación americana de Iraque...
O cidadán árabe está voltando a ser o viaxeiro que pode moverse sen visado polo tempo e o espacio, tan libre como o Simbad que os contadores de historias de Bagdag soñaron nas súas mil e unha noites...
¿Cómo explicar a paixón repentina dos homes árabes polas presentadoras de Al-Yazira? Pode ser porque resucitan as fantasías da súa infancia, cando disfrutaran dos contos que lles contaran as súas nais. Ou o que é o mesmo, pode que estas presentadoras e reporteiras resuciten o seu universo infantil cando Sherezade, a atractiva e poderosa femia que narrara sen cesar aventuras marabillosas, enchía os seus soños. Esta nacente galaxia dixital islámica ten moitas cousas interesantes. Permite a moitos árabes escapar á censura autoritaria dos seus gobernos ....
A única saída é que o poder no mundo árabe pase dos que teñen a espada ós que teñen a pluma. O que une ó mellor do Islam medieval co Islam dixital de noso tempo é a idea de que hai que facer fronte ó descoñecido mergullándose no coñecemento. Como di unha amiga miña: “ nos 90 a xuventude rural marroquí pedía pan e libros. Hoxe pide pan, libros e Internet”
Extracto dunha entrevista á escritora e socióloga marroquí
Fátema Mernissi, aparecida no País Semanal, 5 de Outubro 2003.
F.Mernissi foi galardoada recentemente co Premio Príncipe de Asturias.