Fai clic para entrar nas páxinas.
Moitas veces poderás ver máis fotos aparte das seleccioadas

 

1º.-Volta ó colexio
· Despois de que o terrible rexime talibán fora derrocado e, aínda que na actualidade a situación a penas mellorou, algunhas nenas, tímidamente, comezan a voltar ó colexio. Outras moitas familias non se atreven porque ós asaltos e vexacións ás mulleres que se aventuran nas rúas continúan.


http://www.rawa.org/r-scho.htm

 

 


2º.- Mendiga
· ¿Qué pode facer unha muller con fillos e co home morto na guerra, nun país en que ás mulleres non lles está permitido absolutamente nada, nen sequera pedir traballo?: Poñerse o burka e saír a mendigar. Centos de mulleres, mendigas á forza, morreron de fame e enfermidades nas rúas de Kabul.

http://www.rawa.org/k-nam-beg.htm

 

 
3.-Os nenos afganos debuxan
· O espanto visto a través dos debuxos dos nenos aínda é máis etarrecedor.


http://www.rawa.org/kid-pic.htm

 

 
4.-Nómadas
· Familia musulmana nómade do norte de Irán

http://www.dejkam.com/wallpapers/download.php?prov=gilan_mazandaran&no=3

 

 

5.- Muller dos campamentos
· As mulleres teñen unha gran importancia na organización e xestión dos campamentos saharauis.

http://www.das-fotoarchiv.com/portfolio/feria/sahara/pages/image008.htm

 

 
6.- Muller no deserto
· A vida é moi dura no deserto. Temperaturas extremas, comida escasa, é sobre todo a falta de auga, o ben máis prezado. Aínda así, o pobo saharahui soporta cunha gran dignidade unha difícil situación que a ninguén parece importar.

http://www.das-fotoarchiv.com/portfolio/feria/sahara/pages/image013.htm

 

 

7.- Nenas
· Moitos nenos saharauis veñen a España polo verán. ¿Qué pensas ti? ¿É bo traelos para que sexan máis conscentes da súa difícil situación á volta? ¿ Podemos pensar que se veñen alomenos estarán unhas semanas en mellores condicións e terán oportunidade de recibir atención médica?. É difícil ter unha opinión clara.

http://www.das-fotoarchiv.com/portfolio/feria/sahara/pages/image001.htm

 

 

8.- Miniaturas persas
· Acadan o seu máximo esplendor entre os séculos XIII e XVIII. Utilizabanse para ilustrar libros e poemas. Seleccionamos as que fan referencia á princesa Shirin. Foi unha fonte inesgotable de inspiración para poetas y escritores pola súa valentía e osadía.


http://web4.si.edu/asia/collections/zoomObject.cfm?ObjectId=9979
http://web4.si.edu/asia/collections/zoomObject.cfm?ObjectId=9981

 

 
9- Rapazas de Tajikistán
· ¿Qué sabemos de Tajikistán?. Sexamos sinceiros: nada. As súas rapazas son tan parecidas ás nosas....

http://cenasia-fiction.netfirms.com/images/gallery/davlatova4.htm

 

 
10.- Veos iranianos.
· Moitas rapazas e mozas universitarias iranianas séntense cómodas co chador. Din que é coma unha especie de uniforme de traballo que lles permite privacidade. Tamén é un distintivo que as diferencia das xóvenes occidentais.

http://www.traveladventures.org/continents/asia/iranveils7.shtml

 

 
11.- Alta costura
· ¿A que non imaxinabas que algo así era posible?. Pois aí o tes. Moda iraniana

http://www.roozi.com/photos/fashion/3.htm

 

12.- Este é tamén o plantexamento de Shirin Neshat Esta fotógrafa iraniana está recoñecida internacionalmente
Visita a súa paxina web


http://www.iranian.com/Arts/Dec97/Neshat/

 

 

13.- Sharbat Gula. 1984
· Para rematar, unha foto con historia: Sucedeu en Afganistán. Diferentes exércitos e grupos máis ou menos organizados e pagados pola Unión Soviética ou EE.UU asolaban o país sen que a ninguén lle importase a sorte dos seus habitantes. Un día, na década dos oitenta, apareceu un reporteiro da prestixiosa revista National Geographic e fíxolle unha foto a unha rapaza afgana nun campamento de refuxiados de Pakistán. A foto foi portada da revista ese mes. Os ollos da nena conmocionaron ó mundo. Tras recibir miles de chamadas, case duas décadas despois, a revista localizouna. Tiveron sorte. A maioría das nenas que tiñan maís ou menos a súa idade na época que foi tomada a foto xa morreron.

http://www.elangelcaido.org/comunicacion/026/026sharbatgula.jpg
http://home.pi.net/~rvv/sharbat.html

 

Rematamos así esta breve ollada sobre a situación da muller no mundo islámico. Si ten interes profundizar no tema podes consultar a lista de novidades da Biblioteca e botar unha ollada a algún dos libros que hemos utilizado na redacción deste pequeno informe. Confiamos que lembres que ó analizar outra cultura dende a nosa, é esencial evitar actitudes arrogantes e simplificadoras en exceso, demasiado frecuentes por desgracia.

Como dixo Edward Said, eminente ensaista palestino, recentemente falecido:

“Ningunha civilización debe atribuirse os mellores valores do ser humano en exclusiva. O mellor de todas elas fundaméntase no respeto polos demáis. Suxerir o contrario é racismo” (Edward Said)